Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ana Pastor di que o Eixo Atlántico é unha das iniciativas polas que máis orgullo senten, polo que supón para as conexións de Galicia

     

    • A candidata ao Congreso trasladouse de Pontevedra a Vigo no tren, acompañada por Alfonso Rueda e mozos e mozas de Novas Xeracións.
    • Sinala que este proxecto, xunto á conexión pola alta velocidade a Madrid, constituíron unha das grandes prioridades do Goberno do PP.

     

    Pontevedra, 10 de xuño de 2016.- A candidata número 1 do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, colleu esta tarde o Eixo Atlántico para trasladarse de Pontevedra a Vigo, acompañada polo presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, e mozos e mozas de Novas Xeracións da provincia.

    Ana Pastor salientou que esta é a iniciativa pola que máis orgullo senten, por todo o que supón para as conexións de Galicia. A candidata di que este proxecto, xunto á conexión pola alta velocidade con Madrid, constituíu unha das grandes prioridades do Goberno do PP durante os catro anos de lexislatura. “En lugar de perder o tempo con promesas, dedicámonos a traballar con determinación e dotar ao Eixo Atlántico de partidas nos orzamentos por 840 millóns de euros”, sinalou. Ademais, recordou que o anterior goberno se comprometeu a poñelo en servizo en 2012, pero a finais de 2011 aínda non se licitara sequera a superestrutura do tramo Vigo-Soutomaior.

    “Non nos gusta facer promesas baleiras. O noso mellor aval son os feitos”, destacou, e sinalou o Eixo Atlántico como unha das máis claras evidencias de que traballaron e tomaron as cousas en serio. Así, calificou como “todo un éxito” que desde a súa posta en marcha se superaran os 3,5 millóns de viaxeiros.

    “Sen dúbida, podemos falar dun antes e un despois nas conexións en Galicia desde a súa inauguración”. Pero entende que o que tamén vai supoñer un cambio para a comunidade é a súa conexión coa alta velocidade a Madrid en 2018. “O compromiso firme que adquirimos e que mantemos a día de hoxe é que o AVE chegue a Galicia nesa data”.

    Sobre a chegada do AVE a Galicia, Ana Pastor entende que esta é a comunidade na que “vai ter maior impacto, non só económico, tamén social”. Polo tanto, entende que “restituirá unha débeda histórica e nos devolverá as oportunidades que o PSOE nos prometeu pero que nunca materializou”. Recordou que os socialistas o prometeron por primeira vez en 1986 e criticou que trinta anos despois “se permitan o luxo de poñer en tela de xuízo a aposta de máis de 3.500 millóns do PP”.