Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • INTERVENCIÓN ADVIRTE DE IRREGULARIDADES NAS FACTURAS, POR IMPORTE DE 750.000 €, INCLUÍDAS NO RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO CE1 /2018

    • A coalición PSOE-UDDL leva a pleno preto de 750.000 euros en pagos pendentes a provedores nun expediente plagado de irregularidades no se pon de manifesto, entre outras cuestións o fraccionamento na facturación e a falta de contrato, que evidencia unha clara contratación "a dedo"
    • O PP do Porriño solicita a “revisión de oficio” da facturación declarada "nula absoluta ou de pleno dereito" polo interventor e que se investigue e certifique a veracidade, prezos de mercado e responsabilidades dos ordenantes da prestación deses servizos

     

    O Porriño, 3 de xullo de 2018.-   Apenas un mes despois de aprobar os Orzamentos Municipais, o Goberno Local volve evidenciar o descontrol financieiro que está a imperar no Concello do Porriño levando a pleno un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que evidencia a falta de control e xestión económica da coalición PSOE-UDDL.

    Falamos concretamente de 735.117,23 euros en pagos pendentes a provedores que non só responden a unha pésima e irresponsable xestión do erario público, senón que contan coa advertencia rotunda por parte da Intervención municipal. O informe emitido por Intervención relativo a este expediente é do máis revelador, deixando patente que existen "irregularidades nas actuacións levadas a cabo na realización dos gastos" toda vez que "as prestacións soportadas nos xustificantes de gasto incluídos no presente expediente foron obxecto dunha contratación irregular". O mencionado informe indica que estas contratacións se levaron a cabo "omitindo os requisitos de publicidade e concorrencia, así como o preceptivo trámite de fiscalización previa" o que supón "a nulidade absoluta ou de pleno dereito da relación negocial entre o Concello e as persoas ou entidades prestadoras dos servizos e subministros".

    Un montante de facturas plagadas de irregularidades que omiten en todo momento os trámites de fiscalización previa e que responden a gastos atrasados do exercicio 2017. Un importante número das mesmas foron rexistradas no 2017 e rexeitadas polos concelleiros ou alcaldesa, sendo presentadas novamente no ano 2018. O mesmo concepto e o mesmo importe que os órganos competentes NON CONFORMABAN, acéptase agora unha vez rexistrada por segunda vez, dando o visto bo nesta ocasión sen que os motivos que motivaron que foran rexeitadas (ausencia de contrato, ausencia de partida orzamentaria..) teñan cambiado.

    "A irresponsabilidade coa que está actuando o executivo que preside Eva García, e as consecuencias que a súa falta de xestión e control fiscal podería traer, materializanse neste recoñecemento de crédito co que a rexedora pretende eludir a súa responsabilidade", apunta M. Alejandro Lorenzo. Con tal motivo, o grupo municipal do Partido Popular presentou unha “enmenda” solicitando que se retire parte da facturación, e se prodeda a unha REVISIÓN DE OFICIO,sobre esas facturas, declaradas de "nulidade absoluta" según o interventor. "Solicitamos que tanto o Secretario Municipal como o Interventor inicien o procedemento correspondente e informen de se estas deben contar ou contan co correspondente reparo de intervención,que se realice unha previa investigación da veracidade da prestación, comprobación dos prezos de mercado, e as posibles responsabilidades derivadas de tales actuacións, tal e como se indica no informe de Intervención ". Os populares asimesmo, advirten sobre as responsabilidades á que poden dar lugar estes feitos para os concelleiros que voten a favor de recoñecer estas facturas "Nós usaremos sempre o noso voto de forma coherente e responsable en defensa dos intereses dos veciños do Porriño e sempre con arreglo á lei", conclúe Lorenzo.

    Contratación "a dedo" e fraccionamento en contratos menores

    Entre as facturas que o interventor considera "nulas de pleno dereito" destacan as dunha empresa de alquiler de equipos audiovisuais para eventos e espectáculos que no ano 2017 facturou ao Concello do Porriño preto de 350.000 euros. Nos conceptos das facturas incluídas neste expediente refírense aos números de presuposto e contrato sen que existan nin presuposto nen contrato algún para estes gastos. Inexplicamente, a facturación desta empresa é fraccionada en porcentaxes dun 60% e 40% sendo esto indicado incluso nas mesmas.

    Así, o 27 de setembro de 2017 a empresa emite unha factura de 42.808,88 euros en concepto de "40% alquiler material audiovisual personal e transporte según presuposto Nº e según contrato ref. Festas do Cristo".

    Días despois, con data 4 de outubro do 2017, a empresa emite unha factura de 64.213, 32 euros polo importe restante con concepto "60% alquiler material audiovisual personal e transporte según presuposto Nº e según contrato ref. Festas do Cristo".

    As irregularidades nos inxustificados e desmesurados pagos a esta empresa quedan patentes cando, por exemplo, factura máis 72.000 euros por “servicios prestados para Porrigalia: son, iluminación, escenario,gradas e post-producción”, sen que exista contrato algún nen este fose sacado a licitación .

    Destaca tamén a factura da empresa adxudicataria das obras de reforma da Praza de Abastos Municipal, que conta co reparo non suspensivo por parte da Intervención Municipal,e presentada tras ser incumpriidas as condicións do contrato- contrato que de maneira sorprendente nunca foi asinado polo Goberno Municipal-, sendo non conformada a factura polo Concelleiro de obras e asinada neste ano 2018.

    Ou o arbitrario gasto en teléfonos móbiles para os membros do executivo no ano 2017 que tamén pretenden cargarse a este expediente. O Goberno Municipal adquiriu 5 terminais móbiles e 6 equipos hp portatil tablet, por valor de 12.000€ , cuxas facturas foron rexistradas en 2017.

    “O recoñecemento extraxudicial e unha excepción contemplada para sanar situacions puntuais irregulares que adolecen dun vicio constitutivo de nulidade e non para realizar sistemáticamente gastos sin a suficiente consignación presupuestaria como na practica así se constata”, conclúen, “cabe recordar que no 2017 realizóuse o mismo procedemento de recoñecemento extraxudicial con facturas de importe superior os 2.700.000€, finalizando que o recoñecemento de facturas non as convalida, polo que as irregularidades existentes nas mesmas deben ser revisadas”