Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda denuncian o abandono e pouca limpeza de cunetas e pistas rurais

    Silleda, 31 de maio de 2016.- O Partido Popular de Silleda denuncia o estado de abandono ao que o Goberno local ten sometido desde hai tempo ás estradas municipais. “Con maleza que invaden os carrís de circulación desde as cunetas ou que incluso inutilizan as propias beirarrúas, facendoas invisibles”, explica o voceiro do PP, José Luis Espiño.

    Segundo explican os populares, os veciños veñen reclamando ao Goberno Local desde hai uns meses a limpeza dos viais, sen recibir ningún tipo de acción nin contestación, a pesar de que na parroquia de Lamela, onde a maleza invade as beirrarúas, xa se celebraron varios festexos durante os meses de abril e maio.

    A semana que vén celébrase a Semana Verde, pero parece que ao Goberno Local non lle preocupa a imaxe do estado de abandono que se poidan levar os visitantes de Silleda, que nada máis entrar no Concello verán nesta parroquia de Lamela o lamentable estado de limpeza e conservación no que se encontran os viais e beirarrúas do Concello. 

    “Nin lles importan os visitantes nin os veciños, que é o máis grave, -incide Espiño- pero a maleza está reducindo a visibilidade en viais con zonas estreitas e de curvas, e facendo que os peóns, nalgunhas pistas e estradas que carecen de beirarrúas, teñan que ocupar o espazo polo que circulan os coches, co risco que supón para os ususarios da vía”.

    Ademais de todo isto, os populares advirten de que se está acercando o verán, e a limpeza da rede viaria xoga un importante papel na loita contra os incendios.