Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O CONCELLO DO PORRIÑO PERDE A SUBVENCIÓN DE 40.000 EUROS PARA A MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS POLA A FALTA DE DILIXENCIA E MALA XESTIÓN DA COALICIÓN PSOE-UDDL

    • A irresponsabilidade do Goberno Municipal sairá cara unha vez máis aos veciños e veciñas do Porriño que deberán aboar cos seus impostos os preto de 80.000 euros das obras de mellora e acondicionamento da Praza de Abastos
    • O executivo que preside Eva García perdeu a subvención concedida pola Consellería de EconomÍa e Industria para cofinanciar estas actuacións
    • A política de improvisación dun equipo de goberno que prefire deixar pasar o tempo e actuar a última hora en lugar de traballar de xeito responsable, xa levou ao Concello do Porriño a perder outras achegas nos últimos anos

     

    O Porriño, 2 de marzo de 2018.- O Concello do Porriño ven de perder unha subvención da Xunta de Galicia por importe de preto de 40.000 euros ao non ser quen de xustificar no prazo establecido as obras de acondicionamento da Praza de Abastos. De acordo co calendario fixado na convocatoria a actuación debía estar xustificada antes do 30 de novembro de 2017, sen embargo, o Goberno Municipal do Porriño non presentou a documentación xustificativa polo que a subvención foi revocada.

    A obra de Acondicionamento da praza de abastos e acondicionamento dun espazo multifuncional, cuxo orzamento ascende a 79.947, 64 euros dos cales 39.973,32 euros ían con cargo á subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria, terá que ser costeada na súa totalidade polo Concello do Porriño debido, unha vez máis, á falta de dilixencia e responsabilidade da coalición PSOE-UDDL.

    "A mala xestión e a incapacidade deste Goberno Municipal sairá cara, unha vez máis, aos veciños e veciñas do Porriño que deberán aboar os preto de 80.000 euros destas obras pese que a subvención estaba aprobada e prevista" , apunta o presidente dos populares, M. Alejandro Lorenzo.

    A subvención foi concedida ao Concello do Porriño con data 19/07/2017 indicando xustificarse debidamente o gasto antes do 30/11/2017 (máis de catro meses). Pois ben, nunha nova mostra da súa inoperancia, o executivo que preside Eva García non adxudicou as obras ata o 28/11/2017, dous días antes de que rematara o prazo para a xustificación da mesma fixando como prazo de execución da obra 2 días.

    Algo a todas “luces” imposible de levar a cabo polo que o Concello deberá asumir os gastos na súa totalidade.