O PP PROPONSE COMPRAR, SE CHEGA Á ALCALDÍA, A PARCELA DO APARCADOIRO DA DEVESA PARA CREAR OUTRA GRAN PRAZA E RESOLVER O PROBLEMA DE TRÁFICO DA ZONA

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP PROPONSE COMPRAR, SE CHEGA Á ALCALDÍA, A PARCELA DO APARCADOIRO DA DEVESA PARA CREAR OUTRA GRAN PRAZA E RESOLVER O PROBLEMA DE TRÁFICO DA ZONA

    • Confluirán as rúas Vigo, Ador e Joaquín Fernández Sestelo, creando así unha única e gran praza unida o edificio de Servizos Sociais de A Devesa moito máis “segura” e “funcional” 
    • Esta ampliación permitirá a creación dun parque infantil e biosaludable, para goce das familias e maiores
    • Eliminará o tráfico por diante do edificio de Servizos Sociais de A Devesa.

     

    10 de abril de 2019. O PP de Salceda de Caselas construirá unha “ampla” e “funcional” praza, contando coa parcela do actual aparcadoiro da zona de A Devesa na que confluirán tres arterias importantes do municipio, as rúas Vigo, Ador (onde se sitúa a gardería A Galiña Azul), e Joaquín Fernández Sestelo de acceso o pobo. Para levar a cabo este proxecto co que se busca “acabar cos problemas de tráfico da zona” e “gañar en espazo e benestar para os veciños” sería necesaria a compra da parcela que destinada agora a aparcadoiro, algo que o candidato á Alcaldía de Salceda, Santiago Rodríguez Davila, proponse lograr se consegue gobernar o Concello tras as eleccións do próximo 26 de maio.

    Para o PP, esta nova estruturación da zona de A Devesa é a máis “lóxica” porque daría “funcionalidade” viaria e permitiría a construción dun parque infantil e biosaludable para goce dos veciños completamente pechado o tráfico para “seguridade” das familias e dos maiores, permitindo así poder ser utilizado para a organización de actividades deportivas, lúdicas o de carácter social dada a súa localización “pegado o edificio municipal de A Devesa en pleno centro de Salceda”.

    Todo iso, mantendo ata dez prazas de aparcadoiro para dar servizo o mencionado edificio de A Devesa e o dobre sentido de circulación da rúa Joaquín Fernández Sestelo como entrada e saída de Salceda desde e para O Porriño. Haberá unha área de carga e descarga para servizo dos comercios da zona e soterraranse os contedores de lixo. Rodríguez Davila está convencido de que “esta é unha mellor

    solución” para a zona da Devesa e por este motivo comprométese “durante os primeiros meses de goberno a iniciar as negociacións co propietario da parcela”. “As obras hai que pensalas ben e expolas con proxección de futuro para non ter que gastar varias veces no mesmo, é dicir, para non ter que tirar o diñeiro, e aínda que custe un pouco máis de tempo executalas é preferible facelo ben. Por iso, non entendemos por qué o Alcalde, Marcos Besada, ten tanta présa en levantar Salceda antes das eleccións, sen pensar nas mellores solucións”, explica Davila.

    Por este motivo “animamos a Besada a reformularse o proxecto e o inicio inmediato das obras” e a “pospoñelas ata despois das eleccións”. “As présas non son boas e non todo vale para pretender rabuñar uns votos cando durante doce anos non se preocupou por resolver os problemas graves da zona”, aconsella Rodríguez Davila e lembra que “grazas a que nos anos 80 compráronse as vivendas situadas ao pé do actual Concello, hoxe podemos gozar da gran praza principal de Salceda, pola contra a día de hoxe o noso pobo non tería esta área de esparexemento da que gozan todos os veciños”.

Add comment


Security code
Refresh