PP de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP de Cambados insiste na falta de transparencia do Goberno Cuatripartito

    • Nas últimas semanas impediron que accedan aos expedientes do parque biosaudable do Adro, da adxudicación das Food Trucks ou da licencia de obra de un familiar directo da alcaldesa.
    • “Esta práctica non é nova para eles, pero non por esa razón deixa de ser preocupante o nivel de escurantismo dos membros do Cuatripartito”. 

     

    Cambados, 20 de xuño de 2017.- O Partido Popular de Cambados volve a insistir na falta de transparencia do Goberno Cuatripartito, que impide o acceso aos populares a documentación e expedientes municipais. O voceiro Luis Aragunde sinala que “esta práctica non é nova para eles, estamos cansos de padecela durante os dous anos de mandato que levan, pero non por esa razón deixa de ser preocupante o nivel de escurantismo dos membros do Cuatripartito”.  

    O PP atopouse no último mes con tres rexeitamentos. O último, o expediente da contratación do parque biosaudable do Adro, en Castrelo. Segundo apunta Aragunde, “inexplicablemente esta obra leva paralizada varias semanas. Comezaron os traballos, os concelleiros do PP foron a sacar unhas fotos da actuación e, xusto un día despois, as obras se paralizan sen ningún tipo de xustificación”.  Di que por esta razón pediron acceso ao expediente, hai xa un mes, e desde o Goberno local aínda non responderon. “Que ocultan nese expediente? Porque si todo está ben, non entendemos esa obsesión por esconder a información e esa falta de transparencia”, engade.

    O voceiro popular sinala que hai outro caso no que está acontecendo o mesmo. “Queremos acceder ao expediente das adxudicacións das Food Trucks (furgonetas gastronómicas), que se están adxudicando directamente sen procedemento aberto, pero tampouco nos entregan a documentación”. Recorda que co Goberno do PP  en Cambados sempre saía a concurso a concesión da carpa gastronómica na Festa do Albariño, “e queremos saber por que razón agora non se saca a concurso”.

    Ademais, lembra que solicitaron documentación sobre a licencia de obra a un familiar directo da alcaldesa, “ata en tres ocasións pedimos copia do expediente, e se nos entregou incompleto e a día de hoxe estamos esperando por documentación.

    Por último, critica que “este é o xeito de gobernar do Cuatripartito, que lonxe de mostrar claridade e transparencia na xestión do concello, actúa ocultando información, non contestando nin facilitando a documentación á oposición”.

Add comment


Security code
Refresh