Parlamento de Galicia -
Alberto Núñez Feijoo Naceu en Ourense en 1961. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1985 ingresou por oposición na Administración autonómica de Galicia como membro do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta. En xullo do 1991 foi nomeado secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandeiría e Montes. Desde 1992 a 1996 foi vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde. En 1996 foi nomeado secretario xeral de Asistencia Sanitaria no Ministerio de Sanidad y Consumo, cargo que ocupou ata 2000. En 2000 accedeu ao cargo de director do Instituto Nacional de Salud, Insalud. Entre maio do 2000 e xuño do 2001 exerceu de conselleiro-director xeral da entidade pública empresarial Correos e Telégrafos e desde xuño do 2001 ata xaneiro do 2003 foi presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A. Foi nomeado conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 18 de xaneiro de 2003 e vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia o 10 de setembro do 2004, cargos que desempeñou ata 2005. Foi elixido presidente do PPdeG en xaneiro de 2006, no XIII Congreso Rexional do Partido. Na actualidade é presidente da Xunta de Galicia, cargo do que tomou posesión o 18 de abril de 2009. Deputado (Presidente da Xunta de Galicia) Alberto Núñez Feijoo Nacido en Ourense en 1961, é presidente da Xunta de Galicia e presidente do PP de Galicia. -
Pilar Rojo Noguera Nacida en 1960. Licenciada en arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, nas especialidades de Edificación e Urbanismo. Diploma de Directivo da Xunta de Galicia e de Alta Dirección do Instituto Nacional de Administración Pública. Funcionaria do Corpo de Arquitectos da Facenda Pública, exerceu de arquitecta-xefa e inspectora-xefa da Área urbana do Catastro na Delegación Provincial de Economía e Facenda en Pontevedra entre os anos 1990 e 1996. En 1996 foi nomeada delegada provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia en Pontevedra, cargo que desempeñou ata 2001. Desde 2003 ata 2005 foi conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. En 2001 foi elixida deputada autonómica pola provincia de Pontevedra, revalidando a súa acta de deputada nos comicios de 2005 e de 2009. En 2009 foi nomeada presidenta do Parlamento de Galicia, cargo que desempeña na actualidade. Deputado (Presidenta do Parlamento) Pilar Rojo Noguera Nacida en 1960 é presidenta do Parlamento autonómico e responsable de Relacións Institucionais do PP provincial. -
Jesús Goldar Güimil Naceu o 6 de outubro de 1972 Estudou Dereito na UNED e na Facultade de Dereito de A Coruña. É administrador entidade mercantil “Goldar-Güimil, SL” dedicada ao asesoramento administrativo e inmobiliario dende 2003. Socio fundador da Asesoría integral administrativa ”Goldar-Güimil, S.L.L." especializada en asuntos notariais, rexistrais e inmobiliarios dende 2000. Entre 1992 e 1995 foi responsable do Departamento de Extranxeiría e Materias Auxiliares na empresa Clavo Congelados. Foi correspondente de El Correo Gallego en Caldas de Reis dende 1989 ata 1994. Na actualidade é voceiro do grupo municipal popular en Caldas de Reis e Deputado no Parlamento autonómico. Deputado Jesús Goldar Güimil Nacido en 1972 en Caldas de Reis, é deputado autonómico e voceiro do Grupo Municipal Popular en Caldas de Reis. -
Alejandro Gómez Alonso Naceu o 24 de decembro de 1973 en Forcarei (Pontevedra) Estudos de Dereito Foi presidente de Novas Xeracións de Galicia entre os anos 1998 e 2003. Secretario da área de Organización do PPdeG ata o 2006. Foi Concelleiro e voceiro do grupo municipal do concello de Forcarei durante 8 anos. Deputado na VI Lexislatura, sendo vocal na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos. Na VII lexislatura foi voceiro de Obras Públicas do Grupo Parlamentario Popular e membro da Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da Comisión de Industria e da Comisión do Regulamento. Deputado Alejandro Gómez Alonso Nacido en Forcarei en 1973, é deputado autonómico e responsable da área de Participación no Comité Executivo do PP provincial. -
Fátima Iglesias Ferreira Naceu o 22 de Agosto de 1971. Licenciada en Pedagoxía, na especialidade de Intervención socioeducativa, pola Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación pola USC. Master de Axente de Emprego: Planificación, Financiación e Xestión de Proxectos. Na universidade de Vigo. Exerceu a súa labor profesional como Orientadora Laboral do Servicio Público de Emprego, como coordinadora e docente de Cursos FIP; como Técnico de Emprego do Sevicio Galego de Colocación, como educadora Familiar no Concello de A Guarda e como monitora. A nivel político, entra a formar parte das listas do PP ao concello de A Guarda como número dous nas eleccións municipais de 2007, sendo elixida concelleira, posto que desenvolve na actualidade. Voceira do Grupo Municipal Popular de A Guarda. Presidenta da xestora do PP de A Guarda desde 2008. Deputada Fátima Iglesias Ferreira Nacida na Guarda en 1971 é voceira do PP no Concello de A Guarda e presidenta local do partido. -
