Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os veciños de Lérez e Alba privados de seguridade viaria pola desidia do Goberno de Lores

     Trátase dunha demanda veciñal histórica, 

    • O Goberno do BNG conta dende o pasado mes de decembro coa autorización de Fomento necesaria para a instalación destes mecanismos de seguridade vial.
    • Os populares esixen ao Goberno de Lores que de resposta dunha vez por todas a esta petición veciñal.

     

    Pontevedra 21, maio, 2018.- Dende o pasado mes de decembro, o Goberno de Lores conta coa autorización de Fomento necesaria para a instalación de tres pasos de peóns e semáforos na estrada N550, concretamente no punto quilométrico 115, e que afectaría ás parroquias de Lérez e Alba, pero non ten feito nada por dar resposta a unha demanda veciñal histórica.

    Así o denunciaron este luns dende a formación que encabeza Jacobo Moreira, ao tempo que lamentan que “con esta autorizacións nas mans, o Goberno de Lores non fixera aínda nada a pesar de ter transcorrido case medio ano dende a súa recepción”.

    Foi o propio portavoz popular, Jacobo Moreira, quen, durante unha reunión coa vicepresidenta da Asociación de Veciños San Benito de Lérez, interesouse por esta reclamación. “O abandono do rural por parte do BNG de Lores chega a tal punto que, a pesar de contar co permiso necesario, non executa as obras para dotar á zona duns mecanismos de seguridade vial reclamados polos propios veciños”, sinalou o portavoz dos populares.

    Tras anos de reclamacións, os veciños desta zona seguen privados da utilización duns pasos de peóns e semáforos que mellorarían de xeito importante a súa seguridade. “Este é o resultado da desidia dun Goberno que non vela polos intereses dos seus veciños”, apuntou o portavoz dos populares, quen esixe ao BNG que realice os trámites necesarios para dotar a este lugar dos mecanismos de seguridade vial que dende hai moito tempo solicitan os veciños.

    “Lograr este tipo de autorización é un traballo laborioso polas distintas xestións que require”, sinalou Moreira, “é lamentable que unha vez logrado o permiso, o Goberno de Lores non faga o seu traballo e oculte a posesión de dita autorización”, sentenciou o edil popular.