Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • OS `ORZAMENTOS DA MENTIRA´: A COALICIÓN UDDL-PSOE COMEZA A MODIFICAR AS SÚAS CONTAS 15 DÍAS DESPOIS DE APROBALAS

    • Apenas dúas semanas despois de aprobar o documento, Manuel Carrera trasfire por decreto  169. 913,69  euros das partidas de persoal para destinalas a inversións

     

    O Porriño, 11 de agosto de 2018.-  Apenas 15 días despois da aprobación definitiva do Orzamento Municipal, a aprobación por decreto de dúas transferencias de crédito evidencia o que xa fora advertido polos populares:  os Orzamentos da coalición PSOE-UDDL son os `Orzamentos da Mentira´.

    A inmediatez destas modificacións  das contas, pon de manifesto que o executivo enganou aos corporativos e á cidadanía cuns orzamentos irreais, demostrando unha total falta de honestidade, transparencia e responsabilidade na xestión.  Dúas semanas despois de aprobar as contas en base a "concesións" imposibles de levar á práctica, Manuel Carrera disminúe "por decreto" as partidas de persoal.  De xeito totalmente arbitrario, e evidenciando unha vez máis a incoherencia deste Goberno Municipal incapaz de ser fiel ao que predica demostrando que as súas políticas que son pura fachada, retíranse 169. 913,69 euros das partidas destinadas a persoal vacante de vías e obras, persoal funcionario, complementos específicos, persoal laboral de biblioteca, persoal de promoción cultural, persoal de instalacións deportivas e plus de postos laborais para incrementar outras partidas. Concretamente este montante pasará a engrosar partidas para obras ou inversións que, se ben este grupo entende que son necesarias para O Porriño, non foron valoradas cando se presentaron as diferentes propostas dos grupos municipais, rexeitandose pola imposibilidade de reducción nas diferentes partidas orzamentarias. Agora, uns días despois da súa aprobación, sí se contemplan por valor de case 200.000 euros.

    As transferencias de crédito referidas ( 9/2018 e 10/2018 ) evidencian pois, que estas obras, servizos e subministros que noutro momento negaban alegando que non dispoñían de partida orzamentaria ou que o Partido Popular as bloqueaba, non se fixeron tan só por falta de vontade do Goberno Municipal.

    Dende o PP, censuran o irresponsable e improvisado comportamento do executivo de Eva García que está a sumir ao Concello do Porriño nun escenario económico moi preocupante e que tan só pode responder a dous motivos: ou non teñen capacidade política para xestionar a facenda local ou as súas contas realmente non cuadran e apostan por enganar á cidadanía e ao resto dos grupos polítcos para eludir a súa responsabilidade, ainda que esto supoña afundir a economía do Concello e, por tanto, da súa veciñanza.

    UNS ORZAMENTOS MUNICIPAIS IRREAIS PARA "SAIR DO PASO"

    A realidade coa que nos atopamos no Porriño foi dende un principio apuntada polo grupo municipal do Partido Popular, que tildou de ficticias as contas propostas pola coalición PSOE-UDDL. O "timo" ao resto dos grupos da corporación era evidente admitindo propostas sendo sabedores da imposibilidade de levalas a cabo, tan só para conseguir o respaldo suficiente para aprobar o documento o que supón un burdo engano á cidadanía.

    Así o Orzamento incluía as partidas que hoxe vacían, con conceptos de persoal "vacante". Xa por aquel entonces os populares advertiron da imposibilidade de convocar estes postos, solicitando que que este montante se destinaran ás diferentes propostas do seu grupo.  E é que, pese á campaña mediática e a manipulacion emprendida polo Goberno Municipal durante este proceso, o Partido Popular fixo o seu traballo e presentou unha batería de enmendas que incluían un Plan de Saneamento nas parroquias, melloras nos parques infantís, centros culturais e colexios, axudas a asociacións como Osílice, Afaga, rondallas de Atios e Pontellas, Asociación Castelo de Cans, Club de Ximnasia Rítmica Porriño, Cogami, Club Ciclista Spol, Aceesca, Amas de Casa Os Rosais ou as comunidades de montes de Budiño e Atios en base aos convenios das canteiras. Nincunha delas foron aceptadas polo bipartito UDDL-PSOE.

    Non sucede o o mesmo coas propostas dos grupos que avalaron as contas. Así, aceptáronse diferentes inversións que serían financiadas a través do Remanente de Tesoureria (como a de destinar un millón de euros á parroquia de Torneiros), cando sabían que este non podería ser utilizado a tal fin ao incumplir este Goberno en 2017 a Regra de Gasto (por gastar máis do permitido) e incumprir o Periodo Medio de Pago a provedores, sabendo ademais o executivo que contaba cos case tres millóns de euros en facturas devoltas e pendientes de pago.

    UDDL e PSOE aceptaron tamén a enmenda, condición dunha concelleira para aprobar as contas, que propoñía a subvención nominativa a un club deportivo por valor de 45.000 euros sendo sabedores de que a directiva estaba conformada pola devandita concelleira (presidenta) e o seu núcleo familiar.

    Dixeron si tamén á proposta de creación dunha "Empresa Pública" para levar a cabo os servizos municipais, tendo advertido o Técnico Municipal que se trataba dun Imposible Xurídico, por tanto irrealizable.  O fraude á veciñanza neste senso aumenta se cabe ao destinar primeira vez na historia do Porriño unha partida de 600.000 euros para Limpeza Viaria e 250.000 euros para desbroces, ao tempo que levaban a pleno a privatización destes servizo. Mentres propoñen a privatización destes servizos continúan a entrar facturas por desbroces realizados en 2017 e solicitan a contratación persoal a tales efectos a través de diferentes subvencións da Deputación e a Xunta. Cabe destacar neste senso, que parte da lista electoral de UDDL, que encabeza Manuel Carrera, están a traballar nas empresas  que prestan estes servizos de desbroces ou son propietarios das mesmas, así como familiares de membros da candidatura.

    Súmase tamén ao gasto da coalición unha nova contratación de Persoal Eventual de Confianza por un importe de 39.000 euros ou o destinado a festexos (668.526,79 €), que duplica ao de 2015 (335.000 €).

    E neste contexto, O Porriño continúa coas empresas e provedores sen cobrar polos traballos feitos, as Asociacións sen recibir as súas achegas, o persoal sen que lles sexan aboadas as horas realizadas  ou asistencias xudiciais dos anos 2016,2017 e 2018 -como acontece coa Policía Local-  e cos traballadores municipais denunciando a discriminación que están a padecer sen ser escoitados nin atendidas as súas reclamacións.