Lorena López Rodríguez Nacida o 15 de agosto de 1977 en Vigo. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (2000). Técnica de Administración Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo. Funcionaria de carreira. Postgrado en Xestión de Promocións Inmobiliarias pola Universidade de Santiago de Compostela (2007). Técnica Superior en Urbanismo pola Escola Galega de Administración Pública (2008). Máster en Dereito de Urbanismo e Medio Ambiente. Foi concelleira do Concello de Redondela dende 2007 ata 2011. Membro do Comité Executivo Provincial e rexional. É deputada no Parlamento Galego desde mediados de 2011. Ddeputada Lorena López Rodríguez Nacida en Vigo en 1977, é deputada no Parlamento Galego. -
Jacobo Moreira Ferro Nacido en Santiago de Compostela en 1973. Licenciado en Dereito, Avogado de profesión. Secretario Xeral da Xunta Local de Pontevedra. Concelleiro polo PP no Concello de Pontevedra desde maio 2007, onde ocupa o cargo de Viceportavoz do Grupo Municipal do PP. Nas eleccións xerais 2008 concorre como Suplente nº 1 na candidatura por Pontevedra ao Congreso dos Deputados e a mediados de 2011 entra a formar parte da Cámara galega como deputado por Pontevedra. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia concorre como nº 16 da candidatura por Pontevedra. Membro da Xunta Local Provincial de Pontevedra. Membro do Comité Executivo Provincial de Pontevedra. Membro do Comité de Dirección Provincial de Pontevedra. Membro do Comité dás Cidades do PP de Galicia. Deputado Jacobo Moreira Ferro Nacido en Santiago en 1973, é viceportavoz do PP no concello de Pontevedra e deputado autonómico. Membro do Comité de Dirección do PP provincial. -
Rosa Oubiña Solla Nacida en Cambados o 25 de xullo de 1961, cursou estudos de Dereito na UNED e tamén de Capacitación Agraria. É deputada autonómica desde febreiro de 2008 e foi tenente de alcalde e concelleira-delegada de Cultura, Muller e Servizos Sociais no concello de Cambados. Coordinadora de Política Autonómica no PP provincial. Mais alá da política, desenvolveu o seu labor profesional como comercial de produtos fitosanitarios. Deputada Rosa Oubiña Solla Nacida en Cambados o 25 de xullo de 1961, é deputada autonómica e coordinadora de política autonómica no PP provincial -
Marta Rodríguez Arias Nacida en 1973 en Vilagarcía de Arousa. Diplomada en Relacións Laborais pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi asesora da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dende 2001 a 2005. En 1988 foi elixida concelleira en Vilagarcía de Arousa. Presidenta Provincial de Novas Xeracións de Pontevedra. Secretaria Local do PP de Vilagarcía de Arousa. Deputada autonómica. Deputada Marta Rodríguez Arias Nacida en 1973 en Vilagarcía de Arousa, é deputada autonómica, concelleira en Vilagarcía de Arousa e secretaria executiva de formación no PP provincial. -
Román Rodríguez González Naceu en Lalín o 16 de novembro de 1968. Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela, dende o ano 2001, na Área de Análise Xeográfica Rexional. Licenciado en Xeografía e Historia (Xeografía Aplicada), pola Universidade de Santiago en xuño de 1991, con Premio Extraordinario. Licenciado con grao pola Universidade de Santiago. Master en Desenvolvemento Local, outorgado polo IDEGA (Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia) da Universidade de Santiago, 1993 Doutor en Xeografía, dentro do programa “Análise territorial e organización do espacio en Galicia”. Exerce a docencia na Universidade de Santiago de Compostela desde 1996. En 1999 incorporase á política activa como membro da lista de Xosé Crespo á alcaldía de Lalín, sendo elixido concelleiro. Como concelleiro encargouse das áreas de Cultura, Educación, Medio Ambiente, Desenvolvemento Local e Urbanismo. Nos últimos dous mandatos é voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular. Secretario xeral do PP de Lalín. En 2009 foi elixido deputado autonómico e actualmente é voceiro do Grupo Parlamentario Popular nos eidos de Educación, Urbanismo e Ordenación do Territorio. Forma parte do Consello Rector da Escola Galega de Administración Pública, preside a Comisión de Planificación e Infraestruturas do Eixo Atlántico e, e é presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural “Terras de Deza”. Deputado Román Rodríguez González Nacido en Lalín en 1968, é deputado autonómico e concelleiro e voceiro do Grupo Popular no concello de Lalín. -
Marta Valcárcel Gómez Nacida en Outubro de 1980. É licenciada en Ciencias Económicas, na rama de Economía Internacional pola Universidade de Vigo. En 2007, entrou a formar parte das listas do PP ás eleccións municipais no concello de Salvaterra de Miño, sendo elixida concelleira. Desde ese ano, exerce como primeira Tenente de alcalde do Concello de Salvaterra e concelleira de Servicios Sociais, Cultura, Educación, Muller, Xuventude e Medio Ambiente. En 2009 resultou elixida deputada autonómica pola provincia de Pontevedra, tras presentarse aos comicios como nº 10 do PP por esta provincia. Deputada Marta Valcárcel Gómez Nacida en 1980, é deputada autonómica, concelleira en Salvaterra e responsable de Xuventude no PP provincial. |