Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda: “xa non hai escusas nin caretas, quedaron claras as intencións e pretensións de cada un”

    No mitin comarcal do Salnés que se celebrou en Sanxenxo

    • Ana Pastor recorda que a provincia “foi unha prioridade para o Ministerio de Fomento e o seguirá sendo”.
    • “O goberno do PP é unha garantía de estabilidade, de certeza, de progreso, de unidade e de igualdade de todos os españois”, destaca a candidata popular.

     

    Sanxenxo, 11 de xuño de 2016.- O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, destacou hoxe en Sanxenxo que aínda que pareza que todo volve ser igual e que a historia se repite, as cartas empezaron a destaparse tan pronto se coñeceron os resultados das eleccións de decembro, polo que “hoxe xa non hai escusas nin caretas, todos sabemos que se esconde detrás de cada partido e quedaron claras as intencións e pretensións de cada un”.

    Foi durante o mitin comarcal do Salnés, no que tamén participaron o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, así como a candidata número un ao Congreso, Ana Pastor. Para Rueda o 26 de xuño xógase o futuro de España, “porque catro anos na xestión dun país son vitais, pero cando estamos no camiño da recuperación e do crecemento, cando houbo que facer tantos sacrificios para chegar a onde estamos, tirar pola borda todo o que levamos avanzado é un gran erro”.

    A candidata número un ao Congreso por Pontevedra, Ana Pastor, sinalou que os votantes do Partido Popular saben moi ben onde os van atopar, “que é onde estivemos sempre, con Galicia e cos galegos, e con España e cos españois”. Nesta liña dixo que quen valora dar o seu voto a outras opcións políticas, “a pouco que poidan conseguilo, volverán a poñer en marcha a maquinaria do sectarismo e dos cinturóns sanitarios anti-PP”. E como exemplo, falou da situación de Sanxenxo, “que si non é un fronte anti-PP se lle parece”.

    Fronte a eles, Ana Pastor situou ao goberno do PP como “unha garantía de estabilidade, de certeza, de progreso, de unidade e de igualdade de todos os españois”.

    A popular puxo en valor todos os investimentos realizados por Fomento durante estes catro anos, nos que “estivo volcado” con Galicia. “Pontevedra foi unha prioridade para o Ministerio de Fomento e o seguirá sendo”, resaltou Pastor durante a súa intervención, e recordou que só na provincia a dotación orzamentaria foi de 1.665 millóns de euros. Por esta razón, amosouse confiada de que “valorarán o esforzo que estamos facendo”, así como a “aposta irrenunciable polos investimentos produtivos, que son os que teñen maior retorno social e económico, en termos de vertebración, de cohesión e de xeración de emprego”.