Comité de dirección

Presidente
Rafael Louzán Abal
Rafael Louzán Abal
Rafael Louzán Abal
  • Naceu o 21 de novembro de 1967 en Ribadumia (Pontevedra)
  • Iniciou a súa actividade profesional como funcionario do Concello de Ribadumia, labor que combinou coa actividade empresarial.
  • A súa carreira política inicia como militante de base do PP en Ribadumia, desde onde, en 1995, entra a formar parte da candidatura do PP ás eleccións municipais. Tras obter esta formación a maioría absoluta, é nomeado tenente de Alcalde do Concello de Ribadumia
  • Ese mesmo ano, toma posesión como deputado provincial en representación da Comarca do Salnés e un ano máis tarde, en 1996 é nomeado vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra.
  • En 1998 é designado secretario provincial de Organización do PP en Pontevedra.
  • Dous anos máis tarde, en 2000,  resultou elixido presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra, no XII Congreso Provincial desta formación.
  •  Na mesma data, pasa a ser membro do Comité Executivo do PPdeG  e é nomeado membro da Directiva Nacional do Partido Popular.
  • No ano 2002 é reelixido presidente provincial do PP. O seu traballo ao fronte do PP provincial outórgalle cada día unha maior confianza dos afiliados e militantes que en 2004 volven a outorgarlle a súa confianza.
  • En 2003, tras presentarse novamente nas listas do PP de Ribadumia ás eleccións municipais, voilve ser elidido concelleiro e o 12 de xullo dese mesmo ano asume o cargo de presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, cargo que repite no 2007 para o periodo 2007-2011.
  • En novembro de 2009, e por cuarta vez consecutiva, resulta reelixido por presidente provincial do PP en Pontevedra co apoio de preto do 98% dos compromisarios participantes no XV Congreso do PP
     
Begoña Estévez Bernárdez
  • Nacida en 1969
  • É licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Centro de Estudios Universidad San Pablo CEU (1987-1992).
  • Posúe unha ampla formación en Dirección e Organización de Recursos Humanos, entre a que figura un máster e a diplomatura pola Escola de Negocios Caixavigo.
  • É técnico de Administración Xeral e funcionaria de carreira da Deputación Provincial de Pontevedra desde 1994.
  • Desenvolveu a súa labor no Servizo de RRHH do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
  • Entre 2003 e 2006 realizou funcións de Técnico de Administración Xeral na Unidade de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
  • Desde o 1 de febreiro de 2008 ata a actualidade, desempeña funcións de Adxunto ao xefe de Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Desde novembro de 2009 é secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra
José Manuel Figueroa Vila
José Manuel Figueroa Vila
José Manuel Figueroa Vila
  • Nacido en 1963.
  • En 1987 forma parte das listas do PP ao concello de Vigo, e accede á Corporación Municipal como concelleiro, posto que revalida nas posteriores convocatorias electorais ata a actualidade.
  • Entre 1992 e 1995 foi Asesor da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia
  • Entre 1995 e 1999 foi concelleiro de Deportes, Comercio e Turismo
  • Entre 2001 e 2003 exerceu como voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Vigo e entre 2003 e 2007 foi primeiro tenente de Alcalde, edil de Urbanismo e Medioambiente e voceiro do Goberno Municipal.
  • Actualmente, é Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, encargado da área económica e presidente do Patronato de Turismo Rías Baixas, ademáis de voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Vigo.
  • Tamén é secretario xeral do Partido Popular de Vigo, vicepresidente provincial do Partido Popular de Pontevedra y vicesecretario xeral do PPdeG
Xosé Crespo Iglesias
Xosé Crespo Iglesias
 Xosé Crespo Iglesias
  • Naceu en Lalín en 1960.
  • Estudou no Seminario de Lugo e, posteriormente, cursou estudos na área de Filoloxía na Universidade de Santiago
  • Cofundador e presidente da cooperativa Aprodeza.
  • Impulsor de diversas iniciativas encamiñadas á modernización da Administración Local, como a realización dun estudo técnico sobre a fusión de municipios (Os concellos galegos para o século XXI ).
  • Iniciou a súa carreira política como pedáneo de Xaxán e ocupou diversas concellerías dende 1987 ata que, en 1990 e con tan só 30 anos, accedeu á Alcaldía de Lalín, converténdose naquel entón no rexedor municipal máis novo de Galicia.
  • Desde 1999 é vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Entre o 4 de decembro de 2003 e o 22 de novembro de 2007 foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
  • Na IX Asamblea Xeral da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) celebrada en 2007, foi elixido membro da Comisión Executiva deste organismo.
  • Dentro do Partido Popular, é secretario comarcal de Deza e, desde hai anos, vén desempeñando diversos cargos a nivel provincial (como membro dos comités Executivo e de Dirección) e autonómico (como vicesecretario e membro do Comité Executivo Rexional).
  • Foi coordinador da campaña electoral para os comicios autonómicos de 2005 e no XIII Congreso celebrado os días 14 e 15 de xaneiro de 2006 foi nomeado secretario de Organización do PPdeG. Na actualidade, e logo do último congreso do PPdG celebrado no mes de maio, ocupa a secretaría do Medio Rural.
  • Nas eleccións municipais de 2007 obtivo a porcentaxe de voto máis elevada (58,49%) obtida por calquera partido nos concellos de máis de 20.000 habitantes.

