Órganos de Goberno
Presidente
O Presidente provincial é o máximo responsable do Partido na provincia e ten, entre outras competencias e segundo recollen os estatutos do partido, as seguintes:
- ostentar a representación política e legal do Partido e presidir a súa Xunta Directiva e Comité Executivo, en cuxas sesións disporá de voto de calidade nos supostos de empate,
- adoptar as medidas convenientes para o cumprimento e desenvolvemento dos acordos emanados do Congreso, dos Órganos de Goberno da súa organización territorial ou daqueloutros de superior competencia estatutaria,
- propor ao Comité Executivo os nomeamentos do Secretario Xeral, os Vicesecretarios Xerais, os Coordinadores, os Secretarios e o Tesoureiro,
- propor ao Comité Executivo o nomeamento do Presidente e membros do Comité Electoral,
- coordinar a acción política do Partido e autorizar necesariamente toda declaración que se faga en nome do Partido Popular ou que afecte ou comprometa politicamente a este,
- Proceder directamente á apertura de expediente disciplinario, suspendendo provisionalmente ao afiliado de todas as responsabilidades que ostente no Partido;
- someter ao Comité Executivo a proposta de distribución de competencias entre as áreas de actividade, así como a súa modificación, supresión ou refundición.
- nomear até cinco Vocais do Comité Executivo no suposto de personalidades relevantes integradas no Partido con posterioridade á celebración do último Congreso ou de militantes que por razóns especiais sexa conveniente incorporar ao devandito órgano,
- propor ao Comité Executivo a substitución dos cargos e funcións de calquera dos membros, así como a súa substitución de entre os membros do devandito Comité.
Ver saúdo do presidente
Xunta Directiva
A Xunta Directiva é o máximo órgano de dirección do Partido entre Congresos. Entre outras competencias, a Xunta Directiva é o órgano competente para:
- impulsar o cumprimento dos programas, acordos e directrices emanadas dos Congresos do Partido e controlar a xestión do seu correspondente Comité Executivo,
- recibir e debater informes e proxectos sobre a organización, estratexia e programas do Partido e formular aos Órganos superiores do mesmo cantas preguntas estimaren convenientes,
- velar polo cumprimento dos Estatutos e demais preceptos que constitúen o ordenamento interno do Partido
- aprobar a normativa regulamentaria propia da súa organización territorial respectiva.
- e convocar os Congresos do Partido.
Ver Xunta Directiva
Comité Executivo
O Comité Executivo provincial é o órgano de Goberno e administración do partido na provincia. Entre as súas competencias están:
- ordenar, coordinar e controlar todas as actividades do Partido e adoptar as medidas necesarias para o cumprimento dos acordos e directrices emanados dos Congresos e Xuntas Directivas da súa organización territorial.
- elaborar e adoptar cuantos informes e propostas haxan de ser sometidas ao seu Congreso ou Xunta Directiva correspondente.
- definir a estratexia xeral do Partido e os seus pronunciamentos políticos e programáticos e establecer as liñas mestras da acción política dos diversos grupos institucionais, aprobar os seus Regulamentos e nomear e cesar aos Portavoces e cargos directivos daqueles,
- nomear Comisións que gobernen transitoriamente algunhas das organizacións territoriais dependentes delas, sempre que se aprecien graves circunstancias que así o aconsellen.
- recibir a dimisión das persoas que ostenten funcións nos Órganos de Goberno e prover a súa substitución,
- resolver os conflitos entre as diversas entidades territoriais da súa organización,
- instar a apertura de expediente disciplinario ante o Comité de Dereitos e Garantías,
- elaborar e aprobar o Orzamento ordinario e aqueloutros de natureza electoral ou extraordinaria, así como cantas ampliacións ou modificacións teñan relación con eles,
- elaborar os programas de acción preelectoral e electoral e delegar, se o estima oportuno, na Comisión creada ao efecto o exercicio das competencias de organización e execución da campaña electoral,
- decretar a baixa no Partido daqueles afiliados incursos nalgún dos supostos tipificados no artigo 9 dos Estatutos do partido, conforme ao réxime de competencias establecido no apartado 2 do devandito artigo,
- elixir de entre os seus membros a quen teña que dirixir o Partido no caso de dimisión ou falecemento do Presidente, elevando dita proposta á súa Xunta Directiva correspondente.
Ver Comité Executivo
Comité de Dirección
Baixo a dirección do presidente, o Comité de Dirección é o órgano encargado da xestión e coordinación das tarefas ordinarias do partido.
Ver Comité de Dirección