Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O CONCELLO DO PORRIÑO NON APOIOU A CANDIDATURA AO PROXECTO LIFE PARA A DESCONTAMINACIÓN DOS SOLOS AFECTADOS POR LINDANO

    • Mentres se atribuían en prensa a presentación deste proxecto, a coalición PSOE-UDDL non respaldou a candidatura do noso concello, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, á convocatoria de axudas LIFE, cun proxecto para mapear e tratar os solos periurbanos contaminados por lindano.

     

    Venres, 15 de xuño de 2018.- A coalición de goberno PSOE-UDDL ven de dar unha nova mostra da falta de implicación e honestidade cos veciños e veciñas do Porriño. Fai apenas unha semana os medios de comunicación facíanse eco dunha nota de prensa remitida pola alcaldesa, Eva García, na que se atribuía os méritos alleos dun importante proxecto para O Porriño, a candidatura impulsada pola Xunta de Galicia á convocatoria de axudas europeas LIFE cun proxecto para mapear e tratar os solos periurbanos contaminados por residuos de lindano.

    Mentir ante cidadanía e ante os medios de comunicación para engordar a hemeroteca e disfrazar a súa falta de xestión é unha práctica habitual do Goberno Municipal do Porriño. Minten aos veciños e minten á prensa cando afirman que van da man da Xunta de Galicia á hora de abordar o problema da contaminación por lindano no noso termo municipal. O certo é que, pese a terselle requerido o apoio para este proxecto por parte da Consellería de Medio Ambiente, nin a alcaldesa Eva García nin o concelleiro de Medio Ambiente, Marcelino Coto, tiveron a ben respaldar e dar forza a esta iniciativa da Xunta de Galicia. Un problema de tal envergadura require que se volquen e impliquen todas as administracións. Non hai modo algún de xustificar que o Goberno Municipal non respalde e faga o preciso para que este proxecto poda levarse a cabo. O Concello como administración máis cercana debe estar ao lado da veciñanza, dos seus problemas, actuar ou a lo menos, non poñer paus nas rodas de quen sí o fai.

    Sumando forzas para minimizar a presenza deste residuo no Porriño

    A iniciativa OffLindane, liderada pola Xunta de Galicia, sí que conta co apio da Universidade de Santiago(USC), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que -no caso de que se conceda dita axuda- comprometen para levar adiante o proxecto recursos propios.

    O obxectivo é proceder á fitorremediación dos solos afectados por lindano como medio para minimizar a medio prazo a presencia deste residuo tanto na terra como no medio hídrico, co fin de mellorar a calidade deses solos contaminados.

    A través da execución do proxecto, procederase tamén a realizar un mapeo exhaustivo da localización de residuos de lindano naqueles puntos nos que se ten localizado a presenza desta substancia. Tras esta mostraxe, ensaiaranse solucións de fitorremediación en solos nos que se detectara a presencia desta substancia co fin de buscar a súa restauración ecolóxica, de forma que se evite o selado dos mesmos e se garanta a súa sustentabilidade funcional.