Deputación provincial -
Rafael Louzán Abal Nacido o 21 de novembro de 1967 en Ribadumia (Pontevedra), está casado e ten dous fillos. Funcionario do Concello de Ribadumia, compaxinou esta labor coa súa actividade empresarial. En 1995 entra a formar parte da candidatura do PP ás eleccións municipais e, tras obter esta formación a maioría absoluta, é nomeado tenente de Alcalde do Concello de Ribadumia. Ese mesmo ano, toma posesión como deputado provincial en representación da Comarca do Salnés e un ano máis tarde, en 1996, é nomeado vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra. En 1998 é designado secretario de Organización do PP Provincial en Pontevedra. En 2000 resulta, no XII Congreso Provincial do PP, resulta elixido presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra, e entra a formar parte do Comité Executivo do PPdeG e da Directiva Nacional do Partido Popular. En 2002 foi reelixido presidente provincial do PP, cargo que revalida en 2004 e en 2009, cando, por cuarta vez consecutiva, resulta reelixido presidente provincial do PP en Pontevedra co apoio de preto do 98% dos compromisarios participantes no XV Congreso do PP. O 12 de xullo de 2003 asume o cargo de presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, cargo que repite en 2007 e en 2011, converténdose así no primeiro presidente da institución provincial que repite no cargo por terceira vez consecutiva. Presidente Rafael Louzán Abal Nacido o 21 de novembro de 1967 en Ribadumia, é presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra e presidente da Deputación de Pontevedra -
José Manuel Figueroa Vila Nacido en 1963, sumouse á carreira política en 1987, cando entrou a formar parte das listas do PP ao Concello de Vigo, onde accede á Corporación Municipal como concelleiro, cargo que revalida nas posteriores convocatorias electorais ata a actualidade. Entre 1992 e 1995 foi Asesor da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia. Entre 1995 e 1999 foi concelleiro de Deportes, Comercio e Turismo. Entre 2001 e 2003 exerceu como voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Vigo. Desde 2003 a 2007 foi primeiro tenente de Alcalde, edil de Urbanismo e Medioambiente e voceiro do Goberno Municipal. Actualmente é vicepresidente da Deputación de Pontevedra e presidente do Patronato de Turismo Rías Baixas, ademais de voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Vigo. Tras varios anos como secretario xeral do Partido Popular de Vigo, o 17 de setembro de 2011 foi elixido presidente desta formación. É, ademais, vicepresidente provincial do Partido Popular de Pontevedra e vicesecretario xeral do PPdeG. Vicepresidente José Manuel Figueroa Vila Nacido en 1963, é presidente do Partido Popular de Vigo, vicepresidente provincial do Partido Popular de Pontevedra e vicepresidente da Deputación. -
Xosé Crespo Iglesias Naceu en Lalín en 1960. Estudiou no Seminario de Lugo e, posteriormente, cursou estudos na área de Filoloxía na Universidade de Santiago. Cofundador e presidente da cooperativa Aprodeza. mpulsor de diversas iniciativas encamiñadas á modernización da Administración Local, como a realización dun estudo técnico sobre a fusión de municipios (Os concellos galegos para o século XXI ). Iniciou a súa carreira política como pedáneo de Xaxán e ocupou diversas concellerías dende 1987 ata que, en 1990 e con tan só 30 anos, accedeu á Alcaldía de Lalín, converténdose naquel entón no rexedor municipal máis novo de Galicia. Desde 1999 é vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Entre o 4 de decembro de 2003 e o 22 de novembro de 2007 foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Na IX Asamblea Xeral da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) celebrada en 2007, foi elixido membro da Comisión Executiva deste organismo. Secretario comarcal do PP no Deza. Membro dos comités Executivo e de Dirección do PP provincial e vicesecretario e membro do Comité Executivo do PP Rexional. Coordinador da campaña electoral para os comicios autonómicos de 2005. En 2006 foi nomeado secretario de Organización do PPdeG. Na actualidade, é secretario do Medio Rural no PPdeG. En 2009 foi designado vicesecretario xeral do PP provincial. Vicepresidente Xosé Crespo Iglesias Nacido en 1960 en Lalín, é vicesecretario xeral do PP Provincial de Pontevedra e alcalde de Lalín desde 1990. -
Pablo Baquero Álvarez Nacido no Rosal en 1973, cursou estudos de Graduado Social e Empresariais. Exerceu como asesor fiscal ata o ano 2007 nunha xestoría de Tomiño e desde 2007 ata o 2011 foi concelleiro de Sanidade e Benestar Social no goberno local deste municipio. En 2011 entra a formar parte das listas do PP á alcaldía de Tomiño como número dous dunha candidatura encabezada por Roberto Martínez. Na actualidade é concelleiro e voceiro do PP de Tomiño e deputado provincial. Deputado Pablo Baquero Álvarez Nacido en O Rosal en 1973, é voceiro do Grupo Municipal Popular no concello de Tomiño e deputado provincial polo partido xudicial de Tui. -
