Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP non cambiará a súa postura: rexeitamos o informe elaborado por unha empresa privada

     Ante a convocatoria da Mesa de Contratación sobre o contrato da auga para este vindeiro luns,

    • “O novo informe continúa contemplando unha falsedade xa que a Mesa de Contratación non acordou contratar a ningunha empresa privada, senón dar traslado as servizos técnicos municipais”.
    • “Este é o contrato máis caro para todos os veciños de Pontevedra polo que debería tratarse con luz e taquígrafos. Lores fai todo o contrario”.

     

    Pontevedra 15, marzo, 2018.- O portavoz popular, Jacobo Moreira, adiantou este xoves que o seu grupo non aceptará o informe elaborado pola empresa privada, Lagares Oca SL., valorando as ofertas presentadas ao contrato para a xestión do servizo público de abastecemento de auga potable e saneamento do Concello de Pontevedra. “Rexeitamos este informe, xa que a Mesa de Contratación non designou a ningunha empresa privada para a súa elaboración”, sinalou hoxe o edil popular. Así o fará constar novamente na Mesa de Contratación convocada para o vindeiro luns.

    Aínda que non quixo desvelar nada do contido deste informe, o portavoz dos populares fixo fincapé en que de novo o documento comeza cunha falsedade, “esta empresa asegura ao comezo do informe que foi contratada pola Mesa de Contratación, algo que é falso”, insistiu, “pois a Mesa de Contratación acordou dar traslado aos servizos técnicos municipais”.

    Pleno extraordinario.

    En canto á celebración do Pleno extraordinario, que terá lugar mañá venres, ao remate do Pleno ordinario correspondente a este mes de marzo, Jacobo Moreira lamentou que “Lores tratase de buscar impedimentos para celebralo, pedindo incluso informes ao Secretario municipal”. “Ao non atopar obstáculos para a súa celebración, o Alcalde decidiu convocar o Pleno extraordinario para este venres despois do Pleno ordinario, buscando que este Pleno extraordinario perda transcendencia e sexa só unha anécdota”, apuntou o portavoz popular, quen lembrou que “este feito supón un fraude de Lei”, como apuntou o Secretario nun dos seus informes.

    “Na Xunta de Portavoces, Lores recoñeceu expresamente que non atendería ao informe do Secretario municipal”, apuntou Moreira, “sorprende que o Alcalde, que asegura defender aos técnicos municipais, desoia a quen ostenta a función de asesoría xurídica do Pleno no contrato máis importante para o noso Concello”, engadiu.

    “Está claro que Lores non quere dar explicacións ante este escándalo”, sinalou o edil popular, “trata de tapar o Pleno Extraordinario e convoca a Mesa de Contratación para o vindeiro luns para que non dea tempo a acatar os acordos que se poidan adoptar neste Pleno”, asegurou. “Este é o contrato máis caro para para todos os veciños de Pontevedra polo que debe tramitarse y adxudicarse con luz e taquígrafos, e Lores fai todo o contrario”, manifestou

    Con todo os populares propoñerán mañá suspender o procedemento de licitación do contrato da auga, non considerar o informe elaborado pola empresa privada, Lagares Oca SL. e acordar someter a valoración das ofertas aos funcionarios municipais permitindo, se fose preciso, solicitar a asistencia dun comité técnico de expertos designado pola Universidade de Vigo e por colexios profesionais a instancias da Mesa de Contratación.