Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ana Pastor asegura que o PP é o único partido que sae a gañar e a gobernar

     A candidata do PP de Pontevedra e o presidente provincial participaron na tradicional pegada virtual

    • Os populares de Pontevedra optaron por pegar os mesmos carteis que en decembro

     

    Pontevedra, 9 de xuño de 2016.- A candidata do PP de Pontevedra, Ana Pastor, participou hoxe xunto co presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, na tradicional pegada de carteis que se convoca na sede provincial en cada unha das citas electorais, aínda que nesta ocasión, non había carteis actualizados. Os carteis empregados foron os mesmos que na campaña das eleccións pasadas.

    Ana Pastor explicou que esta noite se inaugura “unha campaña clave para o porvir do país e o Partido Popular é o único partido que sae a gañar e a gobernar”.

    Asegurou ademais que o Partido Popular vai protagonizar unha campaña electoral construtiva, en positivo e a favor do futuro de todos os españois. “Imos a centrarnos en ofrecer solucións concretas aos problemas reais dos cidadáns, e deixamos para outros as descualificacións e a crispación”.

    Pola súa parte, o presidente provincial, Alfonso Rueda, sinalou que a campaña que hoxe empeza podería terse evitado se os partidos da esquerda non bloquearan a posibilidade de que gobernase o partido que gañou as eleccións.

    Con todo, explicou que o PP aposta por falarlle aos electores con feitos e datos positivos, cunha campaña austera e ao pé da rúa.

    A diferenza da campaña de xerais de 2015, na que se celebraron  mitins na maior parte dos concellos da provincia, o PP de Pontevedra optou esta vez pola celebración de actos comarcais, reunións sectoriais e con colectivos e maior presenza na rúa ao lado dos cidadáns.