Presidente

Benvidos á nosa sede virtual

O presidente Rafael Louzán

Benvidos á nosa web, a sede virtual do PP provincial de Pontevedra.

Unha web que quere ser tamén a túa. Con ela queremos non só presentarche a esencia e o traballo do PP provincial e das súas agrupacións locais, senón, sobre todo, ser unha porta aberta para ti e para todos os cidadáns.

O PP quere estar sempre a pé de rúa, escoitando o que todos e cada un dos cidadáns da provincia queredes dicirnos, presentándovos as nosas ideas, proxectos e propostas, pero tamén, e sobre todo, recollendo as vosas demandas e suxestións.

Como presidente provincial deste partido estou convencido de que a mellor maneira de mellorar o país é estar permanentemente en contacto cos cidadáns. Ese contacto, a día de hoxe, establécese tamén a través da rede.

As novas tecnoloxías ofrécennos unha ferramenta de comunicación que non queremos rexeitar, porque é unha porta aberta ao mundo, unha porta desde a que calquera de vós, desde calquera parte do mundo, a calquera día do ano e a calquera hora do día pode contactar con nós.

Todo o equipo do PP provincial quere estar á túa disposición, e eu especialmente. Por iso, a través desta páxina poderás facerme chegar as túas consultas e suxestións.

Porque no PP todos contamos e todos somos importantes.

Unha aperta

      

Axenda