Congreso dos Deputados -
Ana Maria Pastor Julián Nacida en Zamora en 1957, está casada. Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Funcionaria de Carreira do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria. MBA en Dirección de Empresas. Profesora da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Carlos III de Madrid. Master en Saúde Pública e Administración Sanitaria e Master en Xestión Hospitalaria. Actualmente é coordinadora de Participación do PP, cargo para o que foi elixida no XVI Congreso Nacional, celebrado en Valencia en xuño de 2008. Foi vicepresidenta Segunda do Congreso dos Deputados, onde é deputada por Pontevedra desde o ano 2000. Desde 2004 é secretaria executiva de Política Social e Benestar do PP. Ministra de Sanidade e Consumo desde 2002 a 2004. Entre 2001 e 2002 exerceu como subsecretaria do Ministerio do Interior. Subsecretaria do Ministerio da Presidencia entre 2000 e 2001. Subsecretaria do Ministerio de Educación e Cultura entre 1999 e 2000. Entre 1996 e 1999 exerceu como directora xeral da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE). Foi tamén directora provincial do Servizo Galego de Saúde en Pontevedra, xerente de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde en Pontevedra, xefe de Servizo de Planificación Sanitaria en Pontevedra, médico Asistencial en Salamanca, Ferrol e Pontevedra. Deputada Ana Maria Pastor Julián Nacida en Zamora en 1957, é coordinadora de Participación do PP Nacional e coordinadora de Politica Nacional no PP provincial. É deputada nacional pola Provincia de Pontevedra. -
Irene Garrido Valenzuela Nacida en Madrid en 1960, é Licenciada e Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1991 exerce como profesora titular de Economía Financeira e Contabilidade na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Desenvolveu diversos cargos de xestión na universidade de Vigo, como secretaria de departamento de Economía Financeira e Contabilidade, vicedecana de Extensión Universitaria e Prácticas en Empresas, coordinadora do Centro Docente de Investigación da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e directora do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade. Ten realizado numerosos cursos e máster relacionados coas áreas financeira e contable, e participou en diversos proxectos de I+D. Autora de numerosas publicacións entre libros e artigos no ámbito de Mercados financeiros, Mercados de valores, Lexislacións reguladoras dos mercados, Globalización e Integración De Mercados. En 2011 entrou a formar parte das listas do PP ao Congreso dos Deputados, como número dous da lista, resultando elixida deputada. Deputada Irene Garrido Valenzuela Nacida en Madrid en 1960, é deputada por Pontevedra. -
María Paz Lago Martínez Nacida o 16 de agosto de 1975 en Sanxenxo, é técnico en Xardín de Infancia. Diplomada en Maxisterio. Profesora especializada en Educación Primaria. En maio de 2003 iniciou a súa carreira política como parte da candidatura do Partido Popular de Sanxenxo, ocupando o número tres da lista. Accede ao cargo de concelleira responsable de Cultura e Educación. En 2006 responsabilízase, ademáis, da 4ª Tenencia de Alcaldía. Tras as eleccións de 2007 desempeña o cargo de concelleira de Cultura e Educación e a 3ª Tenencia de Alcaldía. Foi senadora desde 2009 a 2011, ano no que que resultou elixida deputada no Congreso pola provincia de Pontevedra. Deputada María Paz Lago Martínez Nacida en Sanxenxo en 1975, é deputada por Pontevedra e concelleira no municipio de Sanxenxo -
Telmo Martín González Nacido en 1958 en Xil, no concello pontevedrés de Meaño. Despois de 6 anos emigrado en Alemaña., volve a Galicia e convérsese en empresario, fundando en 1978 a empresa Hierros Santa Cruz e en 1990, xunto a outros dous socios, a empresa Construcuatro. No ámbito político, preséntase en Sanxenxo como cabeza de lista do PP ás eleccións municipais de 199, obtendo a maioría absoluta. Catro anos despois, resulta reeligido por unha maioría aínda máis ampla. En 2007 encabezou as listas municipais do PP en Pontevedra, onde obtivo o 44,2% dos votos e 12 concelleiros, moi por riba do candidato do BNG, que só acadou 7 concelleiros e o 28% dos votos. Deputado nacional tras as eleccións xerais de 2011. Deputado Telmo Martín González Nacido en Xil, Meaño, en 1958, é deputado pola provincia de Pontevedra e voceiro do PP no Concello de Pontevedra. |