Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda: “Comeza a renovación do PP de Nigrán e Gondomar”

     

    Presentación das xestoras do PP de Nigrán e Gondomar 

    • O presidente provincial pídelle aos novos equipos traballo, unidade e coordinación co grupo municipal.
    • “É o momento de cambios, de apostar por un novo proxecto ilusionante do que forman parte todos os afiliados e todos os veciños que se senten próximos ao noso partido”.

     

    Gondomar, 8 de xuño de 2016.- O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, asegura que “comezou a renovación do PP de Nigrán e Gondomar” afirmouno esta tarde na presentación da Xuntas Xestoras que van dirixir o Partido Popular en Gondomar e Nigrán ata a celebración dos congresos locais e que van estar presididas por Paula Bouzós e María José Pino, respectivamente.

    Alfonso Rueda aproveitou a súa intervención para pedir unidade no partido, traballo ao novo equipo e coordinación cos grupos municipais dos populares.

    Non se esqueceu de darlle as grazas aos presidentes locais que asumiron o cargo ata agora, Fernando Guitián, e Alberto Valverde, que dimiteu como presidente local de Nigrán hai xa uns meses, así como a todos os concelleiros e membros das anteriores executivas locais.

     “É o momento de cambios, de apostar por un novo proxecto ilusionante do que forman parte todos os afiliados e todos os veciños que se senten próximos ao noso partido, hai que recuperalos porque aquí todos sumamos”, explicou o presidente provincial.

    Nesta liña, Rueda sinalou que aínda que os retos inmediatos teñen que ver coa celebración de unhas eleccións xerais e autonómicas, o obxectivo que se deben marcar ten que ser xerar ilusión e crear un proxecto do Partido Popular no que todos os afiliados se sintan integrados e identificados”.

    Tanto en Gondomar como en Nigrán, o presidente provincial incidiu en que “veñen uns meses de traballo intensos, e debemos multiplicar esforzos e traballar por todo aquilo que vos importa nos vosos concellos”.

    NIGRÁN

    A xestora do PP de Nigrán, presidida por María José Pino, está integrado por un total de 15 persoas. Entre as que figura como secretaria, Conchi García Giráldez, Juan José Blas Valverde, como secretario de Organización e Lucía H. Pereira Sanromán como tesoureira.

    Completan a lista un total de 11 vogais: Delio Salgueiro Vázquez, José Manuel Pérez Vicente, Ángel Casal Martínez, Álvaro Pereira Sanromán, María del Pilar Fentán Rodríguez, Gerardo Chamorro Casal, Sonia Rial Cabral, Jaime Torres Estévez, Paula Valverde Díaz, Evaristo Blach Villar e a ex concelleira, Rosa Rodríguez Rodríguez .

    María José Pino agradeceu o xesto de todas as persoas que van forman parte da xestora “dispostas a sumar a dedicarlle parte do seu tempo a Nigrán e con moita ilusión”.

    Convidou ademais a todas as persoas que nalgún momento formaron parte do Partido Popular a sumarse de novo ao partido. “Quero contar con todo o mundo e non se vai excluír a ninguén, todo o contrario”, sinalou. 

    GONDOMAR

    Paula Bouzós, a presidenta do PP de Gondomar, presentou unha xestora aberta na que se irán incorporando vogais. O vicepresidente e secretario de Política Local é Fernando Oriol Rodríguez, o secretario, Rubén Óscar Fernández Benítez e o secretario de Organización, Martín Otero Clemente.

    María Celia Durán Martínez, tesoureira, a responsable da área de comunicación,  Margarita Fernández Álvarez e completan a lista María Luisa López Castro, María Elvira Carrera Gómez, María Jesús Martínez Chouza, Purificación Fernández López e Jesús Fernández Alonso.

    Presentamos unha xestora aberta en todos os sentidos, non só iremos incorporando a todo aquel que queira traballar con nós, senón que tamén estamos abertos a novas ideas e por suposto coas portas abertas para que volva á casa todo aquel que queira.

    Neste sentido, a nova presidenta do PP de Gondomar, Paula Bouzós, subliñou que empeza unha nova etapa á que se pode apuntar todo aquel que o desexe. “Contamos con todos e todos somos importantes”.