Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • “A Conta Xeral 2017 evidencia que estamos ante un proxecto esgotado dun Alcalde canso”

    Tras coñecer o informe correspondente ás contas do pasado ano,

    • “O 60% dos investimentos proxectados para o pasado ano non se executaron. Nunca antes houbo tan baixa execución de investimentos”.
    • O Grupo Popular lembra que “a remodelación que fixo Lores no seu equipo non serviu de nada”. As dúas obras que están en marcha chegan con dous anos de atraso (se pagan co superávit de 2016) e as que se realizarán nos próximos meses serán cos cartos da Europa que Lores tanto critica.

     

    Pontevedra 10, agosto, 2018.- “A Conta Xeral correspondente ao pasado ano 2017 evidencia que estamos ante un proxecto esgotado”. Así o sinalou este venres o portavoz dos populares no Concello de Pontevedra, Rafa Domínguez, ao finalizar a Comisión de Economía e Facenda que preside.

    “O 60% dos investimentos proxectados para o pasado ano non se executaron. Nos case 20 anos que leva Lores como Alcalde de Pontevedra nunca antes houbo tan baixa execución de investimentos. Isto é un claro sinal de que estamos ante un Alcalde canso, sen iniciativas”, destacou o edil popular. “Nas parroquias non se fan investimentos porque di o BNG de Lores que non hai cartos. Cartos hai, pero non son capaces de facer investimentos”, engadiu.

    Ademais, os populares lembran que “a remodelación realizada por Lores no seu equipo de Goberno en abril de 2017 non serviu para nada”. “O caos continúa e os prexudicados, lamentablemente, son os veciños de Pontevedra”, manifestou Rafa Domínguez.

    As dúas obras que se atopan agora mesmo en marcha en Pontevedra (Virxe do Camiño e Cruz Vermella) se pagarán cos cartos non utilizados en 2016, proxectadas co superávit de ese ano e que chegan con dous anos de atraso. E as que se van a iniciar (Mercado, Gorgullón, Multiusos Xunqueira e ponte do Burgo) se realizan gracias aos cartos da Europa que Lores tanto critica. “Non hai obras novas e non hai iniciativa”, sentenciou o portavoz popular.

    O Grupo Popular votou en contra da Conta Xeral 2017 ao entender que “este non é o camiño a seguir” e porque estes datos prexudican única e exclusivamente aos pontevedreses.