Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Complexo Deportivo de Campolongo camiño da décima prórroga irregular

    Os populares lamentan a lentitude coa que se está a tramitar a licitación do novo contrato,

    • Os populares afirman que “este verano, en contra do anunciado polo Goberno de Lores, non van a comezar as obras nas Piscinas de Campolongo”.

     

    Pontevedra 7, xuño, 2018.- O Complexo Deportivo de Campolongo camiño da décima prórroga irregular. Así o denunciaron este xoves dende a formación popular ao tempo que avanzan que “este verán, en contra do anunciado polo Goberno de Lores, non van a comezar as obras nas Piscinas de Campolongo”, afirmou con rotundidade César Abal quen insiste en que “se as obras chegan antes do Nadal, sería un logro”.

    “Aínda que parece un término futbolero, esta é a triste realidade na que nos atopamos: décima prórroga irregular como consecuencia da nefasta xestión dun Goberno ao que non lle importa a situación que están a sufrir tanto usuarios como empregados”, apuntou hoxe o concelleiro popular, César Abal, “a licitación do contrato vai lento, con moito atraso. Pontevedra vai a outra velocidade que o Goberno do sr. Lores”.

    Este contrato finalizou no ano 2010, dende entón “levamos oito anos de atrasos nos que usuarios e empregados padecen as consecuencias dunhas pésimas instalacións nada aconsellables para a práctica deportiva”, sinalou o edil popular, “maquinaria obsoleta, altas temperaturas, humidades”, relatou.

    “Pontevedra precisa dunha vez por todas unha instalación deportiva no centro da cidade que cumpra cunha condicións óptimas”, destacou Abal, “o Goberno de Lores pode contar co Partido Popular para buscar unha solución, pero nunca para seguir coas prórrogas irregulares”.