Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP esixe a Lores que consensue cos veciños as obras no entorno do local social de Cerponzóns

     “O Goberno de Lores continúa impoñendo os seus criterios fronte as prioridades reais dos veciños”,

    • A formación que encabeza Jacobo Moreira solicita ao Goberno local que non continúe co proxecto ata telo consensuado cos veciños que xa publicamente amosaron o seu rexeitamento.
    • O Concello obriga aos veciños a ceder terreos para anchear pistas e resulta que logo as achica.

     

    Pontevedra 1, marzo, 2018.- Os populares esixen ao Goberno de Lores a paralización das obras na contorna do local social de Cerponzóns ata consensuar cos veciños este proxecto. A través dunha moción que presentarán no vindeiro Pleno municipal, a formación que encabeza Jacobo Moreira solicita ao BNG que teña en conta as necesidades reais dos veciños deste lugar e escoite as súas peticións.

    “Unha vez máis, a imposición impera na forma de traballar do Goberno de Lores”, lamentou este xoves o concelleiro popular, César Abal, “o BNG estase a superar. Era moi difícil poñer a toda unha parroquia en contra dunha obra de mellora e conseguírono, pois as obras que se están a efectuar no entorno do local social de Cerponzóns están a xerar un importante malestar entre a veciñanza, sen que o BNG faga nada”, sinalou o edil popular.

    “Despois de que presentasen o seu proxecto no Consello Parroquial, numerosos veciños presentaron as súas achegas e suxestións ao respecto, pero lamentablemente o Goberno do BNG non tivo en conta ningunha delas”, apuntou Abal, tras lembrar que a propia Asociación de Veciños O Chedeiro amosara o seu rexeitamento ao proxecto e en concreto á construción dun muro de formigón que invadiría o límite da calzada. Para os populares resulta “incomprensible” que “se obrigue a un veciño a ceder terreo para poder ampliar o camiño de paso cando se arranxa un muro, e o Concello non cumpra co mesmo”.

    “Unha vez máis pedimos a Lores que escoite aos veciños antes de impoñer as súas decisión, pois son eles os que mellor coñecen as necesidades reais da súa parroquia”, sentenciou o concelleiro popular.