PP de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda considera que os problemas da biblioteca son de mantementoe urxe a sua reparación

     O Partido Popular exixe a actuación de técnicos para evaluar o resto de placas e que se arranxe de forma inmediata a zona afectada

    • O PP de Silleda considera que o Alcalde desatende o mantemento de instalacións municipais.
    • Ó único que lle interesa ó Alcalde son as grandes obras, o porque e os seus intereses, sólo él o sabe.
    • Debe facerse unha avaliación integral das condición de seguridade da biblioteca e proceder de inmediato a súa reparación, non “o antes posible” como di o Alcalde.

     

    Silleda, 20 de xuño de 2017.- Dende o PP de Silleda consideran que o desprendemento de parte do teito debese máis a falta de mantemento e conservación que as elevadas a temperaturas. Boa mostra de que as explicacións do Alcalde non son correctas, e que a pesar de que as altas temperaturas continúan, o resto da biblioteca segue aberta, “Queremos pensar que dende o Concello non se comete a irresponsabilidade de manter aberta unha instalación municipal se existe risco de desprendemento” e consideran que “Se dende o Concello entenden que o desprendemento se debe as altas temperaturas, o que deberían e pechar por precaución o toda a instalación os días de temperaturas elevadas, porque o risco de desprendemento do resto de placas sigue ahí.”

    A falta de mantemento e o deterioro vese a simple vista, así nunha das placas contiguas a que se desprendeu poden observarse grietas polo que denden o Partido Popular urxen ó goberno municipal a que leve a cabo unha avaliación de maneira urxente por un técnico competente para ver o estado do resto das placas antes de reabrir a biblioteca, “Non e de recibo que o Alcalde diga que o fara o antes posible, se había cartos para referéndums, con máis razón os ten que haber para garantir a seguridade e o bo estado da biblioteca municipal, aínda que a él a biblioteca non lle interese o máis mínimo.”

    Dende o grupo municipal do PP salientan que esto non e algo novo, o deterioro da biblioteca municipal e máis que evidente dende fai tempo, e son visibles os efectos das humidades e filtracións que ven sufrindo a instalación así como o desprendemento de pezas de madeira frente a pasividade do goberno municipal, que prefire gastar os cartos en cousas que non lle interesan ós veciños, antes que arranxar instalacións municipais que si lle interesan a todos como e o caso da biblioteca.”Non se pode manter unha instalación como a biblioteca municipal no estado no que esta, con cinta celo pegando os tapaxuntas do chao, co risco que esto supón de que alguén tropece e caia, cando o coste de reparación e mínimo, pero parece que ó Alcalde ó único que lle importa son as grandes obras, as razón dos seus interese sólo él as sabe”. 

Add comment


Security code
Refresh