Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP denuncia a falta de apoio da Deputación cos concellos para a limpeza das praias

    •  O grupo provincial esixirá no próximo pleno un plan permanente de limpeza dos areais.
    • A colaboración redúcese a unha peneira, sen tractor e sen conductor, durante quince días.
    • “Pedímoslle que non miren cara outro lado, non teñen nin idea de como se goberna unha Deputación e como se xestiona un parque de maquinarias”, critica Nidia Arévalo.
    • Ángel Rodal: “que reconsideren e recapaciten, porque non pedimos nada que non se fixese ata agora, e a maquinaria existe”.

     

    Baiona, 03 de xuño de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular denunciou esta mañá na praia de Ribeira, en Baiona, a falta de apoio da Deputación de Pontevedra para garantir a posta a punto dos areais. A voceira Nidia Arévalo, que estivo acompañada polos deputados Javier Bas e Jose Enrique Sotelo, así como dos alcaldes de Baiona e Soutomaior, Ángel Rodal e Agustín Reguera, sinalou que mentres anos anteriores a institución provincial non escatimaba en esforzos nin recursos para que as praias tivesen os mellores servizos e estivesen nas mellores condicións, o único apoio que recibiron esta tempada os concellos da costa foi unha peneira,sen tractor e sen condutor, durante quince días. Por este motivo, os populares esixirán no próximo pleno que a Deputación poña a disposición dos concellos un plan permanente de limpeza das praias da provincia.

    “Pedímoslle que non mire cara outro lado, non teñen nin idea de como se goberna unha Deputación e como se xestiona un parque de maquinarias. Os alcaldes da provincia teñen que contratar empresas privadas a limpeza e asfaltado de viais, e agora a limpeza de praias, porque a Deputación non presta ese apoio necesario e incondicional que tiña que ser, porque o sentido desta institución debería ser de apoio aos pequenos e medianos concellos”, critica a voceira.

    Nesta liña, di que “non se trata de deixar a peneira ao alcalde durante quince días. As praias non se limpan quince días en todo o verán, senón que cada semana as brigadas do concello en colaboración coas maquinarias da deputación deberían estar limpado as praias. Por iso antes había unha programación moi programada entre o Parque de Maquinaria e os concellos, de forma que cada semana ou quince días tiñan a asistencia para ter as praias a punto”. Por este motivo, di que non entende que si algo funciona o eliminen, “porque unha nova Deputación debe ir sempre a mellor, e non para peor, como está sucedendo. Necesitamos condutor, tractor e peneira, e as veces que faga falta durante todo o verán”.

    O deputado e alcalde de Redondela, Javier Bas, denunciou “un cambio radical” na situación que están vivindo desde os concellos. Así, explicou que ata o de agora, a institución provincial colaboraba para manter as praias en condicións óptimas durante todo o verán, pero que a situación agora “empeorou enormemente, o que provocou que os traballos se retrasen”. 

    “Presentamos unha moción constructiva, en positivo, como fixemos con outras, pero aínda así non están sendo aceptadas”, lamentou o popular. “Hai unha política de evitar e rexeitar por sistema todo aquelo que presenta o PP, aínda que sexa en defensa dos concellos e colectivos da provincia”. Javier Bas comparou esta situaicón coa da Deputación da Coruña, onde destinan un millón de euros para colaborar cos concellos na limpeza de praias. “Aínda estamos a tempo, pero necesitamos que a Deputación escoite o que demandamos os concellos e non mire cara outro lado”, engadiu.

    Pola súa parte, o alcalde de Baiona Ángel Rodal puxo en valor a limpeza das praias como unha parte moi importante da súa excelencia, e recordou que precisamente hai dous días recolleron as bandeiras azuis. “A veces pódese facer unha limpeza manual, pero é preciso dispor de maquinaria para completala”, valorou. Como exemplo, dixo que mentres anos anteriores Baiona xa contaba coa colaboración da Deputación de Pontevedra para acondicionar as praias desde a Arribada, este ano tiveron que facer a limpeza a man.

    Agora, xa en temporada, explica que lle deixaron unha peneira durante quince días, sen tractor e sen chófer, “e por riba viña en mal estado e houbo que reparala”. Di que “a xente nos pide que os areais estean limpos, e agora temos que facelo a man, porque o mantemento das praias é continuo”. Por este motivo, pide que “reconsideren e recapaciten, porque non pedimos nada que non se fixese ata agora, e a maquinaria existe”.