Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP denuncia que a Deputación elude a súa responsabilidade e deixa desprotexidos aos concellos ante situacións de emerxencia

    •  Nidia Arévalo critica que a presidenta Carmela Silva renuncie a colaborar nas axudas para paliar os danos ocasionados polos temporais.
    • “Deixa claro cales son as súas prioridades, non colabora nunha situación de emerxencia para os concellos, pero aproba dar 800.000 euros para garantir que a empresa concesionaria do Auditorio do Mar de Vigo engorde a súa conta de beneficios”, sinala a voceira popular.

     

    Pontevedra, 02 de xuño de 2016.- A voceira do grupo provincial do Partido Popular, Nidia Arévalo, lamenta que “nunha nova ocasión os concellos da provincia están totalmente desprotexidos coa nova Deputación”, e critica que a presidenta Carmela Silva renuncie a colaborar nas axudas para paliar os danos ocasionados polos temporais de xaneiro e febreiro. “A presidenta, como sempre, amosa unha sensibilidade e unha preocupación nula polos concellos”, denuncia Arévalo, que recorda que, “unha vez máis, a Xunta é a que está dando resposta aos concellos mentres Carmela Silva mira cara outro lado e elude a súa responsabilidade”.

    Para a popular, a rolda de prensa que ofreceron onte Carmela Silva e os alcaldes socialistas “foi unha cortiña de fume para esconder a realidade, que a institución máis importante da provincia non axuda aos concellos en situacións de emerxencia”. Entende que “ante esta situación excepcional coa que non se contaba, todas as administracións deben arrimar o hombro para garantir os fondos aos concellos”. Por este motivo, Nidia Arévalo esixe que a Deputación de Pontevedra aporte a cantidade económica que lle corresponde segundo ese convenio a tres bandas, Xunta, Deputación e Fegamp.

    Para a voceira esta é unha mostra máis de que Carmela Silva “está utilizando a Deputación de Pontevedra ao seu antollo”. Di que “deixa ben claro cales son as súas prioridades”, e critica que mentres rexeita colaborar nunha situación de emerxencia cos concellos, aproba dar 800.000 euros para acondicionar o Auditorio do Mar de Vigo e garantir que a empresa concesionaria engorde a súa conta de beneficios alugándolle  as instalacións ao Concello de Vigo por un prazo de 20 anos e un total de 13 millóns de euros para habilitar a aula da UNED, cando hai outras alternativas gratuítas.