Comité dirección -
Rafael Louzán Abal Nacido o 21 de novembro de 1967 en Ribadumia (Pontevedra), está casado e ten dous fillos. Funcionario do Concello de Ribadumia, compaxinou esta labor coa súa actividade empresarial. En 1995 entra a formar parte da candidatura do PP ás eleccións municipais e, tras obter esta formación a maioría absoluta, é nomeado tenente de Alcalde do Concello de Ribadumia. Ese mesmo ano, toma posesión como deputado provincial en representación da Comarca do Salnés e un ano máis tarde, en 1996, é nomeado vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra. En 1998 é designado secretario de Organización do PP Provincial en Pontevedra. En 2000 resulta, no XII Congreso Provincial do PP, resulta elixido presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra, e entra a formar parte do Comité Executivo do PPdeG e da Directiva Nacional do Partido Popular. En 2002 foi reelixido presidente provincial do PP, cargo que revalida en 2004 e en 2009, cando, por cuarta vez consecutiva, resulta reelixido presidente provincial do PP en Pontevedra co apoio de preto do 98% dos compromisarios participantes no XV Congreso do PP. O 12 de xullo de 2003 asume o cargo de presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, cargo que repite en 2007 e en 2011, converténdose así no primeiro presidente da institución provincial que repite no cargo por terceira vez consecutiva. Presidente Rafael Louzán Abal Nacido o 21 de novembro de 1967 en Ribadumia, é presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra e presidente da Deputación de Pontevedra -
Begoña Estévez Bernárdez Nacida en 1969 en Marín, é secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra e deputada provincial. Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Centro de Estudios Universidad San Pablo CEU (1987-1992). Posúe unha ampla formación en Dirección e Organización de Recursos Humanos, entre a que figura un máster e a diplomatura pola Escola de Negocios Caixavigo. Técnico de Administración Xeral e funcionaria de carreira da Deputación Provincial de Pontevedra desde 1994, desenvolveu a súa labor no Servizo de RRHH do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Entre 2003 e 2006 realizou funcións de Técnico de Administración Xeral na Unidade de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Desde o 1 de febreiro de 2008 ata xuño de 2011, desempeñou funcións de Adxunto ao xefe de Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra. Desde novembro de 2009 é secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra. Tomou posesión como deputada provincial en xuño de 2011. Secretaria Xeral Begoña Estévez Bernárdez Nacida en 1969 en Marín, é secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra e deputada provincial. -
José Manuel Figueroa Vila Nacido en 1963, sumouse á carreira política en 1987, cando entrou a formar parte das listas do PP ao Concello de Vigo, onde accede á Corporación Municipal como concelleiro, cargo que revalida nas posteriores convocatorias electorais ata a actualidade. Entre 1992 e 1995 foi Asesor da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia. Entre 1995 e 1999 foi concelleiro de Deportes, Comercio e Turismo. Entre 2001 e 2003 exerceu como voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Vigo. Desde 2003 a 2007 foi primeiro tenente de Alcalde, edil de Urbanismo e Medioambiente e voceiro do Goberno Municipal. Actualmente é vicepresidente da Deputación de Pontevedra e presidente do Patronato de Turismo Rías Baixas, ademais de voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Vigo. Tras varios anos como secretario xeral do Partido Popular de Vigo, o 17 de setembro de 2011 foi elixido presidente desta formación. É, ademais, vicepresidente provincial do Partido Popular de Pontevedra e vicesecretario xeral do PPdeG. Vicepresidente José Manuel Figueroa Vila Nacido en 1963, é presidente do Partido Popular de Vigo, vicepresidente provincial do Partido Popular de Pontevedra e vicepresidente da Deputación. -
Xosé Crespo Iglesias Naceu en Lalín en 1960. Estudiou no Seminario de Lugo e, posteriormente, cursou estudos na área de Filoloxía na Universidade de Santiago. Cofundador e presidente da cooperativa Aprodeza. mpulsor de diversas iniciativas encamiñadas á modernización da Administración Local, como a realización dun estudo técnico sobre a fusión de municipios (Os concellos galegos para o século XXI ). Iniciou a súa carreira política como pedáneo de Xaxán e ocupou diversas concellerías dende 1987 ata que, en 1990 e con tan só 30 anos, accedeu á Alcaldía de Lalín, converténdose naquel entón no rexedor municipal máis novo de Galicia. Desde 1999 é vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Entre o 4 de decembro de 2003 e o 22 de novembro de 2007 foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Na IX Asamblea Xeral da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) celebrada en 2007, foi elixido membro da Comisión Executiva deste organismo. Secretario comarcal do PP no Deza. Membro dos comités Executivo e de Dirección do PP provincial e vicesecretario e membro do Comité Executivo do PP Rexional. Coordinador da campaña electoral para os comicios autonómicos de 2005. En 2006 foi nomeado secretario de Organización do PPdeG. Na actualidade, é secretario do Medio Rural no PPdeG. En 2009 foi designado vicesecretario xeral do PP provincial. Vicesecretario Xeral Xosé Crespo Iglesias Nacido en 1960 en Lalín, é vicesecretario xeral do PP Provincial de Pontevedra e alcalde de Lalín desde 1990. -
