O PP de Caldas pídelle ao Goberno local que faga todo o posible para evitar a marcha de Lúa Piñeiro
- Os populares solicítanlle ao Goberno local que habilite os medios necesarios para o patrocinio da deportista caldense
- “O noso grupo municipal vai prestar todo o seu apoio ao goberno local para que leve adiante esta proposta de patrocinio da carreira deportiva de Lúa Piñeiro porque o merece ela e porque os nosos veciños estarán de seguro orgullosos de que así sexa, entroutras cousas porque esta vila non se pode permitir a súa marcha”, manifestou o voceiro do Grupo Municipal e deputado autonómico, Jesús Goldar.
Caldas de Reis, 10 de setembro de 2010.- O Partido Popular de Caldas de Reis vai promover unha iniciativa durante o transcurso do vindeiro pleno ordinario en relación co patrocinio da carreira de Lúa Piñeiro, deportista caldense de alta competición na modalidade de Tae Kwon Do. Así o manifestou o concelleiro do Grupo Municipal do PP, Jesús Goldar, para quen “esta vila non se pode permitir que Lúa Piñeiro se vexa na obriga de cambiar de residencia por non teres aquí patrocinios suficientes para continuar a súa brillante carreira deportiva”.
A xuízo do voceiro popular “esta deportista caldense de máximo prestixio, que proxecta por onde vai a imaxe do nosa vila, ten que ser protexida e impulsada polo Concello de Caldas de Reis porque é unha destacada competidora que está a obter importantísimos premios de carácter nacional e internacional, sendo unha excepcional embaixadora da nosa localidade”.
Por todo isto, en palabras de Goldar, “a institución máis importante de Caldas de Reis, que é o seu Concello, ten que evitar que Lúa Piñeiro se vexa na obriga de marchar a Madrid, Vigo ou Vilagarcía, gobernos que xa lle ofreceron o seu patrocinio a cambio de que mude a súa residencia”.
O PP de Caldas denuncia novamente a absoluta deixadez do goberno local cos vertidos directos ao río Umia
- O PP de Caldas de Reis esixe de novo ao Goberno local que poña fin ao vertido directo ao río Umia que leva meses sen control no paseo da Tafona e esixirá que sexa o alcalde quen pague do seu peto as sancións que se poidan impoñer pola súa neglixencia
- “De novo este grupo municipal ten a obriga de denunciar publicamente un novo vertido directo ao Río Umia no Paseo da Tafona que este goberno local non é de solventar pese a levar meses sen control”, dixo hoxe o voceiro do Grupo Municipal e deputado autonómico, Jesús Goldar.
Caldas de Reis, 9 de setembro de 2010.- O Partido Popular de Caldas de Reis ven de denunciar no día de hoxe un novo vertido directo ao Río Umia, no casco urbano da localidade, que “leva semanas descontrolado e sen que polo goberno local se faga absolutamente nada para impedilo”, en palabras do voceiro municipal e deputado autonómico Jesús Goldar.
“De novo este grupo municipal ten a obriga de denunciar publicamente un novo vertido directo ao Río Umia no Paseo da Tafona que este goberno local non é de solventar”, manifestou o portavoz caldense que engadiu do mesmo xeito que “o goberno local socialista non se entera de nada; este vertido leva semanas no mesmo sitio sen que por parte do goberno local se tomen as medidas acaídas para que remate dunha vez”.
A xuízo do voceiro caldense “logo este alcalde e o seu goberno poñen o grito no ceo cando Augas de Galicia abre expedientes sancionadores ao concello por vertidos que non se paran e nós preguntámonos con que pouca vergoña se pode dicir iso e ao mesmo tempo non facer nada para previlos e, cando se producen, tampouco se fai nada para eliminalos”, concluíu Goldar Güimil.
