Deputación Provincial

Rafael Louzán Abal
Rafael Louzán Abal
Rafael Louzán Abal
  • Naceu o 21 de novembro de 1967 en Ribadumia (Pontevedra)
  • Iniciou a súa actividade profesional como funcionario do Concello de Ribadumia, labor que combinou coa actividade empresarial.
  • A súa carreira política inicia como militante de base do PP en Ribadumia, desde onde, en 1995, entra a formar parte da candidatura do PP ás eleccións municipais. Tras obter esta formación a maioría absoluta, é nomeado tenente de Alcalde do Concello de Ribadumia
  • Ese mesmo ano, toma posesión como deputado provincial en representación da Comarca do Salnés e un ano máis tarde, en 1996 é nomeado vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra.
  • En 1998 é designado secretario provincial de Organización do PP en Pontevedra.
  • Dous anos máis tarde, en 2000,  resultou elixido presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra, no XII Congreso Provincial desta formación.
  •  Na mesma data, pasa a ser membro do Comité Executivo do PPdeG  e é nomeado membro da Directiva Nacional do Partido Popular.
  • No ano 2002 é reelixido presidente provincial do PP. O seu traballo ao fronte do PP provincial outórgalle cada día unha maior confianza dos afiliados e militantes que en 2004 volven a outorgarlle a súa confianza.
  • En 2003, tras presentarse novamente nas listas do PP de Ribadumia ás eleccións municipais, voilve ser elidido concelleiro e o 12 de xullo dese mesmo ano asume o cargo de presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, cargo que repite no 2007 para o periodo 2007-2011.
  • En novembro de 2009, e por cuarta vez consecutiva, resulta reelixido por presidente provincial do PP en Pontevedra co apoio de preto do 98% dos compromisarios participantes no XV Congreso do PP
     
Presidente
José Manuel Figueroa Vila
José Manuel Figueroa Vila
José Manuel Figueroa Vila
  • Nacido en 1963.
  • En 1987 forma parte das listas do PP ao concello de Vigo, e accede á Corporación Municipal como concelleiro, posto que revalida nas posteriores convocatorias electorais ata a actualidade.
  • Entre 1992 e 1995 foi Asesor da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia
  • Entre 1995 e 1999 foi concelleiro de Deportes, Comercio e Turismo
  • Entre 2001 e 2003 exerceu como voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Vigo e entre 2003 e 2007 foi primeiro tenente de Alcalde, edil de Urbanismo e Medioambiente e voceiro do Goberno Municipal.
  • Actualmente, é Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, encargado da área económica e presidente do Patronato de Turismo Rías Baixas, ademáis de voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Vigo.
  • Tamén é secretario xeral do Partido Popular de Vigo, vicepresidente provincial do Partido Popular de Pontevedra y vicesecretario xeral do PPdeG
Vicepresidente. Deputado delegado de economía facenda e turismo
Xosé Crespo Iglesias
Xosé Crespo Iglesias
 Xosé Crespo Iglesias
  • Naceu en Lalín en 1960.
  • Estudou no Seminario de Lugo e, posteriormente, cursou estudos na área de Filoloxía na Universidade de Santiago
  • Cofundador e presidente da cooperativa Aprodeza.
  • Impulsor de diversas iniciativas encamiñadas á modernización da Administración Local, como a realización dun estudo técnico sobre a fusión de municipios (Os concellos galegos para o século XXI ).
  • Iniciou a súa carreira política como pedáneo de Xaxán e ocupou diversas concellerías dende 1987 ata que, en 1990 e con tan só 30 anos, accedeu á Alcaldía de Lalín, converténdose naquel entón no rexedor municipal máis novo de Galicia.
  • Desde 1999 é vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Entre o 4 de decembro de 2003 e o 22 de novembro de 2007 foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
  • Na IX Asamblea Xeral da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) celebrada en 2007, foi elixido membro da Comisión Executiva deste organismo.
  • Dentro do Partido Popular, é secretario comarcal de Deza e, desde hai anos, vén desempeñando diversos cargos a nivel provincial (como membro dos comités Executivo e de Dirección) e autonómico (como vicesecretario e membro do Comité Executivo Rexional).
  • Foi coordinador da campaña electoral para os comicios autonómicos de 2005 e no XIII Congreso celebrado os días 14 e 15 de xaneiro de 2006 foi nomeado secretario de Organización do PPdeG. Na actualidade, e logo do último congreso do PPdG celebrado no mes de maio, ocupa a secretaría do Medio Rural.
  • Nas eleccións municipais de 2007 obtivo a porcentaxe de voto máis elevada (58,49%) obtida por calquera partido nos concellos de máis de 20.000 habitantes.

