Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Jacobo Moreira: “É lamentable que a primeira tarefa de Patricia Vilán sexa traizoar á súa propia cidade”

     

    A nova portavoz do PSOE no Parlamento Galego apoia e defende a emenda sobre a lei do Área Metropolitana, na que se busca que Vigo reciba tratamento de capital de provincia.

    • "Traizoar a Pontevedra é o prezo que Vilán aceptou pagar para conseguir ser a nova portavoz do PsdG”, sinalou o portavoz popular.

     

    Pontevedra 3, xuño, 2016.- O portavoz municipal no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, lamenta que “a primeira tarefa da pontevedresa, Patricia Vilán, como nova portavoz do PSOE no Parlamento de Galicia, sexa atacar á súa propia cidade”.

    Para o edil popular, o feito de que Vilán sexa a máxima representante do Grupo Parlamentario que presenta unha emenda sobre o texto da reforma da Lei do Área Metropolitana, na que se solicita explicitamente que Vigo reciba unha dotación de servizos públicos similares aos dunha capital de provincia, “supón unha reiteración dos continuos ataques de Abel Caballero e da súa delegada na Deputación provincial a Pontevedra, e que hoxe reciben o respaldo dunha das nosas veciñas”, sinalou.

    Jacobo Moreira considera que “agora xa coñecemos o prezo que a Sra. Vilán tivo que pagar para conseguir ser a nova portavoz do PsdG no Parlamento de Galicia: Traizoar a Pontevedra”. “A nosa cidade non pode quedar danada ante as aspiracións partidistas dun partido político”, sentenciou o portavoz dos populares no Concello de Pontevedra.