José Enrique Sotelo Villar Nacido en Aldán (Cangas) o 15 de xaneiro de 1959. É licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Concelleiro en Cangas desde 1991. Alcalde de Cangas entre 1997 e 2007 e na actualidade. Deputado Autonómico desde 1993 ata 1999, sendo voceiro de Sanidade entre 1997 e 1999 Deputado provincial desde 1999 ata 2011, sendo deputado delegado de Deportes desde 2007 ata 2011. Vocal José Enrique Sotelo Villar Nacido en Aldán (Cangas) en 1959, é alcalde de Cangas. Responsable da área de Deportes no Comité Executivo provincial do PP. -
José Juan Durán Hermida Nacido o 6 de xullo de 1960 en Vilanova de Arousa. Vocal José Juan Durán Hermida Nacido en 1960 en Vilanova de Arousa, Presidente de Portos de Galicia e Secretario de Organización do PP provincial. -
Jacobo Moreira Ferro Nacido en Santiago de Compostela en 1973. Licenciado en Dereito, Avogado de profesión. Secretario Xeral da Xunta Local de Pontevedra. Concelleiro polo PP no Concello de Pontevedra desde maio 2007, onde ocupa o cargo de Viceportavoz do Grupo Municipal do PP. Nas eleccións xerais 2008 concorre como Suplente nº 1 na candidatura por Pontevedra ao Congreso dos Deputados e a mediados de 2011 entra a formar parte da Cámara galega como deputado por Pontevedra. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia concorre como nº 16 da candidatura por Pontevedra. Membro da Xunta Local Provincial de Pontevedra. Membro do Comité Executivo Provincial de Pontevedra. Membro do Comité de Dirección Provincial de Pontevedra. Membro do Comité dás Cidades do PP de Galicia. Vocal Jacobo Moreira Ferro Nacido en Santiago en 1973, é viceportavoz do PP no concello de Pontevedra e deputado autonómico. Membro do Comité de Dirección do PP provincial. -
Rosa Oubiña Solla Nacida en Cambados o 25 de xullo de 1961, cursou estudos de Dereito na UNED e tamén de Capacitación Agraria. É deputada autonómica desde febreiro de 2008 e foi tenente de alcalde e concelleira-delegada de Cultura, Muller e Servizos Sociais no concello de Cambados. Coordinadora de Política Autonómica no PP provincial. Mais alá da política, desenvolveu o seu labor profesional como comercial de produtos fitosanitarios. Vocal Rosa Oubiña Solla Nacida en Cambados o 25 de xullo de 1961, é deputada autonómica e coordinadora de política autonómica no PP provincial -
Marta Valcárcel Gómez Nacida en Outubro de 1980. É licenciada en Ciencias Económicas, na rama de Economía Internacional pola Universidade de Vigo. En 2007, entrou a formar parte das listas do PP ás eleccións municipais no concello de Salvaterra de Miño, sendo elixida concelleira. Desde ese ano, exerce como primeira Tenente de alcalde do Concello de Salvaterra e concelleira de Servicios Sociais, Cultura, Educación, Muller, Xuventude e Medio Ambiente. En 2009 resultou elixida deputada autonómica pola provincia de Pontevedra, tras presentarse aos comicios como nº 10 do PP por esta provincia. Vocal Marta Valcárcel Gómez Nacida en 1980, é deputada autonómica, concelleira en Salvaterra e responsable de Xuventude no PP provincial. -
Jesús Vázquez Almuíña Naceu en Baiona, en 1962. É licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Unidade Docente de Segovia (1994-1996). Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña. Experto Universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid. Médico do Servicio de Urxencias do Policlínico Vigo S.A. (POVISA), desde 1988 a 1990, e desde 1991 a 1994 foi médico do Servizo de Vixianzia Intensiva do mesmo centro. Entre 1994 e 1996 exerceu como médico-residente de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia. En 1997 foi nomeado xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes de POVISA e ese mesmo ano comezou a exercer o cargo de coordinador dos Servicios de Arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente do dito Centro, ata xuño de 1998. En xullo de 1998 entrou a formar parte do plantel do Hospital Meixoeiro de Vigo como médico do Servizo de Admisión do Hospital Meixoeiro de Vigo, e en maio de 1999 foi nomeado coordinador do Servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente deste centro, cargo que desempeñou ata xaneiro de 2001. Designado director-xerente do Hospital Meixoeiro en xaneiro de 2001, permaneceu neste posto ata setembro de 2003, cando foi nomeado director provincial do SERGAS en Pontevedra, cargo que desempeñou ata novembro de 2004. Na actividade política, é deputado provincial desde xuño de 2003 e alcalde de Baiona desde novembro de 2004. Membro da Executiva do PP de Galicia desde abril do 2005. Vocal Jesús Vázquez Almuíña Nacido en Baiona en 1962, é alcalde de Baiona, deputado provincial e membro da executiva do PP provincial e do PPdeG. |