Comité executivo -
Rafael Louzán Abal Nacido o 21 de novembro de 1967 en Ribadumia (Pontevedra), está casado e ten dous fillos. Funcionario do Concello de Ribadumia, compaxinou esta labor coa súa actividade empresarial. En 1995 entra a formar parte da candidatura do PP ás eleccións municipais e, tras obter esta formación a maioría absoluta, é nomeado tenente de Alcalde do Concello de Ribadumia. Ese mesmo ano, toma posesión como deputado provincial en representación da Comarca do Salnés e un ano máis tarde, en 1996, é nomeado vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra. En 1998 é designado secretario de Organización do PP Provincial en Pontevedra. En 2000 resulta, no XII Congreso Provincial do PP, resulta elixido presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra, e entra a formar parte do Comité Executivo do PPdeG e da Directiva Nacional do Partido Popular. En 2002 foi reelixido presidente provincial do PP, cargo que revalida en 2004 e en 2009, cando, por cuarta vez consecutiva, resulta reelixido presidente provincial do PP en Pontevedra co apoio de preto do 98% dos compromisarios participantes no XV Congreso do PP. O 12 de xullo de 2003 asume o cargo de presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, cargo que repite en 2007 e en 2011, converténdose así no primeiro presidente da institución provincial que repite no cargo por terceira vez consecutiva. Presidente Rafael Louzán Abal Nacido o 21 de novembro de 1967 en Ribadumia, é presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra e presidente da Deputación de Pontevedra -
José Manuel Figueroa Vila Nacido en 1963, sumouse á carreira política en 1987, cando entrou a formar parte das listas do PP ao Concello de Vigo, onde accede á Corporación Municipal como concelleiro, cargo que revalida nas posteriores convocatorias electorais ata a actualidade. Entre 1992 e 1995 foi Asesor da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia. Entre 1995 e 1999 foi concelleiro de Deportes, Comercio e Turismo. Entre 2001 e 2003 exerceu como voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Vigo. Desde 2003 a 2007 foi primeiro tenente de Alcalde, edil de Urbanismo e Medioambiente e voceiro do Goberno Municipal. Actualmente é vicepresidente da Deputación de Pontevedra e presidente do Patronato de Turismo Rías Baixas, ademais de voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Vigo. Tras varios anos como secretario xeral do Partido Popular de Vigo, o 17 de setembro de 2011 foi elixido presidente desta formación. É, ademais, vicepresidente provincial do Partido Popular de Pontevedra e vicesecretario xeral do PPdeG. Vicepresidente José Manuel Figueroa Vila Nacido en 1963, é presidente do Partido Popular de Vigo, vicepresidente provincial do Partido Popular de Pontevedra e vicepresidente da Deputación. -
Begoña Estévez Bernárdez Nacida en 1969 en Marín, é secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra e deputada provincial. Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Centro de Estudios Universidad San Pablo CEU (1987-1992). Posúe unha ampla formación en Dirección e Organización de Recursos Humanos, entre a que figura un máster e a diplomatura pola Escola de Negocios Caixavigo. Técnico de Administración Xeral e funcionaria de carreira da Deputación Provincial de Pontevedra desde 1994, desenvolveu a súa labor no Servizo de RRHH do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Entre 2003 e 2006 realizou funcións de Técnico de Administración Xeral na Unidade de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Desde o 1 de febreiro de 2008 ata xuño de 2011, desempeñou funcións de Adxunto ao xefe de Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra. Desde novembro de 2009 é secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra. Tomou posesión como deputada provincial en xuño de 2011. Secretaria Xeral Begoña Estévez Bernárdez Nacida en 1969 en Marín, é secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra e deputada provincial. -
