Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Cuntis denuncia que o alcalde aproba facturas por valor de 65.000 euros pese aos reparos suspensivos de intervención

    • “Dicían que chegaban para sanear o concello, e o que fan realmente é saltarse todo o procedemento nas contratacións”, denuncia o voceiro Antonio Pena.
    • Para os populares esta situación é máis grave e preocupante aínda porque os orzamentos están aprobados, o que significa que houbo unha moi mala previsión e planificación.

     

    Cuntis, 01 de xuño de 2016.- O Partido Popular de Cuntis denuncia que o alcalde aprobou facturas por valor de 65.000 euros a pesar de que contan cos reparos suspensivos do servizo de intervención do concello. “Dicían que chegaban para sanear o concello, e o que fan realmente é saltarse todo o procedemento nas contratacións, e ignorar as advertencias que lle fan os servizos económicos municipais”, denuncia o voceiro do PP local, Antonio Pena.

    O popular recorda que durante o seu goberno, o interventor non fixo nin un só reparo, “porque todo se facía respectando a lei e as recomendacións dos servizos económicos”, mentres que nos últimos informes manifesta o seu desacordo e as súas obxeccións por anomalías nos procedementos de contratación nun total de 31 facturas. Antonio Pena entende que con estes informes, “o interventor está advertindo claramente ao alcalde de que as cousas se están facendo mal, e é unha irresponsabilidade mirar cara o outro lado”.

    Na maior parte dos reparos que levantou o alcalde, o interventor amosaba o seu desacordo por non axustarse á lei e por vulnerar os procedementos establecidos na Lei de Contratos do Sector Público, como

    insuficiencia ou non adecuación de crédito, ou que nalgúns casos omiten nos expediente requisitos ou trámites esenciais, xa que se trata de actuacións de carácter periódico e repetitivo que deben ser obxecto de contratación segundo o procedemento previsto na lei.

    Para os populares esta situación é máis grave e preocupante aínda porque os orzamentos están aprobados, o que significa que houbo unha moi mala previsión e planificación. Entre os gastos hai facturas de  gasóleo, de mantemento de servizos, telecomunicacións, seguros…