Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda desminte a Manuel Cuíña no abono das facturas do SAF

    • Denuncian que trala celebración do pleno no que se puso de manifestó que había un contrato firmado por 4 anos coa concesionaria o Concello cambiou o plazo de pago.
    • Dende o mes de novembro o Concello ven tardando unha media de 37 días en abonar as facturas do servizo, a pesar de que o Concello cobra puntualmente.
    • Consideran que Manuel Cuíña en vez de lamentarse pola situación das traballadoras debería facilitar que cobrasen en prazo volvendo a abonar o servizo como o facía antes de novembro. 
    • Dende o Partido Popular urxen ó Concello e a Concesionaria a que regularicen a situación das empregadas do Servizo.

     

    Silleda, 3 de marzo de 2018.- O Partido Popular de Silleda denuncia que a pesar das declaración feitas polo Alcalde ós medios de prensa, o certo e que dende que se celebrou o pleno de novembro no que se puxo de manifesto que a concesionaria do SAF tiña firmado un contrato por catro anos e non dous como decía o Alcalde, os pagos a concesionaria veñense demorando de forma totalmente inxustificada.

    Así dende o Partido Popular puido comprobarse como dende que se produxo a reclamación por parte da empresa, o concello demorou o pago das facturas chegando nos últimos meses a retrasar o pago a concesionaria ata 48 días.

    O Partido Popular de Silleda comprobou que contrariamente ó que dí o Alcalde, a media actual de pago deste servizo chega ata os 37 días, sin que haxa ningunha razón, máis que a reclamación que mantén a concesionaria co Concello e a relación coa Concelleira de Servizos Socias para que se produza este retraso.

    Como exemplo deste retraso pode tomarse a factura presentada pola concesionaria o 5 de xaneiro, que non foi abonada polo Concello ata o día 22 de febrero, máis de mes e medio despois da súa presentación, o que incluso puxo en perigo o cobro da subvención que percibe o Concello para afrontar o pago deste servizo polo Plan de Cofinanciamento dos Servizos Socias Comunitarios Municipais para este exercicio 2017, que tal como se recollía no BOPPO nº 23 de 2 de febreiro de 2017, concedíalle de prazo o Concello ata o 28 de febreiro para xustificar os pagos do servizo do SAF.

    Esta situación considera o Partido Popular que e moi grave xa que “Non só se esta poñendo en risco a continuidade dunha empresa local, sinon que ademáis esta situación esta repercutindo moi negativamente nas traballadoras, xa que están vendo como a empresa ten dificultades para abonar as súas nóminas en prazo como consecuencia destes retrasos do Concello, o que é algo absolutamente intolerable.”

    Dende as filas Populares solicitanlle ó Alcalde que non siga vendendo fume e “Que deixe de lamentarse pola situación das traballadoras e que poña tódolos medios ó seu alcance para que non volvan a repetirse os retrasos nos pagos dos servicios a concesionaria, e que se volva a situación anterior ó mes de novembro en canto ós pagos.”

    Asimesmo consideran que o Alcalde debería sentarse coas traballadoras para conocer de primeira man a súa impresión sobre a situación actual, tal como xa fixo o Partido Popular, e coa propia empresa, para evitar que tanto os usuarios como as propias traballadoras se vexan afectadas polas relacións entre a concesionaria e o Concello, e urxen tanto ó Concello como a Concesionaria a que regularicen a situación para as traballadoras.