Xosé Crespo Iglesias Naceu en Lalín en 1960. Estudiou no Seminario de Lugo e, posteriormente, cursou estudos na área de Filoloxía na Universidade de Santiago. Cofundador e presidente da cooperativa Aprodeza. mpulsor de diversas iniciativas encamiñadas á modernización da Administración Local, como a realización dun estudo técnico sobre a fusión de municipios (Os concellos galegos para o século XXI ). Iniciou a súa carreira política como pedáneo de Xaxán e ocupou diversas concellerías dende 1987 ata que, en 1990 e con tan só 30 anos, accedeu á Alcaldía de Lalín, converténdose naquel entón no rexedor municipal máis novo de Galicia. Desde 1999 é vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Entre o 4 de decembro de 2003 e o 22 de novembro de 2007 foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Na IX Asamblea Xeral da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) celebrada en 2007, foi elixido membro da Comisión Executiva deste organismo. Secretario comarcal do PP no Deza. Membro dos comités Executivo e de Dirección do PP provincial e vicesecretario e membro do Comité Executivo do PP Rexional. Coordinador da campaña electoral para os comicios autonómicos de 2005. En 2006 foi nomeado secretario de Organización do PPdeG. Na actualidade, é secretario do Medio Rural no PPdeG. En 2009 foi designado vicesecretario xeral do PP provincial. Vicesecretario Xeral Xosé Crespo Iglesias Nacido en 1960 en Lalín, é vicesecretario xeral do PP Provincial de Pontevedra e alcalde de Lalín desde 1990. -
José Juan Durán Hermida Nacido o 6 de xullo de 1960 en Vilanova de Arousa. Secretario de Organización José Juan Durán Hermida Nacido en 1960 en Vilanova de Arousa, Presidente de Portos de Galicia e Secretario de Organización do PP provincial. -
Rosa Oubiña Solla Nacida en Cambados o 25 de xullo de 1961, cursou estudos de Dereito na UNED e tamén de Capacitación Agraria. É deputada autonómica desde febreiro de 2008 e foi tenente de alcalde e concelleira-delegada de Cultura, Muller e Servizos Sociais no concello de Cambados. Coordinadora de Política Autonómica no PP provincial. Mais alá da política, desenvolveu o seu labor profesional como comercial de produtos fitosanitarios. Coordinadora Xeral de Política Autonómica Rosa Oubiña Solla Nacida en Cambados o 25 de xullo de 1961, é deputada autonómica e coordinadora de política autonómica no PP provincial -
Ana Maria Pastor Julián Nacida en Zamora en 1957, está casada. Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Funcionaria de Carreira do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria. MBA en Dirección de Empresas. Profesora da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Carlos III de Madrid. Master en Saúde Pública e Administración Sanitaria e Master en Xestión Hospitalaria. Actualmente é coordinadora de Participación do PP, cargo para o que foi elixida no XVI Congreso Nacional, celebrado en Valencia en xuño de 2008. Foi vicepresidenta Segunda do Congreso dos Deputados, onde é deputada por Pontevedra desde o ano 2000. Desde 2004 é secretaria executiva de Política Social e Benestar do PP. Ministra de Sanidade e Consumo desde 2002 a 2004. Entre 2001 e 2002 exerceu como subsecretaria do Ministerio do Interior. Subsecretaria do Ministerio da Presidencia entre 2000 e 2001. Subsecretaria do Ministerio de Educación e Cultura entre 1999 e 2000. Entre 1996 e 1999 exerceu como directora xeral da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE). Foi tamén directora provincial do Servizo Galego de Saúde en Pontevedra, xerente de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde en Pontevedra, xefe de Servizo de Planificación Sanitaria en Pontevedra, médico Asistencial en Salamanca, Ferrol e Pontevedra. Coordinadora Xeral de Política Nacional Ana Maria Pastor Julián Nacida en Zamora en 1957, é coordinadora de Participación do PP Nacional e coordinadora de Politica Nacional no PP provincial. É deputada nacional pola Provincia de Pontevedra. -
