Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O GRUPO MUNICIPAL DO P.P. DE TOMIÑO CONSIDERA QUE O PLAN PLURIANUAL DE OBRAS PARA OS ANOS 2018/19 É ELECTORALISTA

     

     

    O portavoz do Grupo municipal do Partido Popular de Tomiño, Esteban González, calificou de electoralista o Plan Plurianual de Obras previstas no orzamento  da Deputación para 2018-2019, aprobado no pleno extraordinario deste luns.

     Considera que o diñeiro que Tomiño recibirá do Plan Concellos neste Plan Plurianual da Deputación, non está destinado a tratar de solucionar os verdadeiros problemas dos veciños /as do noso concello senón que pretenden afrontar obras cun fin puramente estético e de apariencia, de cara o próximo ano electoral.

     Este  “lavado de cara” das prazas con un obxectivo puramente electoralista, só intenta compensar o abandono das parroquias nestes anos que viron o abandono por parte do goberno do BNG, e que de aquí en diante verán “ o asfalto para todos”.

     Mentres, seguen sin resolverse as graves carencias que afectan a nosa veciñanza: parroquias enteiras sen saneamento, e outras nin se queira teñen  un plan director para o saneamento futuro, programas de formación e emprego adicados a parados/as e a outros sectores como é a xente xoven, programas para mellorar a atención socio-sanitaria das persoas maiores, dar solución as parroquias de Pinzas e Barrantes que este goberno segue sen darlle solución cos problemas da rede Wimax … En definitiva, políticas sociais que de maneira real e efectiva se encamiñen a dar resposta aos verdadeiros problemas que nos afectan.

     Pola contra , a alcaldesa Sandra  González e o seu  grupo de goberno (BNG) antepoñen os seus intereses partidistas sobre os xerais  sin permitir que este grupo municipal lle traslade as necesidades reais que hai nas distintas parroquias para evitar o desequilibrio interparroquial  que se está a producir ca xestión que está levando a cabo a actual rexidora.