O PP de Salceda de Caselas denuncia a actuación do goberno local ante o incumprimento da seguridade vial
- Abertas as rúas centrais despois das obras non se colocaron ningún tipo de sinalización, o que está a provocar graves problemas circulatorios
Salceda de Caselas, 9 de septiembre de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas amosa a súa preocupación ante o caos circulatorio creado no centro da vila por mor da falta de sinalización nas rúas centrais, Avenida de Galicia, Joaquín Fernández Sestelo e Victoriano Pérez, unha vez abertas ao tráfico tralas obras correspondentes ao proxecto de humanización.
Dende o PP aseguran que non existe ningunha sinal que indique o “stop” na rúa Brasil para a incorporación á Avenida de Galicia, tampouco outra de dirección prohibida na rúa Fernández Sestelo nin a que indique a prohibición de xirar á esquerda na Avenida de Galicia cara á rúa Brasil. “Estas rúas foron abertas o domingo pola noite e a día de hoxe non existe ningún tipo de sinalización para que os conductores poidan circular de xeito adecuado, polo que se están a provocar graves atrancos e as consecuencias poden chegar a ser máis extremas”, explica o presidente do PP local Santiago Rodríguez Davila. “Estamos, novamente, ante unha falta de organización e coordinación do Goberno local que está a dar pé a un grave problema de seguridade vial”, conclúe.
O PP de Rodeiro pregúntase qué intenta ocultar Vence no estado de contas do concello para negarse a facilitar esta información tantas veces
- Ante as reticencias que o Goberno local ten para facilitar información sobre a situación actual das arcas municipais
- A intención do Partido Popular é coñecer o estado das partidas orzamentarias, “porque non nos fiamos nin do actual equipo de goberno nin da súa actitude derrochadora”, aseguran desde o PP
- López afirma que o PP vai presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo
- O PP insta ao BNG a que esixa de inmediato a realización da autoría á que se comprometeron hai un ano, cando se asinou o pacto co PSOE
Rodeiro, 9 de setembro de 2010. – O PP de Rodeiro pregúntase que intenta esconder o alcalde do municipio, o socialista José Vence, ao negarse a facilitar en varias ocasións o estado das partidas orzamentarias. “Unha información pública e que debería estar ao alcance da oposición, para poder exercer con garantías as funcións que lle corresponden”, aseguran desde o PP.
O voceiro dos populares, Luís López, afirma que a intención do Partido Popular é coñecer o estado das partidas orzamentarias, “porque non nos fiamos nin do actual equipo de goberno nin da súa actitude derrochadora, a intención non é saber en que se gasta o diñeiro porque iso xa o sabemos coas actas da Xunta de Goberno local, o único que pretendemos é coñecer a situación actual das arcas municipais”.
A desconfianza dos populares nace ante as reticencias que Vence tivo, xa no 2009, a facilitar as contas do concello. Este feito puxo en preaviso ao PP local, xa que “nesa ocasión intentábase ocultar a débeda que o concello de Rodeiro tiña cos proveedores, e que continúa, por certo, na actualidade”.
- O Partido Popular de Salceda de Caselas peregrina á Franqueira
- O PP de Redondela insta ao Goberno Local a que acometa as súas responsabilidades e cumpra as normativas vixentes
- O PP de Redondela denuncia a situación dos veciños de Chapela que se senten indefensos e abandonados polo Goberno Local
- Os grupo popular redondelán convida aos seus afiliados e simpatizantes ao inicio do novo curso político
- O PP de Caldas comezará unha rolda de contactos coas diferentes asociacións culturais e veciñais do municipio
- O PP de Rodeiro esixe a reapertura inmediata da piscina municipal despois de que pechara de maneira anticipada
- Louzán afirma que o PP afronta o novo curso político coa vista posta nas eleccións do 2011, nas que vai propor “alternativas fortes e cun rumbo claro”
- O PP de Vilagarcía considera que as directrices de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, conseguirán para Vilagarcía o que os socialistas perderon en 20 anos de Goberno local
- O PP de Caldas xustifica a súa xestión ante Augas de Galicia e insiste en que o alcalde non trasladou as demandas dos veciños afectados como era a súa obriga
- O PP de Rodeiro acusa a Vence de consentir “prácticas caciquís”
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Setembro 2010 | > | » |
| L | M | M | X | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