Perfecto Rodríguez Muíños Naceu en Ponte Caldelas en 1969. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Curso de Práctica Xurídica impartido pola UNED en colaboración co Colexio de Avogados de Pontevedra en 1992-1993. Participou en varios seminarios e xornadas de temática Urbanística e Administrativa. Letrado do Colexio de Avogados de Pontevedra, onde exerceu dende 1992 ata 2004. Desde 1998 a 2003 foi asesor xurídico de XESTUR PONTEVEDRA. Concelleiro do Partido Popular no equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas dende maio de 1995. Dende 1999 a 2002, primeiro Tenente de Alcalde e concelleiro de Urbanismo no Concello de Ponte Caldelas. Alcalde en funcións desde febreiro de 2002. Desde maio de 2003 é alcalde de Ponte Caldelas. Foi vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra dende novembro de 2003 ata novembro de 2005, e vicepresidente 1º da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) así como voceiro do PPdeG no dito órgano dende novembro de 2007 ata a actualidade. Secretario Executivo de Política Local Perfecto Rodríguez Muíños Nacido en Pontecaldelas en 1969, é alcalde de Pontecaldelas e secretario de Política Local no PP provincial. -
María Teresa Pedrosa Silva Nacida en Pontevedra o 28 de decemebro de 1964. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago. Inspectora de Traballo e Seguridade Social do Cuerpo Nacional de ITSS, desde 1991 a 1995 e desde 2002 a 2003, sendo xefa do equipo de inspección no Campo de Gibraltar, Cádiz, entre 1992 e 1994. Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais entre 1997 e 2002. Directora da Revista Galega de Dereito Social. Concelleira no Concello de Pontevedra desde 2003 ata 2011, sendo portavoz do grupo municipal do PP entre 2003 e 2007. Deputada provincial desde 2003 ata 2011, sendo vicepresidenta e deputada delegada de Deportes entre 2003 e 2007 e deiputada delegada de Acción Social desde o 2007. Presidenta executiva do museo de Pontevedra desde 2003 a 2010. Conselleira da Asamblea de Caixa Galicia polo Concello de Pontevedra. Presidenta local do Partido Popular de Pontevedra entre 2004 e 2007. Secretaria Executiva de Política Social María Teresa Pedrosa Silva Nacida en Pontevedra en 1964, é secretaria de Política Social no PP provincial. -
Agustín Hernández Fernández de Rojas Naceu no ano 1961, está casado e ten tres fillos. Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid, na especialidade en Cimentos e Estruturas. Funcionario do Corpo facultativo Superior da Xunta de Galicia e diploma de Directivo da Escola Galega de Administración Pública. 1987. Desempeñou diversas funcións técnicas na empresa CUBERTAS E MZOV, S.A. como Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e como Subxefe do Departamento nº 3 en Pontevedra. 1992. Enxeñeiro en funcións facultativas na Xunta de Galicia, contratado laboral. 1994. Xefe de Servizo de Construción da Subdirección Xeral de Infraestruturas Hidráulicas da Xunta de Galicia. 1994. Subdirector Xeral de Infraestruturas Hidráulicas. 1996. Xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico do organismo autónomo Augas de Galicia. 1998. Director Xeral de Obras Públicas da Xunta. 2005. Director de Construción de Sercoysa Proxectos e Obras, S.A. 2006. Director de Desenvolvemento do Grupo Puentes. 2008. Director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra. 2009. Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Secretario Executivo de Medio Ambiente e Infraestruturas Agustín Hernández Fernández de Rojas Nacido en 1961, é secretario executivo de Medio Ambiente e Infraestruturas do PP provincial e conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. -
