Parlamento de Galicia
1.-Alberto Núñez Feijóo

- Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela
- En 1985 ingresou por oposición na Administración autonómica de Galicia como membro do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta.
- En xullo do 1991 foi nomeado secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandeiría e Montes.
- Desde 1992 a 1996 foi vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde.
- En 1996 foi nomeado secretario xeral de Asistencia Sanitaria no Ministerio de Sanidad y Consumo, cargo que ocupou ata 2000.
- En 2000 accedeu ao cargo de director do Instituto Nacional de Salud, Insalud.
- Entre maio do 2000 e xuño do 2001 exerceu de conselleiro-director xeral da entidade pública empresarial Correos e Telégrafos e desde xuño do 2001 ata xaneiro do 2003 foi presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A.
- Foi nomeado conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 18 de xaneiro de 2003 e vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia o 10 de setembro do 2004, cargos que desempeñou ata 2005.
- Foi elixido presidente do PPdeG en xaneiro de 2006, no XIII Congreso Rexional do Partido.
- Na actualidade é presidente da Xunta de Galicia, cargo do que tomou posesión o 18 de abril de 2009.
2.-Pilar Rojo Noguera

- Nacida en 1960.
- É licenciada en arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, nas especialidades de Edificación e Urbanismo.
- Diploma de Directivo da Xunta de Galicia e de Alta Dirección do Instituto Nacional de Administración Pública.
- Funcionaria do Corpo de Arquitectos da Facenda Pública, exerceu de arquitecta-xefa e inspectora-xefa da Área urbana do Catastro na Delegación Provincial de Economía e Facenda en Pontevedra entre os anos 1990 e 1996.
- En 1996 foi nomeada delegada provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia en Pontevedra, cargo que desempeñou ata 2001.
- Desde 2003 ata 2005 foi conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.
- En 2001 foi elixida deputada autonómica pola provincia de Pontevedra, revalidando a súa acta de deputada nos comicios de 2005 e de 2009.
- En 2009 foi nomeada presidenta do Parlamento de Galicia, cargo que desempeña na actualidade.
3.-Ignacio López-Chaves Castro

- Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Avogado e Profesor de Dereito Civil da Universidade de Vigo
- Portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Popular de Galicia durante a última lexislatura.
- Deputado do PPdeG no Parlamento de Galicia da última lexislatura
- Concelleiro de Cultura, Patrimonio Histórico e Educación do Concello de Vigo durante os anos 2003-2007
- Secretario Xeral do Consello Social da Universidade de Vigo durante os anos 1997-2004
- Secretario da Comisión de Secretarios dos Consellos Sociais das Universidades Públicas españolas durante os anos 2001-2004
4.-Marta Rodríguez Arias

- Diplomada en Relacións Laborais pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Foi asesora da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dende 2001a 2005.
- En 1988 foi elixida concelleira en Vilagarcía de Arousa.
- Presidenta Provincial de Novas Xeracións de Pontevedra.
- Secretaria Local do PP de Vilagarcía de Arousa.
5.-José Fervenza Costas

-
Industrial do Sector da Construcción e Promoción de vivendas .
-
Presidente da Asociación de Empresarios de Moaña.
6.-José Carlos López Campos
- Nacido o 22 de marzo de 1974 na Estrada.
- Estudou Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela.
- En 1996 inicia a súa carreira profesional na sucursal de La Caixa na Estrada e no mesmo ano accede ao cargo de subdirector desta entidade na sucursal de Caldas de Reis.
- En 2005 regresa a A Estrada como director da oficina de La Caixa neste concello.
- No ámbito político, entra a formar parte das listas do PP nas eleccións municipais de 2003, converténdose en concelleiro de Industria e Comercio, responsabilidade que desempeña ata 2007.
- En 2007 convértese en voceiro do Grupo Municipal do PP na Estrada, compatibilizado este cargo co de secretario do partido nesta localidade.
- En 2009 é elixido deputado autonómico pola provincia de Pontevedra, cargo que desempeña na actualidade.
7.-Román Rodríguez González

- Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela, dende o ano 2001, no Área de Análise Geográfica Rexional.
- Licenciado en Xeografía e Historia (Xeografía Aplicada), pola Universidade de Santiago en xuño de 1991, con Premio Extraordinario.
- Licenciado con grao por la Universidade de Santiago con calificación de Sobresaliente, obtido o 28 setembro de 1992
- Master en Desenvolvemento Local, outorgado polo IDEGA (Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia) da Universidade de Santiago, 1993
- Doutor en Xeografía, dentro do programa “Análise territorial e organización do espacio en Galicia”, con calificación Apto cun Laudem, obtido ol 19 de outubro de 1996.
8.-Marta Valcarcel Gómez

- Nacida en Outubro de 1980
- É licenciada en Ciencias Económicas, na rama de Economía Internacional pola Universidade de Vigo.
- En 2007, entrou a formar parte das listas do PP ás eleccións municipais no concello de Salvaterra de Miño, sendo elixida concelleira.
- Desde ese ano, exerce como primeira Tenente de alcalde do Concello de Salvaterra e concelleira de Servicios Sociais, Cultura, Educación, Muller, Xuventude e Medio Ambiente.
- En 2009 resultou elixida deputada autonómica pola provincia de Pontevedra, tras presentarse aos comicios como nº 10 do PP por esta provincia.
9.-Alejandro Gómez Alonso

- Estudios de Dereito.
- Foi Presidente de Novas Xeracións de Galicia
- Actualmente é Deputado autonómico e foi Secretario Executivo de Organización do PPdeG ata a celebración do XIII Congreso Rexional do Partido.
10.-Rosa Oubiña Solla

- Nacida en Cambados o 25 de xullo de 1961.
- Cursou estudos de Dereito na UNED e de Capacitación Agraria
- Desenvolveu a súa labor profesional como comercial de produtos fitosanitarios.
- Foi tenente de alcalde e concelleira-delegada de Cultura, Muller e Servizos Sociais no concello de Cambados.
- En febreiro de 2008 tomou posesión como deputada autonómica, renovando a súa acta de deputada en 2009.
11.-Jesús Goldar Güimil

- Nacido o 6 de outubro de 1972, realizou estudos de Dereito na UNED e na Facultade de Dereito de A Coruña.
- É administrador entidade mercantil “Goldar-Güimil, SL” dedicada ao asesoramento administrativo e inmobiliario dende 2003.
- Socio fundador da Asesoría integral administrativa ”Goldar-Güimil, S.L.L." especializada en asuntos notariais, rexistrais e inmobiliarios dende 2000.
- Entre 1992 e 1995 foi responsable do Departamento de Extranxeiría e Materias Auxiliares na empresa Clavo Congelados.
- Foi correspondente de El Correo Gallego en Caldas de Reis dende 1989 ata 1994.
- Na actualidade é voceiro do grupo municipal popular en Caldas de Reis e Parlamentario autonómico.
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




