Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • R. Arias: “O PSOE pretende tapar a súa inacción política atacando á Xunta”

    • A súa estratexia pasa por desviar a atención dos múltiples erros de xestión noutras administracións. Nin os concellos nin a nova Deputación son exemplos válidos a seguir para un goberno serio e responsable
    • Torrado sempre prefiríu o `ruido mediático´ á defensa de propostas e iniciativas que realmente beneficien á comarca do Salnés
    • Sanidade investíu 9,3 millóns de euros en mellorar e ampliar o Hospital do Salnés nos últimos 5 anos e ven destinar outros 340.000€ na Illa de Arousa. “Julio Torrado e o resto do PSOE terían que ser máis responsables e estudiar as cifras antes de criticalas”

     

    Vilagarcía de Arousa, 2 de agosto de 2018.- O Partido Popular rexeita de plano as últimas declaracións do deputado socialista Julio Torrado Quintela nas que atacou ao goberno da Xunta. A tamén deputada vilagarciá, Marta Rodríguez Arias, contextualiza a derradeira saída dos socialistas, dentro da “campaña de ataques na que está instalado o PSOE, para a que non dubidan en empregar os recursos e cargos públicos municipais e provinciais que teñen actualmente de maneira partidista”.

    Este posicionamento de `confrontación total´ atende a unha estratexia para tentar desviar a atención dos múltiples conflitos e erros de xestión que está a protagonizar o PSOE nas distintas administracións nas que gobernan. Para elo non dubidan en atacar, sen argumentos de peso, máis aló de cifras xenéricas e faltas de respecto instituacionais, ao PP.

    O que non admite ningún xénero de dúbidas é que nin os concellos socialistas da comarca nin a “nova Deputación de Pontevedra”, son exemplos a seguir para un goberno serio e responsable. “Afortunadamente para os habitantes do Salnés e da provincia, o goberno do PP na Xunta está nas antípodas do PSOE, tanto nas formas coma no exercicio das súas responsabilidades”, asegura Rodríguez Arias.

    A deputada popular lembra que desde o seu nomeamento, Torrado sempre preferíu o ruido mediático á defensa das propostas e iniciativas que realmente beneficien á comarca do Salnés. “Parece que agora ten que elevar a voz para reclamar atención, ainda que a realidade non coincide co que el promulga”.

    Do mesmo xeito sorprende que en Vilagarcía se fale de “chocar contra un muro” cando se fai referencia ao goberno da Xunta, xa que esa é precisamente a queixa máis extendida agora mesmo na cabeceira da comarca arousá, na que o alcalde socialista, Alberto Varela, é coñecido por facer unha política de “portas pechadas á cidadanía” e de non atender o que lle demandan os veciños.

    Por último, resaltar que os ataques infundados do PSOE na oposición chocan frontalmente cos datos e os feitos. A Xunta segue a demostrar o seu compromiso cos cidadáns, nesta e en todas as demais comarcas. A racionalización dos recursos existentes e a atención das distintas necesidades son o mellor aval do goberno de Alberto Núñez Feijóo, que ven de investir 9,3 millóns de euros na mellora e ampliación do Hospital do Salnés nos últimos 5 anos, o que supuxo o incremento dun 27% dos espazos e dotacións do centro vilagarcián. Ademais, o executivo galego ven de reforzar a súa aposta na Illa de Arousa cun investimento de 342.869 euros. “Ambos casos exemplifican que o PP non mira as cores que gobernan os distintos municipios, miran as necesidades dos veciños”, explica Marta Rodríguez, quen engade que “Torrado e o resto do PSOE terían que ser máis responsables e estudiar as cifras antes de criticalas”.

    A deputada popular pídelle a Torrado, “maior capacidade de autocrítica, maior responsabilidade e unha labor de oposición baseada nas propostas serias e realizables e non en difundir datos que non se corresponden coa realidade coa única fin de desprestixiar ao goberno que elixiron maioritariamente os galegos e galegas”.