PP de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda: “Martín Vázquez Chantrero é a persoa axeitada para dar a Ribadumia o impulso que necesita”

    • O presidente provincial e a número un da lista ao Congreso, Ana Pastor, destacan ao PP como o partido do emprego e das oportunidades e confían en gañar o 28 de abril e o 26 de maio.
    • O candidato á Alcaldía presenta a lista de 23 persoas coa que concurrirá aos comicios locais.

     

    Ribadumia, 17 de abril de 2019.-  O presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, destacou hoxe a Martín Vázquez Chantrero como “a persoa axeitada” para encabezar o próximo goberno municipal de Ribadumia, da man dun equipo renovado que chega con gañas e ilusión para levar a cabo os proxectos que necesita este concello.

    Nun mitin celebrado no Centro Sociocultural de Barrantes, Rueda calificou ao candidato dos populares como unha persoa “moderada, dialogante e integradora”, que sabe o que ten que facer para dar un novo impulso a Ribadumia tras catro anos “perdidos”. Deste xeito confiou en obter un magnífico resultado o 26 de maio chamando como primeiro paso a gañar ás eleccións xerais do 28 de abril. “O que salga das urnas ese día tamén vai ter moita incidencia nos concellos galegos”, dixo.

    Deste xeito, chamou a concentrar o voto no PP como única alternativa a Pedro Sánchez, definindo aos candidatos populares a Congreso e Senado como “a mellor garantía para a defensa da provincia en Madrid”. Un equipo que combina experiencia e aposta pola xuventude e que prioriza a representación territorial.

    Pola súa banda, a número un dos populares de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, puxo en primeiro plano a necesidade de crear emprego e oportunidades, incidindo en que o PP “é un valor seguro”. “Este é un partido que ten experiencia, que ten folla de servizos e no que se pode confiar”, afirmou.

    Por último, o candidato á Alcaldía de Ribadumia, Martín Vázquez Chantrero, destacou a profunda renovación da súa lista, que terá como obxetivo prioritario “rematar co actual desgoberno que marca a acción do Concello e con catro anos perdidos”. Con respecto ao seu programa insistiu en priorizar o saneamento ou dotar de luz ao cen por cen do rural. “As parroquias deben der os mesmos servizos cas zonas urbanas”, dixo.

    Vázquez Chantrero aproveitou a cita para presentar ás 23 persoas que conforman a lista que él encabeza e na que estará acompañado por Vicente Ramón Serantes Escudeiro (2); Ana María Oubiña Martínez (3); María Dolores Esperón Feijoo (4); Antonio Bermúdez Varela (5); Ramiro Lorenzo Valbuena (6); Claudia María Gómez Reyes (7); Pablo Torres Bemposta (8); Sonia Abal Gómez (9); Martín Otero Abal (10); José Manuel Sotelo Fontenla (11); Cristina Cancelo Pardo (12); María Rocío Rodríguez Cordal (13); Peregrina Reguera Abal (14); José Antonio Castro González (15); Manuel Mosteiro Cancelo (16); María Asunción Álvarez Vázquez (17); Lucas Torres Barreiro (18); María Carmen Piñeiro Borragueiros (19); Estefanía Penín Arosa (20); Alfonso Martínez Chantrero (21); Ramiro Vázquez Abuín (22); Salomé Peña Muñiz (23).

Add comment


Security code
Refresh