Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP solicita un Pleno extraordinario para esixir explicacións sobre o procedemento de contratación do servizo da auga

    Ante un procedemento cuestionado por todos, excepto polo Goberno do BNG,

    • “Sementáronse moitas dubidas e suspicacias que non deberían existir no proceso de licitación do contrato máis relevante economicamente e de duración para o Concello”.
    • “Dámoslle ao Alcalde a oportunidade de explicarse”, sinalou Jacobo Moreira.
    • Unha vez recibidas e debatidas as explicacións oportunas, poderase propoñer a adopción de medidas.

     

    Pontevedra 27, febreiro, 2018.- O Grupo Popular solicita a celebración dun Pleno extraordinario para esixir explicacións sobre o procedemento de contratación do servizo público de abastecemento de auga e saneamento do Concello de Pontevedra. Así o anunciou este martes o seu portavoz, Jacobo Moreira, en rolda de prensa, tras lembrar que “esta licitación este sendo cuestionada por todos os grupos municipais a excepción do Goberno de Lores”.

    “Neste asunto debemos ser serios. Sementarónse moitas dúbidas e suspicacias que non deberían de existir no proceso de licitación dun contrato administrativo, e menos nun tan relevante en términos económicos e de duración”, sinalou o edil popular. A través desta medida, “dámoslle ao Alcalde a oportunidade de explicarse, e aos distintos grupos da oposición a opción de intervir e ofrecer propostas con total transparencia. Unha vez recibidas as explicacións oportunas e debatidas poderase propoñer a adopción de medidas e sometelas a votación”, aclarou Jacobo Moreira.

    Os populares tomaron esta decisión tras comprobar que “o Goberno do BNG non ofreceu ningunha explicación” ante os distintos aspectos cuestionados sobre o informe de valoración de ofertas.

    Neste sentido, os populares lembran que “o procedemento de licitación esta viciado de inicio”, xa que no informe, asinado por dous membros da empresa privada que o elaborou e validado polo Xefe da Oficina Técnica municipal, se fixo constar falsamente que fora a Mesa de Contratación quen encargara ese informe a dita empresa.

    “Toda unha falsedade á que se suman aos numerosos erros detectados en dito informe. O rigor deste informe está en tea de xuízo”, destacou Jacobo Moreira, “a existencia de erros materiais e a ausencia de motivación, son cuestións seriamente preocupantes considerando que estamos ante un contrato que durará 20 anos e que pode alcanzar ata os 213 millóns de euros”.

    Con todo, Jacobo Moreira reiterou “o seu rexeitamento a que sexa unha empresa privada a que valore as ofertas presentadas para o contrato economicamente máis importante do Concello de Pontevedra”. Ademais, os populares continúan esperando pola copia do contrato asinado polo Goberno de Lores coa empresa á que se lle encargou a elaboración do informe de valoración de ofertas, e que solicitaron a pasada semana.