José María Bello Maneiro Nacido en Cordeiro, Valga, o 2 de maio de 1949, é alcalde desta localidade desde 1991. Tras exercer como contable en diversas empresas privadas, Bello Maneiro incorpórase á política activa en 1983, cando se presenta ás eleccións formando parte da lista de Alianza Popular, partido co que entra no goberno local como tenente de alcalde, cargo que exerce ata 1995. En 1995, tras gañar as eleccións, convértese en alcalde de Valga, cargo que revalida en todos os comicios. En 1999, tras ser reelixido alcalde, asume tamén a Peresidencia da Mancomunidade Ulla-Umia, cargo que desempeña ata 2007. En 1999 entra tamén a formar parte da Federación Española de Municipios e Provincias como vocal da Comisión de Facendas Locais. Tras gañar novamente as eleccións en 2011 e formar goberno en Valga, o 24 de xuño asume o cargo de deputado provincial polo partido xudicial de Pontevedra. Deputado José María Bello Maneiro Nacido en Valga en 1949, é alcalde de Valga, deputado provincial e presidente local dos populares nesta localidade. -
Jorge Domínguez Rosal Naceu en Meaño en 1959. É enxeñeiro técnico. Alcalde de Meaño desde 1991. Deputado provincial desde xuño de 2011. Deputado Jorge Domínguez Rosal Nacido en Meaño en 1959, é alcalde desta localidade e deputado provincial. -
Begoña Estévez Bernárdez Nacida en 1969 en Marín, é secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra e deputada provincial. Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Centro de Estudios Universidad San Pablo CEU (1987-1992). Posúe unha ampla formación en Dirección e Organización de Recursos Humanos, entre a que figura un máster e a diplomatura pola Escola de Negocios Caixavigo. Técnico de Administración Xeral e funcionaria de carreira da Deputación Provincial de Pontevedra desde 1994, desenvolveu a súa labor no Servizo de RRHH do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Entre 2003 e 2006 realizou funcións de Técnico de Administración Xeral na Unidade de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Desde o 1 de febreiro de 2008 ata xuño de 2011, desempeñou funcións de Adxunto ao xefe de Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra. Desde novembro de 2009 é secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra. Tomou posesión como deputada provincial en xuño de 2011. Deputada Begoña Estévez Bernárdez Nacida en 1969 en Marín, é secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra e deputada provincial. -
Arturo Grandal Vaqueiro Naceu en Salvaterra de Miño en 1945. É diplomado en Enfermería. Alcalde de Salvaterra desde 1987, foi designado deputado provincial en 2011. Deputado Arturo Grandal Vaqueiro Nacido en Salvaterra de Miño en 1945, é alcalde desta localidade e deputado provincial polo partido xudicial de Ponteareas. -
Marta Iglesias Bueno Nacida o 13 de xullo de 1970. Licenciada en Filoloxía Inglesa. USC Máster en Organización e Dirección Turística. Máster de Axente de Desarollo Lócal. Concelleira en Vigo entre 1999 e 2003 e desde 2007 até a actualidade. Desenvolveu o seu labor profesional como Técnica local de Emprego. Vogal da Xunta local de Novas Xeracións en Vigo entre 1993 e 1996 e secretaria desta xunta local entre 1996 e 1999. Membro do Consello Consultivo de Galicia entre 2000 e 2002. Deputada Marta Iglesias Bueno Nacida en 1970, é concelleira en Vigo e responsable da área de Emprego no Comité Executivo do PP provincial. -
José Carlos López Campos Nacido o 22 de marzo de 1974 na Estrada. Estudou Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela. En 1996 inicia a súa carreira profesional na sucursal de La Caixa na Estrada e no mesmo ano accede ao cargo de subdirector desta entidade na sucursal de Caldas de Reis. En 2005 regresa a A Estrada como director da oficina de La Caixa neste concello. No ámbito político, entra a formar parte das listas do PP nas eleccións municipais de 2003, converténdose en concelleiro de Industria e Comercio, responsabilidade que desempeña ata 2007. En 2007 convértese en voceiro do Grupo Municipal do PP na Estrada, compatibilizado este cargo co de secretario do partido nesta localidade. En 2009 é elixido deputado autonómico pola provincia de Pontevedra, cargo que desempeña ata 2011. Tras gañar as eleccións municipais en 2011, é alcalde de A Estrada e deputado provincial en Pontevedra. Deputado José Carlos López Campos Nacido en A Estrada en 1974, é alcalde de A Estrada e deputado provincial. -