Javier Guerra Fernández Nacido en 1964, está casado e ten dous fillos. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago. Master na Escola Superior de Xestión Comercial e Marketing en Madrid. MBA en California. Diploma na Escola de Dirección de Empresas de Madrid. En 1987, desenvolveu o seu labor profesional en Consultora D.B.K.,S.A. (Grupo Internacional Italiano DATABANK). Madrid. Director Xerente para España e Portugal da División Home. Gruppo Financiero Tessile, G.F.T.Moda de España, desde 1989. Director comercial de Steilman Iberica en 1991. 1992, director comercial do Grupo Alfico, S.A. Desde 1996 a 1998 director Footwear de American Nike Iberia, S.A. En 1998 é nomeado director comercial xeral de Camper (Grupo Coflusa, S.A.) en Mallorca. Director xeral de Brasopi, S.A en Porto (Portugal) desde 1999. En 2000 foi nomeado director xeral de Grupo Alfico, S.A. en Vigo. En 2002, elixido conselleiro delegado e director xeral Skechers USA Iberia, S.A . En 2002 funda El Secreto del Mar, S.L. en Vigo, do que é propietario e administrador único. Foi Presidente Provincial de NN.XX. de Pontevedra e de Galicia. Foi membro fundador do Consello de Xuventude de Galicia e da executiva do Consello da Xuventude de España. Foi concelleiro Delegado de Economía, Facenda, Persoal, Patrimonio e Contratación en Vigo. Deputado por Pontevedra no Congreso dos Deputados en Madrid ata 2009. Secretario Executivo de Economía e Industria Javier Guerra Fernández Nacido en 1964, é secretario executivo de Economía e Industria no PP provincial e conselleiro de Economía e Industria na Xunta de Galicia. -
Marta Rodríguez Arias Nacida en 1973 en Vilagarcía de Arousa. Diplomada en Relacións Laborais pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi asesora da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dende 2001 a 2005. En 1988 foi elixida concelleira en Vilagarcía de Arousa. Presidenta Provincial de Novas Xeracións de Pontevedra. Secretaria Local do PP de Vilagarcía de Arousa. Deputada autonómica. Secretaria Executiva de Formación Marta Rodríguez Arias Nacida en 1973 en Vilagarcía de Arousa, é deputada autonómica, concelleira en Vilagarcía de Arousa e secretaria executiva de formación no PP provincial. -
Pilar Rojo Noguera Nacida en 1960. Licenciada en arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, nas especialidades de Edificación e Urbanismo. Diploma de Directivo da Xunta de Galicia e de Alta Dirección do Instituto Nacional de Administración Pública. Funcionaria do Corpo de Arquitectos da Facenda Pública, exerceu de arquitecta-xefa e inspectora-xefa da Área urbana do Catastro na Delegación Provincial de Economía e Facenda en Pontevedra entre os anos 1990 e 1996. En 1996 foi nomeada delegada provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia en Pontevedra, cargo que desempeñou ata 2001. Desde 2003 ata 2005 foi conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. En 2001 foi elixida deputada autonómica pola provincia de Pontevedra, revalidando a súa acta de deputada nos comicios de 2005 e de 2009. En 2009 foi nomeada presidenta do Parlamento de Galicia, cargo que desempeña na actualidade. Responsable de Área de Relacións Institucionais Pilar Rojo Noguera Nacida en 1960 é presidenta do Parlamento autonómico e responsable de Relacións Institucionais do PP provincial. -
Responsable de Área de Comunicación Ana Gómez Rodríguez -
Alejandro Gómez Alonso Naceu o 24 de decembro de 1973 en Forcarei (Pontevedra) Estudos de Dereito Foi presidente de Novas Xeracións de Galicia entre os anos 1998 e 2003. Secretario da área de Organización do PPdeG ata o 2006. Foi Concelleiro e voceiro do grupo municipal do concello de Forcarei durante 8 anos. Deputado na VI Lexislatura, sendo vocal na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos. Na VII lexislatura foi voceiro de Obras Públicas do Grupo Parlamentario Popular e membro da Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da Comisión de Industria e da Comisión do Regulamento. Responsable de Área de Participación Alejandro Gómez Alonso Nacido en Forcarei en 1973, é deputado autonómico e responsable da área de Participación no Comité Executivo do PP provincial. -
