Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • NOVA MOSTRA DA IRRESPONSABILIDADE DA COALICIÓN PSOE-UDDL: UNHA EMPRESA PRESTA OS SEUS SERVIZOS AO CONCELLO SEN CONTRATO

    • Nunha clara vulneración da lei de contratación pública a empresa encargada da renovación do alumeado exterior en varias parroquias do municipio presta os seus servizos dende hai máis dunha semana sen ter formalizado relación contractual algunha co Concello do Porriño
    • Os populares adiantan que solicitarán as pertinentes explicacións da Deputación de Pontevedra, entidade que financia estas obras, e poñerán estes graves feitos en coñecemento dos órganos e autoridades competentes.

     

    O Porriño, 27 de febreiro de 2018.- O Concello do Porriño comezaba hai xa dúas semanas os traballos de renovación das luminarias da zona do Noval e Contrasto, parroquia de Torneiros, tal e como puideron comprobar os veciños e veciñas da zona. O grupo municipal do Partido Popular do Porriño amosa a súa perplexidade ao comprobar como a empresa encargada de levar a cabo estes servizos está a desenvolver os traballos dende hai máis dunha semana sen ter formalizado o contrato co Concello do Porriño, unha práctica que parece terse convertido xa en costume e que supón unha clara vulneración da lei de contratación pública e unha nova mostra da irresponsabilidade da coalición PSOE-UDDL que semella creer que as leis non son de obrigado cumprimento para eles.

    Cabe destacar que a obra de renovación de instalacións de alumeado exterior nas parroquias de Torneiros, Mosende, Pontellas e Budiño, que conta cun orzamento de máis de 123.000 euros con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada sen terse formalizado a relación contractual co Concello do Porriño cando se comezaron a prestar os servizos nunha situación a todas luces irregular.

    Sorprende tamén descubrir que a empresa adxudicataria impúxose ao resto de ofertas (ainda presentando moitas delas un presuposto máis baixo) polo plazo de execución acordado: 1 día. Condición que, á vista dos feitos, non se ten cumplido (ao levar traballando máis de unha semana na parroquia de Torneiros, restando aínda o resto de parroquias que inclúe o proxecto). Os populares amosan tamén a súa extrañeza ao comprobar como o enxeñeiro encargado de elaborar os pregos técnicos para a adxudicación do contrato, está claramente relacionado coa empresa á que finalmente lle foi adxudicado, prestando os seus servizos (Enxeñeiro e empresa adxudicataria)na mesma dirección física. 

    Dende o PP do Porriño adiantan que solicitarán as pertinentes explicacións da Deputación de Pontevedra, entidade que financia estas obras, e poñerán estes graves feitos en coñecemento dos órganos e autoridades competentes.