Os nosos representantes nas institucións

Concellos

As eleccións municipais do 22 de maio de 2011 permitiron ao PP incrementar notablemente a súa representación nos concellos da provincia, pasando dos 425 concelleiros acadados en 2007 aos 476 da actualidade.

Ademais, o Partido Popular, que obtivo representación nos 62 concellos da provincia, foi a forza maioritaria en 52 municipios e puido formar goberno en 47.

Así as cousas, o PP goberna na actualidade en 36 concellos con maioría absoluta e noutros 11 con pactos de goberno ou con maioría simple.

A máxima representación do PP nos concellos da provincia corresponde aos rexedores municipais nos concellos nos que gobernamos e os voceiros do Grupo Popular naqueles onde estamos na oposición.


Ver concellos
.

Deputación Provincial

Como forza máis votada da provincia, o PP gañouse a Presidencia da Deputación, na que conta cun total de 17 deputados, dos 27 que compoñen a corporación provincial.

Ver representantes en Deputación Provincial
.

Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia é o máximo órgano de representación do pobo galego e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma da que derivan todas as outras.

Dos 22 deputados autonómicos que se elixen na provincia de Pontevedra para a constitución deste órgano, o PP obtivo 11 nos últimos comicios, celebrados o 1 de marzo de 2009.

Ver representantes en Parlamento de Galicia
.

Congreso dos Deputados

O Congreso dos Deputados é, xunto co Senado, unha das cámaras que compoñen as Cortes Xerais do Estado, que representan ao pobo español e exercen a potestade lexislativa do Estado, aproban os seus orzamentos e controlan a acción do Goberno.

O Congreso componse dun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados elixidos por sufraxio universal, libre, igual directo e secreto. Na provincia de Pontevedra, o PP obtivo tres deputados.

Ver representantes en Congreso dos Deputados
.

Senado

O Senado é a Cámara de representación territorial das Cortes Xerais e o PP provincial ten 2 representantes nesta cámara.

Ver representantes en Senado
.

Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo ou Eurocámara é a institución que representa directamente aos cidadáns da Unión Europea. As eleccións ao Parlamento Europeo celébranse cada 5 anos. Os últimos comicios tiveron lugar en xuño de 2009.

Ver representantes en Parlamento Europeo
.

      

Axenda