Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Luis Aragunde acusa ao Goberno cuatripartito de “deixar tirados” a Esperanza Salnés

    •  Votaron en contra dunha moción que presentou o PP para esixir á Deputación de Pontevedra que manteña o convenio anual con esta asociación, e do que depende o seu futuro.
    • Sinala que “o Partido Popular sempre cumpre con Esperanza Salnés, cando gobernaba no Concello, cando gobernaba na Deputación e tamén na Xunta, pero outros presumen de apoio verbal pero á hora da verdade deixan tiradas ás familias”.
    • “Os intereses dos veciños de Cambados deben de estar por riba dos intereses políticos e partidistas, pero é algo que esta alcaldesa ignora”, critica.

     

    Cambados, 01 de xuño de 2016.- O Partido Popular de Cambados amósase “sorprendido e indignado” polo rexeitamento do Goberno cuatripartito a esixir á Deputación de Pontevedra que manteña a convenio anual con Esperanza Salnés, un apoio fundamental para garantir a súa viabilidade económica e, polo tanto, a súa supervivencia. O voceiro do PP Luis Aragunde defendeu no pleno unha moción para esixir institución provincial que manteña o convenio que se asinaba cada ano coa entidade, e a través do que recibía 20.000 euros para gastos de funcionamento.

    “O Partido Popular sempre cumpre con Esperanza Salnés, cando gobernaba no Concello, cando gobernaba na Deputación e tamén na Xunta, pero outros presumen de apoio verbal pero á hora da verdade deixan tiradas ás familias”, critica Luis Aragunde, que xustifica este apoio dos populares “porque entendemos e compartimos a importancia da súa labor e do seu traballo”.

    Para Aragunde, “o que demostra a alcaldesa é o escaso peso que ten no PSOE da provincia”.  Critica que prefira renunciar a apoiar a Esperanza Salnés e a todas as familias que forman parte desta asociación, a pedir á Deputación de Pontevedra e á súa presidenta Carmela Silva que asine un convenio que é de “xustiza social”. “Igual é que teñen prohibido apoiar calquera moción que cuestione a xestión na institución provincial”, pero defende que “os intereses dos veciños de Cambados deben de estar por riba dos intereses políticos e partidistas, algo que esta alcaldesa ignora”.

    Acúsana de preferir pagar desde o concello en lugar de esixir a Carmela Silva que colabore coa asociación, pero dubidan que cos fondos municipais vaian cubrir  os 20.000 euros anuais que daba a Deputación de Pontevedra co goberno do Partido Popular.

    O voceiro local alerta da “grave” situación na que queda a entidade, xa que “sen este apoio non teñen garantías de que en setembro poidan iniciar o curso”. “Non nos creemos que poidan deixar morrer esta asociación, por todo o que supón Esperanza Salnés para Cambados e para a comarca, e por toda a labor encomiable que leva facendo desde hai moitos anos”, sinala.

    Para “máis inri”, di o voceiro, presentan unha “contramoción” para que sexa a Xunta quen colabore economicamente con Esperanza Salnés e co resto de asociacións nas que participen os cambadeses, “situando a esperanza Salnés no mesmo nivel de preocupación para o Goberno de Cambados que os colectivos doutros municipios”. Luis Aragunde recorda que “si Esperanza Salnés remata o ano economicamente cun proxecto viable é gracias á aportación importante que fixo a consellería dirixida por Alfonso Rueda”. Explica que en previsión de que non se obtiña resposta algunha desde a Deputación de Pontevedra, tanto o PP de Cambados como a propia asociación conseguiron este apoio. “Co Partido Popular Esperanza Salnés tiña os gastos cubertos, co resto de partidos teñen un futuro incerto”, engade.