Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rafa Domínguez iniciará unha rolda de contactos cos axentes empresariais de Pontevedra.

    Primeira comparecencia xa como presidente local do PP de Pontevedra,

    • “Os meus primeiros pasos serán, como non podía ser de outro xeito, para afondar na situación do desemprego en Pontevedra, a cidade galega coa taxa de paro máis alta”.
    • Esta tarde reunirá por primeira vez á nova Executiva local á que lle entregará un borrador do Código Ético do PP de Pontevedra que quere ter aprobado antes de que remate o verán.
    • Solicitará tamén a formación dun Comité Asesor Municipal no que estarán integrados os concelleiros do Grupo Municipal.

     

    Pontevedra 2, xullo, 2018.- Tras a celebración do 12 Congreso local do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez compareceu hoxe por primeira vez ante os medios de comunicación xa como presidente local da formación na cidade do Lérez para anunciar as primeiras medidas que levará a cabo.

    “Os meus primeiros pasos serán, como non podía ser de outro xeito, para  afondar na situación do desemprego en Pontevedra, a cidade galega coa maior taxa de paro e coa renda per cápita máis baixa”, destacou. Por este motivo, ao igual que mantivo unha serie de reunións con afiliados e simpatizantes das parroquias e do centro da cidade, nos vindeiros días, Rafa Domínguez iniciará unha rolda de contactos “cos sectores que máis saben sobre a xeración de emprego”. Aempe, Aje Pontevedra, Ape Galicia, Zona Monumental, Cámara de Comercio, Confederación de Empresarios serán os colectivos cos que se reunirá nesta primeira ronda.

    “Pero non só quero quedarme aquí. O turismo é un dos factores económicos máis importantes non só do noso municipio, senón de toda a nosa contorna” polo que estenderá estas reunións de traballo á Asociación de Hoteleiros de Pontevedra, á Asociación de Hostalaría de Pontevedra e ao Clúster Turismo de Galicia. “Hai moitos aspectos en materia económica que se poden mellorar na nosa cidade e temos que traballar en novas ideas”, puntualizou.

    Ademais, o presidente local do PP de Pontevedra avanzou que contará con dúas persoas que se responsabilizarán destas dúas áreas, Emprego e Turismo, dentro da nova Executiva. “Son dúas áreas que contan con entidade propia e suficiente para o seu desenvolvemento por separado”, manifestou Rafa Domínguez quen nos vindeiros días anunciará os nomes das persoas que se responsabilizarán destas dúas materias.

    Código Ético

    Por outra banda, o presidente local do PP de Pontevedra presentará esta tarde, durante a primeira reunión da nova Executiva, un borrador do novo Código Ético do Partido Popular de Pontevedra. Este documento basearase en nus códigos éticos do Partido Popular e da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). “Non creo non privilexios para os concelleiros”, sinalou tras asegurar que confía en telo aprobado antes de que remate o verán.

    Comité Asesor Municipal

    Na reunión desta tarde, Rafa Domínguez tamén solicitará a formación dun comité asesor municipal. “É certo que o partido ten que rearmarse pero, tal e como dixen en numerosas ocasións, conto con todos. Preciso que os concelleiros se centren non traballo municipal pois son a experiencia e a memoria do Partido no Concello de Pontevedra”, sinalou en declaracións aos medios, “este Comité será unha parte fundamental para poder relanzar o partido en Pontevedra”.

    Por último, Domínguez amosou a súa satisfacción tras a celebración do 12 Congreso Local de Pontevedra e “as sensación que me transmitindo”. “Comeza unha nova etapa”, sentenciou.