 

Vicepresidente. Deputado delegado de Infraestructuras e servizos xerais
María Teresa Pedrosa Silva
María Teresa Pedrosa Silva
María Teresa Pedrosa Silva
Vicepresidenta. Deputada delegada de Benestar Social e Muller
José Juan Durán Hermida
José Juan Durán Hermida
José Juan Durán Hermida
Vicepresidente. Deputado delegado de Cultura
Jose Enrique Sotelo Villar
Jose Enrique Sotelo Villar
Jose Enrique Sotelo Villar
Deputado de Deportes e Xuventude
Jose Balseiros Guinarte
Deputado delegado de desenvolvemento agrogandeiro
Severino Reguera Varela
Deputado delegado de Medio Ambiente
Carlos Silva Mariño
Deputado delegado de Promoción Económica , Emprego e comercio
Jesús Vazquez Almuiña
  • Naceu en Baiona, en 1962.
  • É licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Unidade Docente de Segovia (1994-1996).
  • Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.
  • Experto Universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid.
  • No ámbito profesional, exerceu como médico do Servicio de Urxencias do Policlínico Vigo S.A. (POVISA), desde 1988 a 1990, e desde 1991 a 1994 foi médico do Servizo de Vixianzia Intensiva do mesmo centro.
  • Entre 1994 e 1996 exerceu como médico-residente de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia.
  • En 1997 foi nomeado xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes de POVISA e ese mesmo ano comezou a exercer o cardo de coordinador dos Servicios de Arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente do dito Centro, ata xuño de 1998.
  • En xullo de 1998 entrou a formar parte do plantel do Hospital Meixoeiro de Vigo como médico do Servizo de Admisión do Hospital Meixoeiro de Vigo, e en maio de 1999 foi nomeado coordinador do Servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente deste centro, cargo que desempeñou ata xaneiro de 2001.
  • Designado director-xerente do Hospital Meixoeiro en xaneiro de 2001, permaneceu neste posto ata setembro de 2003, cando foi nomeado director provincial do SERGAS en Pontevedra, cargo que desempeñou ata novembro de 2004.
  • Na actividade política, é deputado provincial desde xuño de 2003 e alcalde de Baiona desde novembro de 2004.
  • Membro da Executiva do PP de Galicia desde abril do 2005.
     
Deputado delegado de Réxime Interior e Persoal
Salvador Gonzalez Solla
Deputado
Jesús Mª Fernández Portela
Deputado delegado de desenvolvemento industrial, urbanismo e vivenda
Francisca Canal Gómez
Francisca Canal Gómez
Francisca Canal Gómez
Deputada delegada do Maior e do Centro Príncipe Felipe
Perfecto Rodriguez Muiños
Perfecto Rodriguez Muiños
Perfecto Rodriguez Muiños
  • Naceu en Ponte Caldelas en 1969.
  • É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e completou a súa formación con diversos cursos, entre os que figuran un Curso Superior de Urbanismo organizado pola EGAP, o Curso de Práctica Xurídica impartido pola UNED en colaboración co Colexio de Avogados de Pontevedra en 1992-1993 e a participación en varios seminarios e xornadas de temática Urbanística e Administrativa.
  • No ámbito laboral, iniciou a súa labor profesional como letrado do Colexio de Avogados de Pontevedra, onde exerceu dende 1992 ata 2004.
  • Desde 1998 a 2003 foi, ademais, asesor xurídico de XESTUR PONTEVEDRA.
  • A súa actividade política iníciase como concelleiro do Partido Popular no equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas dende maio de 1995.
  • Dende 1999 a 2002 desempeñou a labor de primeiro Tenente de Alcalde e concelleiro de Urbanismo no Concello de Ponte Caldelas, asumindo a Alcaldía en funcións en febreiro de 2002 por enfermidade do anterior alcalde.
  • Desde maio de 2003 é alcalde de Ponte Caldelas.
  • Foi vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra dende novembro de 2003 ata novembro de 2005, e vicepresidente 1º da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) así como portavoz do PPdeG no dito órgano dende novembro de 2007 ata a actualidade.
     
Deputado

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar