PP de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda considera que o Alcalde enganou ós silledenses

     O Partido Popular exixe a Manuel Cuíña que aclare si existía proxecto antes do referendum

    • Tralo desprendemento do teito da biblioteca municipal afirmou que había un proxecto.
    • O Alcalde ocultou o proxecto para non decirlle ós veciños o custo aproximado que suporía o cambio de Concello.
    • Manuel Cuíña antepuso os seus intereses ós dos veciños negándolle información que xa tiña.

     

    Silleda, 21 de xuño de 2017.- Dende o PP de Silleda consideran que das declaracións do Alcalde tralo desprendemento do teito da biblioteca municipal, Manuel Cuíña deixa entrever que antes da celebración do referéndum o grupo de goberno xa tiña un proxecto para o cambio de Concello, xa que él mismo dí que sobre esta instalación estaba proxectada unha actuación que supora o reforzo da estructura actual e a ampliación cunha nova planta.

    Dende o Partido Popular de Silleda manifestan que sería gravísimo que o Alcalde tuvese un proxecto e non lle quixera decir os veciños o coste aproximado do mesmo antes de celebrar o referéndum, e apuntan que “O Alcalde terá que aclarar si xa fixo un proxecto trala celebración do referéndum, ou si o proxecto do que fala e anterior a celebración do mesmo, por que de ser así debería aclarar canto costou facer ese proxecto e porque llo ocultou os silledenses.”

    O Partido Popular xa apuntou no seu día a existencia dun proxecto para o cambio de Concello co que se podería facer unha estimación do coste aproximado que suporía o traslado con anteriodade a celebraicón da consulta, sin embargo Manuel Cuíña prefireu dar a calada por resposta e negalo para ocultarlle ós veciños os custes que suporía o cambio.”O Alcalde fixo unha consulta para servir os seus propios intereses, sen importarlle o máis mínimo os intereses dos veciños, e as consecuencias que eso poda ter.”

    Dende o Partido Popular consideran que “E unha máis das trampas que o  Alcalde, Manuel Cuíña,  lle fixo os silledenses durante a consulta celebrada. É lamentable que o Alcalde teña que recurrir a mentira e a ocultación de información a tódolos silledenses, para intentar gañar unha consulta que finalmente resultou fallida pola baixa participación. Por desgraza esta e a forma habitual de actuar do noso Alcalde.”

Add comment


Security code
Refresh