Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP acusa á presidenta da Deputación de facer demagoxia cos incendios e arquivar nun caixón os 90 millóns en axudas que prometeu para socorrer aos concellos

    “Despois da resposta de Carmela Silva á carta enviada pola Xunta os concellos xa poden perder calquera esperanza de recibir axuda por parte da Deputación”

    • Ángel Moldes di que Carmela Silva “desgoberna a golpe de impulsos mediáticos con medidas anunciadas a bombo e platillo que non teñen tradución práctica e deixan aos concellos aos pes dos cabalos”

     

    Pontevedra, 27 de febreiro de 2018.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Ángel Moldes, recibiu como resposta a unha interpelación feita a Carmela Silva sobre unha carta enviada pola Xunta co fin de coordinar as axudas de 90 millóns de euros prometidas pola presidenta do ente provincial aos concellos por mor dos danos causados polo terrorismo incendiario sufrido o pasado 15 de outubro que foi recibida e arquivada e non terá resposta. 

    Segundo manifestou no último pleno provincial a presidenta Carmela Silva “din a orde de arquivala inmediatamente porque non a vou a respostar porque non vou permitir que ningunha outra administración lle tome o pelo a esta Deputación cando a única competente no tema dos incendios é a Xunta e o goberno do Estado polo que considero que é unha falta de respecto á autonomía local que pretenda o vicepresidente da Xunta que paguemos o 50% cando lles corresponde a eles o 100%” o que demostra segundo o voceiro do PP, Ángel Moldes que “a presidenta foi ben clariña na súa decisión de incumprir, unha vez máis, os seus compromisos feitos públicos con urxencia mediática cando se produciron os incendios na provincia e anunciou axudas por importe de 90 millóns de euros”.

    Para Ángel Moldes “vólvese poñer de manifesto que Carmela Silva desgoberna a golpe de impulsos mediáticos con medidas anunciadas a bombo e platillo que non teñen tradución práctica e deixan aos concellos aos pés dos cabalos e se demostra que se trataba dunha estafa mediática porque non se aporta un só euro novo para os concellos afectados senón que o que trataban era unha operación de maquillaxe mediática no que os concellos só podían detraer do Plan Concellos os cartos que xa lles correspondía para outros menesteres”.

    “Se algún alcalde dos concellos afectados polos incendios aínda pensaba que podía recibir algún tipo de axuda por parte da Deputación, despois da resposta de Carmela Silva xa poden perder todas as esperanzas”, subliñou Moldes.

    Neste sentido o voceiro popular sinalou tamén que “está claro que no desgoberno de Carmela Silva o tempo dá e quita razóns e cando o PP dicía que era unha tomadura de pelo para os concellos afectados polos incendios tiñamos, por desgraza, a razón. Aquello foi un brinde ao sol cos cartos dos concellos e sen importarlles nada que non tivera plasmación práctica só buscaba o impacto mediático ante unha sociedade e unha opinión pública moi sensibilizada co momento tan grave que se estaba a vivir por mor do terrorismo incendiario”.

    Para o voceiro do PP na Deputación, “Carmela Silva volve a enganar aos concellos e aos cidadáns da provincia de Pontevedra que ven como non hai ningún tipo de criterio nin capacidade de xestionar situacións de crise nin sequera cumprir a súa palabra dada e respectar os seus compromisos diante da cidadanía e dos concellos afectados. Agora, ante unha petición lóxica da Xunta de coordinar as axudas e xerar sinerxias que poidan facer máis eficiente o socorrer aos concellos afectados a súa resposta é “dar orde de arquivar nun caixón” esa nova solicitude de man tendida por parte da administración autonómica”.

    Para Moldes “o máis grave non é que desde o ente provincial se venda fume senón que se está a dar unha imaxe de desgoberno e falta de credibilidade a todos os niveis e que afecta por completo á capacidade operativa da Deputación condenándoa ao ostracismo administrativo e a parálise total da provincia. Así, con persoas que non só non son capaces de remar ao unísono cos alcaldes e as alcaldesas da provincia senón que incluso pon paos nas rodas non se pode chegar a bo porto”, concluiu o voceiro popular.