 

Jose Enrique Sotelo Villar
Jose Enrique Sotelo Villar
Jose Enrique Sotelo Villar
José Juan Durán Hermida
José Juan Durán Hermida
José Juan Durán Hermida
Jacobo Moreira Ferro
  • Naceu en Santiago de Compostela en 1973.
  • É licenciado en dereito e avogado de profesión.
  • Secretario xeral da Xunta Local do PP de Pontevedra.
  • Desde maio de 2007 é concelleiro polo PP no concello de Pontevedra, onde ocupa o cargo de Viceportavoz do Grupo Municipal do PP.
  • Nas eleccións xerais de 2008 concurriu como Suplente nº 1 na candidatura do PP por Pontevedra ao Congreso dos Deputados.
  • Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia formou parte da lista do PP pola provincia de Pontevedra.
  • É membro da Xunta Local Provincial de Pontevedra.
  • É membro do Comité Executivo e do Comité de Dirección do PP provincial de Pontevedra.
  • Membro do Comité das Cidades do PP de Galicia.
Rosa Oubiña Solla
Rosa Oubiña Solla
Rosa Oubiña Solla
  • Nacida en Cambados o 25 de xullo de 1961.
  • Cursou estudos de Dereito na UNED e de Capacitación  Agraria
  • Desenvolveu a súa labor profesional como comercial de produtos fitosanitarios.
  • Foi tenente de alcalde e concelleira-delegada de Cultura, Muller e Servizos Sociais no concello de Cambados.
  • En febreiro de 2008 tomou posesión como deputada autonómica, renovando a súa acta de deputada en 2009.
Marta Valcarcel Gómez
Marta Valcarcel Gómez
Marta Valcarcel Gómez
  • Nacida en Outubro de 1980
  • É licenciada en Ciencias Económicas, na rama de Economía Internacional pola Universidade de Vigo.
  • En 2007, entrou a formar parte das listas do PP ás eleccións municipais no concello de Salvaterra de Miño, sendo elixida concelleira.
  • Desde ese ano, exerce como primeira Tenente de alcalde do Concello de Salvaterra e concelleira de Servicios Sociais, Cultura, Educación, Muller, Xuventude e Medio Ambiente.
  • En 2009 resultou elixida deputada autonómica pola provincia de Pontevedra, tras presentarse aos comicios como nº 10 do PP por esta provincia.
Jesús Vazquez Almuiña
  • Naceu en Baiona, en 1962.
  • É licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Unidade Docente de Segovia (1994-1996).
  • Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.
  • Experto Universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid.
  • No ámbito profesional, exerceu como médico do Servicio de Urxencias do Policlínico Vigo S.A. (POVISA), desde 1988 a 1990, e desde 1991 a 1994 foi médico do Servizo de Vixianzia Intensiva do mesmo centro.
  • Entre 1994 e 1996 exerceu como médico-residente de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia.
  • En 1997 foi nomeado xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes de POVISA e ese mesmo ano comezou a exercer o cardo de coordinador dos Servicios de Arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente do dito Centro, ata xuño de 1998.
  • En xullo de 1998 entrou a formar parte do plantel do Hospital Meixoeiro de Vigo como médico do Servizo de Admisión do Hospital Meixoeiro de Vigo, e en maio de 1999 foi nomeado coordinador do Servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente deste centro, cargo que desempeñou ata xaneiro de 2001.
  • Designado director-xerente do Hospital Meixoeiro en xaneiro de 2001, permaneceu neste posto ata setembro de 2003, cando foi nomeado director provincial do SERGAS en Pontevedra, cargo que desempeñou ata novembro de 2004.
  • Na actividade política, é deputado provincial desde xuño de 2003 e alcalde de Baiona desde novembro de 2004.
  • Membro da Executiva do PP de Galicia desde abril do 2005.
     

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar