Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • A XIII Romaría Popular do Monte Castrove celebrarase o 29 de xullo

    • Espérase a asistencia de máis de 500 veciños, afiliados e simpatizantes de Poio que desfrutarán dun xantar popular, actuacións musicais e xogos para os máis pequenos.
    • Os populares instan a reservar xa as invitacións para o evento chamando ao teléfono 600 351 106 ou por vía telemática a un prezo de sete euros por persoa.

     

    Poio, 13 de xuño de 2018. A Xunta Directiva do PP de Poio comunicou hoxe a data da XIII edición da tradicional Romaría Popular no Monte Castrove, que este ano terá lugar o 29 de xullo no seu tradicional emprazamento na Escusa.

    Os populares esperan repetir o éxito de convocatoria doutros anos, e contan coa presencia de alomenos medio millar de veciños, afiliados e simpatizantes de Poio e concellos cercanos. Os asistentes desfrutarán, como en pasadas edicións, dun xantar de confraternización con empanada, churrasco e sobremesa, así como actuacións musicais, unha zona de xogos para os máis pequenos e distintas actividades.

    Os organizadores chamaron a participar nunha xornada «familiar e aberta a todo o mundo nun entorno extraordinario» e pediron aos interesados que reserven a súa invitación o antes posible para facilitar ao máximo a coordinación do xantar.

    As entradas pódense reservar xa, a un prezo de tan só 7 euros, no teléfono 600 351 106, así como no correo electrónico do PP de Poio: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e nas redes sociais da agrupación.