Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • 200 mulleres populares traballando por un Mos mellor

    • O Pazo de Mos acolleu o sábado un acto organizado polo PP con motivo do Día Internacional da Muller para agradecer o apoio incondicional a afiliadas, colaboradoras, simpatizantes e membros do Comité Local

    O Partido Popular de Mos levou a cabo o pasado sábado 3 de marzo no Pazo de Mos un acto para as mulleres afiliadas, colaboradoras, simpatizantes e membros do Comité Local con motivo do Día Internacional da Muller que se celebra o xoves día 8.

    O encontro congregou a 200 mulleres populares mosenses ás que se lles recoñeceu e se lles agradeceu o seu incondicional apoio. Neste sentido a alcaldesa, Nidia Arévalo, adicoulles unhas emotivas palabras de gratitude destacando “a axuda que prestastes a través da vosa presenza en distintos momentos dunha longa traxectoria na que tivemos que compartir experiencias boas e non tan boas. Traxectoria na que fostes unha peza fundamental para que a engranaxe do partido funcionase e lográsemos chegar ata onde hoxe nos atopamos”.

    O acto tratouse dunha xornada matinal de convivencia na que as mulleres populares foron as protagonistas e puderon dialogar, rir e compartir xuntas lembranzas do pasado e proxectos futuros.

    Deste xeito, e en palabras da propia Nidia Arévalo, “con este xesto desde o PP de Mos queremos agradecer e premiar a entrega altruista e desinteresada destas 200 mulleres, motivada únicamente polo amor ao noso pobo e o respecto e a confianza no noso partido”.

    A ronda de intervencións encabezada por Arévalo contou tamén coas declaracións de Sita Giráldez, membro fundadora das Mulleres Rurais de Mos e unha das primeiras mulleres que formou parte do Comité Local do PP de Mos, Ana María Rodríguez Cabaleiro, coetánea de Nidia Arévalo nos seus inicios na política, membro fundadora das Novas Xeracións de Mos, concelleira do primeiro goberno municipal con Arévalo como alcaldesa e, actualmente, avogada do CIM (Centro de Información á Muller de Mos) e Feli Rodríguez Carrera, unha das últimas mulleres en incorporarse ao Comité Local que deu a súa visión do presente do partido, así coma de proxectos futuros. No acto tamén participaron, como non podería ser doutro xeito, ademais da rexedora local, as outras dúas mulleres que forman parte do goberno municipal do Concello de Mos, a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e a tamén edil mosense Julia Loureiro.

    As mulleres participantes realizaron tamén unha serie de dinámicas de grupo enmarcadas baixo o lema ‘Unidas para o éxito. O éxito de estar unidas’.