Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Conselleiros do Goberno de Feijóo e alcaldes e voceiros do PP na provincia manteñen un encontro de traballo para mellorar a colaboración institucional

    • Analizaron as distintas necesidades que presenta a administración local na súa normal relación cos distintos departamentos da Xunta de Galicia
    • Esta iniciativa enmárcase dentro da nova filosofía marcada polo presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, de achegamento ao cidadán dentro da política de proximidade xurdida a partir do último congreso do partido

     

    Pontevedra, 28 de febreiro de 2018.- Os conselleiros de Cultura e Educación, Sanidade e Facenda do Goberno de Núñez Feijóo: Román Rodríguez, Jesús Vázquez Almuíña e Valeriano Martínez, repectivamente, liderados polo vicepresidente da Xunta e presidente provincial do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, mantiveron unha xuntanza cos alcaldes e voceiros nos concellos de toda a provincia co fin de analizar diversos temas de interese xeral e especialmente os relacionados coa mellora da colaboración institucional entre a Xunta de Galicia e a administración local.

    Esta iniciativa, impulsada polo presidente provincial, Alfonso Rueda, enmárcase dentro da nova filosofía xurdida despois do último congreso de fomentar o achegamento ao cidadán a través dunha nova política de proximidade coa que se pretende favorecer o contacto directo entre a administración e o administrado, neste caso os máximos responsables do goberno da Xunta de Galicia e o cidadán a través dos alcaldes de voceiros do partido nos distintos concellos da provincia.

    Os conselleiros asistentes repasaron as liñas de actuación das súas respectivas consellerías facendo especial fincapé nos investimentos e programas de axudas que están desenvolvendo co fin de poder aclarar calquera dúbida na súa aplicación e mellora ante a experiencia coa que se atopan os concellos da provincia á hora de acollerse a eles. 

    O encontro discurriu nun ambiente de máxima colaboración e os alcaldes e voceiros municipais do PP agradeceron a accesibilidade amosada polos conselleiros e manifestaron o seu desexo de seguir profundizando nesta liña de colaboración coa intención de mellorar as posibles sinerxias e a transversalidade que precisa a política galega co fin de que poida chegar dun xeito máis eficiente ao conxunto da poboación.

    “OS ALCALDES E VOCEIROS MUNICIPAIS SON OS TÉRMOMETROS DO SENTIR E DAS NECESIDADES DA XENTE”

    Alfonso Rueda manifestou que “ao Partido Popular preocúpanos coñecer de primeira man o que pensa e sinte a xente e quen mellor que os nosos alcaldes e voceiros municipais para servir de termómetro para coñecer o sentir e as necesidades dos veciños. Queremos que o cidadán perciba a máxima transparencia e permeabilidade da xestión do goberno da Xunta porque traballamos por e para eles e queremos que os alcaldes e os voceiros municipais nos trasladen as súas preocupacións, propostas e incluso dificultades que poden atopar para poder darlle a resposta axeitada entre todos para mellorar a nosa xestión a prol dos nosos veciños e veciñas”.

    O presidente do PP en Pontevedra sinalou que este encontro se produce a demanda dos propios alcaldes e voceiros municipais e o interese coincidente dos nosos conselleiros de estreitar relacións e “facer unha posta en común para que entre todos poidamos mellorar en eficacia e eficiencia ante as actuacións que se demandan desde os concellos e se levan a cabo desde a administración autonómica”.