PP de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda destaca a o “compromiso con Caldas” da candidatura de Fernando Pérez, que presenta “o mellor proxecto de goberno”

    • O presidente provincial e a número un da lista ao Congreso, Ana Pastor, lembran que o PP sae a gañar as eleccións do 28 de abril e as do 26 de maio cun equipo que ofrece a máxima garantía.
    • O candidato á Alcaldía presenta a lista de 23 persoas coa que concurrirá aos comicios locais.

     

    Caldas de Reis, 17 de abril de 2019.- O presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, destacou hoxe o “compromiso con Caldas” da candidatura de Fernando Pérez, que presenta “o mellor proxecto” para convertirse no próximo alcalde tras as eleccións do 26 de maio.

    Nun mitin celebrado no Auditorio da localidade, Rueda puxo en valor a proposta de Fernando Pérez e do seu equipo “renovado”, do que destacou as gañas e ilusión por mellorar a vida dos veciños e por darlle un impulso a Caldas fronte ao actual goberno que está “agotado”.

    Para gañar as eleccións municipais o primeiro paso e gañar as eleccións xerais do 28 de abril, analizou o presidente provincial, que chamou a concentrar o voto no Partido Popular como única alternativa a Pedro Sánchez. “Os nosos candidatos ao Congreso e ao Senado son a mellor garantía para a defensa da provincia en Madrid” dixo. Un equipo que combina a experiencia coa aposta pola xuventude e que prioriza a representación territorial.

    Pola súa banda, a número un dos populares de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, puxo en primiero plano a necesidade de crear emprego e oportunidades, incidindo en que o PP “é un valor seguro”. Nesta mesma liña, incidiu en “este é un partido que ten experiencia, que ten folla de servizos e no que se pode confiar”.

    Finalmene, o candidato á Alcaldía de Caldas, Fernando Pérez, prometeu “todo o traballo e o esforzo que sexa necesario para dotar ao municipio dos proxectos que precisa”, recalcando o seu compromiso coa localidade e a “total vontade de colaboración” coas distintas administracións.

    Fernando Pérez presentou ás 23 persoas da lista que él mesmo encabeza e na que estará acompañado por Sara Martínez Salgado (2); Carmelo Goldar Guimil (3); José Acha Rodríguez (4); Carolina del Carmen Martínez Silva (5); Juan Manuel García Loureiro (6); Manuel Touceda Rey (7); Serafín Bello Magariños (8); Natalia Doval Vales (9); Noelia Pardal Brea (10); Noelia García Fariña (11); ANA Isabel Martínez González (12); José Ramón Fariña Brey (13); Joquín Rivas Ríos (14); Ángel Ferreiro Castro (15); Carmen María Rodríguez Fresco (16); Juan Jesús Barreira Camiña (17); Encarna Martínez Jamardo (18); Manuel Bacariza Bustelo (19); María Jesús Caldas Piñeiro (20); Nieves Cascallar Janza (21); Juan Carlos Miguéns Ortigueira (22); Manuel Rajoy Iglesias (23).

    José Francisco Alonso Gómez encabeza a candidatura da entidade local menor de Arcos da Condesa. Alicia Iglesias Feijoo é a número dous.

Add comment


Security code
Refresh