Ignacio López-Chaves Castro Nacido o 5 xullo 1964 en Vigo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado e Profesor de Dereito Civil da Universidade de Vigo. Portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Popular de Galicia ata 2011. Deputado do PPdeG no Parlamento de Galicia ata 2011. Concelleiro de Cultura, Patrimonio Histórico e Educación do Concello de Vigo durante os anos 2003-2007. Secretario Xeral do Consello Social da Universidade de Vigo durante os anos 1997-2004. Secretario da Comisión de Secretarios dos Consellos Sociais das Universidades Públicas españolas durante os anos 2001-2004. Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. Responsable de Área de Cultura Ignacio López-Chaves Castro Nacido en Vigo en 1964, é Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. -
José Enrique Sotelo Villar Nacido en Aldán (Cangas) o 15 de xaneiro de 1959. É licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Concelleiro en Cangas desde 1991. Alcalde de Cangas entre 1997 e 2007 e na actualidade. Deputado Autonómico desde 1993 ata 1999, sendo voceiro de Sanidade entre 1997 e 1999 Deputado provincial desde 1999 ata 2011, sendo deputado delegado de Deportes desde 2007 ata 2011. Responsable de Área de Deportes José Enrique Sotelo Villar Nacido en Aldán (Cangas) en 1959, é alcalde de Cangas. Responsable da área de Deportes no Comité Executivo provincial do PP. -
Marta Iglesias Bueno Nacida o 13 de xullo de 1970. Licenciada en Filoloxía Inglesa. USC Máster en Organización e Dirección Turística. Máster de Axente de Desarollo Lócal. Concelleira en Vigo entre 1999 e 2003 e desde 2007 até a actualidade. Desenvolveu o seu labor profesional como Técnica local de Emprego. Vogal da Xunta local de Novas Xeracións en Vigo entre 1993 e 1996 e secretaria desta xunta local entre 1996 e 1999. Membro do Consello Consultivo de Galicia entre 2000 e 2002. Responsable de Área de Emprego Marta Iglesias Bueno Nacida en 1970, é concelleira en Vigo e responsable da área de Emprego no Comité Executivo do PP provincial. -
Marta Valcárcel Gómez Nacida en Outubro de 1980. É licenciada en Ciencias Económicas, na rama de Economía Internacional pola Universidade de Vigo. En 2007, entrou a formar parte das listas do PP ás eleccións municipais no concello de Salvaterra de Miño, sendo elixida concelleira. Desde ese ano, exerce como primeira Tenente de alcalde do Concello de Salvaterra e concelleira de Servicios Sociais, Cultura, Educación, Muller, Xuventude e Medio Ambiente. En 2009 resultou elixida deputada autonómica pola provincia de Pontevedra, tras presentarse aos comicios como nº 10 do PP por esta provincia. Responsable de Área de Xuventude Marta Valcárcel Gómez Nacida en 1980, é deputada autonómica, concelleira en Salvaterra e responsable de Xuventude no PP provincial. -
José Fervenza Costas Naceu o 12 de febreiro de 1962. Construtor e promotor. Maestro albañil en Obra Civil. Delegado de Prevención de Riscos Laborais. Ocupou durante 15 anos diferentes cargos na Asociación de Empresarios de Moaña e durante os tres últimos como Presidente, impulsando iniciativas pioneiras de cara ao desenvolvemento do sector empresarial. Alcalde de Moaña. Foi Voceiro suplente de Pesca do Grupo Parlamentario Popular e membro das Comisións de Pesca e Marisqueo e da de relacións co Consello de Contas. Responsable de Área de Pesca e Asuntos Marítimos José Fervenza Costas Nacido en Moaña en 1962 é alcalde de Moaña e responsable de Pesca e Asuntos Marítimos no PP provincial. |