Alberto Pazos Couñago Nacido en Redondela en 1972, é licenciado en Dereito e cun máster en asesoría xurídica de empresas. Concelleiro de Redondela desde 2007, foi voceiro do Grupo Municipal popular desde novembro de 2010 ata maio de 2011. Tras gañar o PP as eleccións municipais en 2011, que lle permitiron a Javier Bas formar goberno, foi nomeado concelleiro de Cultura e Turismo do Concello de Redondela. O 24 de xuño tomou posesión como deputado provincial polo Partido Xudicial de Vigo. É cogal da comisión de Dereitos e Garantías do Partido Popular de Galicia. Deputado Alberto Pazos Couñago Nacido en Redondela en 1972, é concelleiro de Cultura e Turismo nesta localidade e deputado provincial. -
María Ramallo Vázquez Nacida en Marín en agosto de 1970. É licenciada en Dereito e desenvolveu a súa labor profesional como asesora xurídica. Tras gañar con maioría absoluta as eleccións municipais de 2011, foi elixida alcaldesa de Marín e, posteriormente, deputada provincial. Foi deputada autonómica no Parlamento de Galicia e presidenta da Autoridade Portuaria de Marín. Deputada por Pontevedra no Congreso dos Deputados ata 2011 e vogal nas comisións de Orzamentos, Cultura e na Comisión Mixta para as Relacións co Tribunal de Contas. Adscrita da Comisión de Fomento. Deputada María Ramallo Vázquez Nacida en Marín en 1970, é alcaldesa de Marín e deputada provincial. -
Severino Reguera Varela Naceu en Pazos de Borbén en 1964. E empresario. Forma parte da lista do PP as eleccións municipais de Pazos de Borbén, sendo elixido concelleiro. Diputado Provincial desde 2007. Deputado Severino Reguera Varela Nacido en Pazos de Borbén en 1964, é concelleiro nesta localidade e deputado provincial. -
Nelson Santos Arguibay Nacido no Porriño en 1956, foi director de La Caixa. Iniciou a súa carreira política no 2003 como concelleiro na súa localidade natal, en onde accedeu á alcaldía en febreiro de 2010, trala unión do centro dereita. En 2011 encabeza a lista do PP á alcaldía do Porriño e resulta elixido alcalde con maioría absoluta. Deputado Provincial polo partido xudicial de Tui desde xuño de 2011. Deputado Nelson Santos Arguibay Nacido en 1956 no Porriño, é alcalde desta localidade e deputado provincial polo partido xudicial de Tui. -
Alberto Valverde Pérez Nacido o 17 de agosto de 1978 en Vigo. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración. Máster MBA en Dirección Empresarial e Marketing. Exerceu a súa labor profesional no Banco de Galicia, S.A. e en R Cable y Telecomunicaciones. Iniciou a súa carreira política en 2007 como cabeza de lista do PP no Concello de Nigrán. En 2011, repite como cabeza de lista do PP e, tras acadar a maioría absoluta, é elixido alcalde de Nigrán. Deputado Provincial polo partido xudicial de Vigo. Deputado Alberto Valverde Pérez Nacido en Vigo en 1978, é alcalde de Nigrán e Deputado provincial polo Partido Xudicial de Vigo. -
Jesús Vázquez Almuíña Naceu en Baiona, en 1962. É licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Unidade Docente de Segovia (1994-1996). Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña. Experto Universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid. Médico do Servicio de Urxencias do Policlínico Vigo S.A. (POVISA), desde 1988 a 1990, e desde 1991 a 1994 foi médico do Servizo de Vixianzia Intensiva do mesmo centro. Entre 1994 e 1996 exerceu como médico-residente de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia. En 1997 foi nomeado xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes de POVISA e ese mesmo ano comezou a exercer o cargo de coordinador dos Servicios de Arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente do dito Centro, ata xuño de 1998. En xullo de 1998 entrou a formar parte do plantel do Hospital Meixoeiro de Vigo como médico do Servizo de Admisión do Hospital Meixoeiro de Vigo, e en maio de 1999 foi nomeado coordinador do Servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente deste centro, cargo que desempeñou ata xaneiro de 2001. Designado director-xerente do Hospital Meixoeiro en xaneiro de 2001, permaneceu neste posto ata setembro de 2003, cando foi nomeado director provincial do SERGAS en Pontevedra, cargo que desempeñou ata novembro de 2004. Na actividade política, é deputado provincial desde xuño de 2003 e alcalde de Baiona desde novembro de 2004. Membro da Executiva do PP de Galicia desde abril do 2005. Deputado Jesús Vázquez Almuíña Nacido en Baiona en 1962, é alcalde de Baiona, deputado provincial e membro da executiva do PP provincial e do PPdeG. -
Ana Isabel Vázquez Reboredo Nacida en Portas en 1976, reside en Monte Porreiro (Pontevedra). É licenciada en Filoloxía Inglesa. Exerce a docencia na UNED de Pontevedra, onde tamén é secretaria do centro. Entrou a formar parte da política activa en 2011, cando se integra nas listas do PP á alcaldía de Pontevedra, como número catro da lista encabezada por Telmo Martín e que resultou a lista máis votada. É concelleira do Grupo Municipal Popular. Elixida polo PP para representar á capital da provincia na Deputación Provincial, tomou posesión do seu cargo como deputada o 24 de xuño de 2011. Deputada Ana Isabel Vázquez Reboredo Nacida en Portas en 1976, concelleira en Pontevedra, é deputada provincial. |