Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DE SALCEDA RECRIMINA Ó ALCALDE A FALTA DE VERACIDADE E MANIPULACIÓN COS PROVEDORES E VECIÑOS RESPETO DO REC 1/2018

    • Davila acusa a Besada de irresponsable na xestión do Concello de Salceda

     

    1 de marzo de 2018. Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, recrimina ó actual alcalde, Marcos Besada de demostrar absoluta irresponsabilidade no que respecta ó pago de provedores.

    No pasado pleno do 23 de febreiro do Concello de Salceda, o Grupo Municipal Popular non deu consentimento do pago das facturas pendentes –un total de 268 facturas sen pagar-. Santi Davila, Voceiro Popular salcedense afirma que, “non temos certeza da realización da obra de ‘reparación de muros en Pedrapinta (Picoña) cuxo importe é de 27.900€’, polo que non podemos ver para outro lado e aprobar dito pago”.

    Como ben sinalou Davila, “se o Alcalde tanto presume de ter cartos nas contas institucionais, porqué non pagou as facturas cando entraron por rexistro no Concello en vez de facelo agora, un ou incluso dous anos despois, porque é importante remarcar que alguna das facturas presentadas son de traballos realizados no ano 2016”, aproveitando o voceiro popular para acusar “o Alcalde de mostrar completa irresponsabilidade na xestión do Concello e desemparo ós provedores, porque é preciso indicar que o noso Grupo exerce o papel que lle encomenda a lei; ficalizar ó Goberno”. 

    O PP de Salceda manifestou dúas posibles opcións ante esta situación; “por un lado, que se aclare antes do Pleno de mañá venres a factura de reparación de muros antes sinalada có informe dun técnico –tal e como lle solicitamos o martes 27 de febreiro por rexistro-, o cal certifique a ubicación exacta dos muros supostamente reparados e a documentación que poida aportar para verificar que se gastaron 27.900€ en dita obra, e si poden demostrar ditas reparacións, facilitaremos o pago do recoñecemento ou, por outro lado, se non o poden facer, demostrar ou certificar, a outra opción é que deixe fora esta factura mentres non se aclare rigurosamente a mesma e, por ende, facilitaremos o pago das 267 facturas restantes”. 

    Davila manifesta que é un error, unha falta de sensibilidade e unha autentica sin razón, “pretender que se pague unha factura por ese importe sen ter a certeza total de que os traballos que aparecen na factura fosen realizados, non sexan confirmados polo técnico correspondente, con reparo de intervención e que ningún veciño/a da zona coñeza tales traballos de reparacións de muros feitas no ano 2017”.

    Santi Davila confesa que  ”esta situación de manipulación, acusacións e farsas posibilidades de perdas de subvencións, é bastante miserable por parte do goberno e en concreto, polo Alcalde que goberna de espaldas ós veciños, dende as redes sociais e ante a nosa proposta, limítase a tildala como ‘chantaxe’ do PP, mentres nós seguimos esperando o informe do técnico (xa que a factura non está asinada por ningún) que certifique que o que se pon nesa factura concorda ca realidade dos traballos feitos”.