Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • CONCURSO PÚBLICO PARA O SERVIZO DE DESBROCES: O GOBERNO MUNICIPAL IMPÓN CONDICIÓNS INVIABLES PARA AS EMPRESAS

     

    O Porriño, 22 de febreiro de 2018.- O grupo municipal do Partido Popular do Porriño valora negativamente a aprobación do sistema de xestión indirecta da limpeza viaria municipal mediante a concesión do servizo público e o inicio do correspondente expediente de contratación propostos pola coalición PSOE-UDDL e respaldados polos grupos EU SON, BNG e Non Adscritos. Servizo cuxa dotación orzamentaria e estudo realizado ascende a 526.470,28€.

    Os populares recriminan ao Goberno Municipal, e ao resto dos grupos da oposición como co-responsables, a absoluta irresposabilidade que supón o acordo e a falta de honestidade coa veciñanza que demostra a posta en escena plenaria coa que o executivo pretende cubrir a realidade.

    Proba do mesmo son as tres licitacións publicadas polo goberno que preside Eva García, que abranguen o desbroces de camiños veciñais, a limpeza viaria do casco urbano e Torneiros os fins de semana e festivos e o mantemento de zonas verdes por un importe total 600.478,59 euros (IVE incluído).

    Cabe destacar no tocante á licitación dos desbroces de camiños a inviabilidade, a entender do grupo municpal do PP máis que sospeitosa, das condicións impostas dende o Concello para a adxudicación.

    No pliego do mesmo esíxese á empresa que poña a disposición do servizo como mínimo 28 traballadores equipados con maquinaria a xornada completa e que cada unha das cuadrillas estén integradas por un xefe de grupo, un especialista de desbroce e dous ou tres peóns, indicando ademais que "valorarase o aumento de persoal puntuando a empresa que supere o mínimo de 28 traballadores esixidos”.

    A contía do contrato, por 7 meses de servizo, ascende a 208.600 euros + IVE. As contas son claras, ningunha empresa pode cumprir estas condicións sen superar con creces o prezo proposto (respectando o soldo contemplado polo Convenio Colectivo para estes traballadores, a súa alta na seguridade social, maquinaria, etc...).

    Tal despropósito, un concurso que con toda probabilidade volverá quedar deserto, pon en dúbida o argumento da rexedora que aseguraba que pretendía con esta medida "adxudicar o servizo de forma reglada para evitar ter que contratar por separado cada unha das pistas", cuestión pola cal se está a instruir unha causa no xulgado na que se investiga o posible fraccionamento de contratos para evitar, precisamente, un concurso público.

    Indicar tamén a inxustificable cifra pola que se pretende contratar este servizo, que se evidencia ao contrastar cos concellos veciños. como exemplo, o Concello de Mos que o fai por 133.600 euros ou o de Tui licita a limpeza viaria por 174.283 euros.

    Dende o PP do Porriño destacan tamén a ausencia de informes técnicos, que solicitara este grupo, sobre os contratos de desbroces de camiños e limpeza viaria de casco urbano e Torneiros. Falamos de servizos que sempre foron prestados por persoal propio, e para os que o Concello do Porriño conta ademais con maquinaria, que inclúe un tractor con brazo de desbroce que sempre realizou estas tarefas.

    Privatización de servizos, licitacións sen estudos, informes técnicos , ou estudos de licitacións para 4 anos que logo se aproban en pleno polo periodo de un ano son algunhas das contradicións que se levan a cabo no Porriño e que devolven un gasto en desbroces e limpieza viaria nunca visto nesta vila que nos últimos dous anos se sobrepasou os 3 millóns de euros.