PP de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP DE SALCEDA DENUNCIA SUPOSTAS IRREGULARIDADES NAS CONTAS DA FESTA DOS CALLOS 2016

    • O Goberno municipal non ingresou nas arcas do Concello os cartos recaudados pola venda de entradas da actuación do pregoeiro “O Show de Isi”

      

    Martes, 20 de xuño de 2017. O Partido Popular de Salceda de Caselas, na súa función de control e fiscalización ao Goberno Municipal (Movemento Salceda), vén de descubrir, en palabras do seu voceiro Santiago Rodriguez Davila, “unha presunta irregularidade na contabilidade do Concello correspondente ao exercicio de 2016; irregularidade que se detectou pola ausencia do ingreso nas arcas do Concello do importe das entradas cobradas ós/ás veciños/as para asistir á actuación “O Show de ISI”, o pasado 3 de setembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Salceda”.

    Os populares recordan que a actuación foi seguida por un amplo número de persoas na noite previa á Festa dos Callos, dada a expectación suscitada polo humorista, célebre protagonista dun programa da Televisión de Galicia.

    “Non damos crédito ao acontecido e non hai excusa posible posto que, tal e como sucede noutras actuacións organizadas polo Concello nas que se cobraba a entrada, debería existir un apunte contable no Libro Maior de ingresos coa cantidade obtida na venda destas, mais este ingreso non consta en ningunha parte”, sinalan dende o PP.

    Davila engade que “exemplo disto é a actuación no ano 2015 da pregoeira Isabel Risco co espectáculo “Naviza Girl”. Pódese comprobar que na contabilidade do Concello dese ano si existe o ingreso correspondente á recaudación das entradas. Se se fixo así en 2015, porqué non en 2016? A contabilidade do ano 2016 está pechada e aprobada e o ingreso non aparece por ningures”. 

    Para finalizar, o Partido Popular pregúntase ónde están os cartos do público asistente ao que se lle cobrou a entrada: “Esiximos ao alcalde, Marcos Besada, que asuma a responsabilidade, comenzando pola aclaración do destino dos cartos, ademais das explicacións e actuacións pertinentes, xa que estariamos fronte a un suposto caso claro de apropiación indebida de fondos públicos”. 

Add comment


Security code
Refresh